viernes, 27 de diciembre de 2013

Actividades de Nadal

Estas son algunhas das actividades que fixemos para ó Nadal.... Non están todas e tampouco fixen moitas fotos, por íso algúnhas non están rematadas no vídeo..... Estas últimas semanas do trimestre estivemos moi ocupados, cine, contacontos, grabación da mensaxe.....e avaliacións, carpetas, notas, .....sen dúbida necesitábamos vacacións,!!!! Aínda así, aquí tedes a derradeira montaxe do ano.... Esperamos que despidades ben o 2013, e entredes con bó pe no 2014 para que se cumplan todos os vosos SOÑOS..... Un biquiño grande,!!!


martes, 24 de diciembre de 2013

Días de cine.... O PEQUENO MAGO

E como colofón ó trimestre....todo o cole foi o cine!!! A peli: O pequeno mago, unha producción do tudense Roque Cameselle, baseada na historia de Dubidoso, un neno que vive en Tui na Idade Media e que cós seus trucos de maxia salva ó pobo duns piratas.... Dende aquí queremos agradecer a presencia do director da peli no cole, que nos fixo un oco na súa apretada axenda para explicarnos todo sobre a peli....
Aquí vos deixo o trailer da peli e as fotos da experiencia:



viernes, 20 de diciembre de 2013

CUMPLE DE MARTINA

Aínda que o seu cumple é o día 24 de DECEMBRO, hoxe o FESTEXAMOS no cole... Ahí vai o noso agasallo compi.... PARABÉNS MARTINA,!!


jueves, 19 de diciembre de 2013

Mensaxe de Nadal.....



Este é o noso pequeño agasallo de Nadal.... o fixemos con moito agarimo.... Esperamos que vos guste!!!!! Felices Festas!!!!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

CONTACONTOS

Hoxe disfrutamos cun CONTACONTOS estupendo..... Paulo e Almudena deleitarónnos coa súa actuación....o pasamos moi ben porque eles fóron moi divertidos, cantamos, bailamos, e escoitamos CONTOS como o de un neno que se chama Lucas e tiña moitas ganas de facer pis a noite que viñeron os Reis Magos, tamén inventarónse unha historia con palabras que nós lles dixemos,  unha delas era Chisco, o noso ratiño da biblioteca, así que agora xa sabemos moitas cousas do noso amiguiño.... Gracias amigos por estes intres e gracias ANPA por este agasallo tan especial!!!!



viernes, 6 de diciembre de 2013

XA CHEGA O NADAL !!!!

Xa queda nadiña para rematar o trimestre e disfrutar das festas.... Este ano no cole queremos dar a benvida ó Nadal dun xeito moi especial...Na entrada xa está colocada a árbore, unha árbore cuns adornos un tanto peculiares.... Son fotos de todos e todas os mestres cando éramos nenos/as.... Animádevos a participar no concurso de adiviñar quen es quen.... Só tedes que coller unha papeleta na Caixa que está a carón da árbore e recheala ( número da foto e nome do mestre/a ).... Os nenos/as xa están facendo a súas apostas,!!!! No blogue tamén podedes poñer os vosos comentarios!!!... Este Nadal XOGAMOS a adiviñar......


jueves, 5 de diciembre de 2013

RETRATOS

Estes son uns retratos que fixemos no comezo do trimestre e aínda non vos ensinamos.... A qué quedamos moi guapos/as???


lunes, 2 de diciembre de 2013

ARTE E CREATIVIDADE


NO TALLER DE ARTE EXPERIMENTAREMOS Ó LONGO DO CURSO COAS DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS... NESTA OCASIÓN UTILIZAMOS TÉMPERAS DE CORES DE OUTONO E CORCHOS DE BOTELLA.... ÉNCANTANNOS ÉSTAS ACTIVIDADES NAS QUE DESENROLAMOS A CREATIVIDADE E FAMILIARIZÁMONOS CON MOITOS MATERIAIS.....

jueves, 28 de noviembre de 2013

Concurso DEBUXA O TEU COLE

Estamos a participar nun concurso dos Bolechas onde temos que debuxar o noso cole. Estes son os NOSOS debuxos.... Vedes que bonitos quedaron??? Encántame a creatividade e as cores que lles puxeron..... Sen dúbida para eles/as o cole está cheo de luz e cor.....

domingo, 24 de noviembre de 2013

O MELLOR DA SEMANA....


ESTA SEMANA FIXEMOS DOS COUSAS MOI INTERESANTES E IMPORTANTES PARA AS NOSAS APRENDIZAXES....O ANO PASADO TRABALLABAMOS EN GRAN GRUPO NA PIZARRA DIXITAL CANDO ÍAMOS A  AULA DE INFORMÁTICA, ESTE ANO O SEGUIREMOS FACENDO PERO TAMÉN TRABALLAREMOS NOS ORDENADORES INDIVIDUALMENTE POR ÍSO É IMPRECINDIBLE AFIANZARNOS NO MANEXO DO RATO PARA SER MAIS AUTÓNOMOS.... E O XOGO DA OCA, UN RECURSO BOÍSIMO PARA APRENDER A CONTAR, A ESPERAR O TURNO,  O USO DO DADO, AS NORMAS DO XOGO, VOCABULARIO,.... E O MAIS IMPORTANTE A SABER QUE AS VECES GAÑAMOS E AS VECES PERDEMOS E SE PERDEMOS NON PASA NADA...O IMPORTANTE E PASAR UN BO RATO E DIVERTIRSE COS COMPIS.....

Saída ó parque!!!!


O venres tíñamos prevista unha saída ó Alto do Coello.... Pero xurdiron imprevistos e o final decidimos non subir e quedar no estupendo parque que temos ó carón do cole,.... O pasamos moi ben e disfrutamos do estupendo día que facía.... 

jueves, 21 de noviembre de 2013

10.000 visitas no noso blogue!!!!!

En setembro do 2012 comezamos a nosa andaina nos Randufiños!!!!
Nun ano e un pouquiño mais xa temos mais de 10.000 visitas.....por iso queremos dar as GRACIAS a todos/as os que pasades por aquí.... Esperamos que todo sexa do voso agrado e interés....tamén pedimos disculpas polos erros que as veces cometemos.... E vos animamos a que vos fagades seguidores e comentedes as nosas publicacións,...



lunes, 18 de noviembre de 2013

COUSIÑAS do MAGOSTO....

Estas son algunhas das actividades que fixemos para o MAGOSTO..... Cun brick de leite fixemos a cestiña para botar as castañas e unha castañeira moi orixinal... Mirade cánto traballamos!!!!



IMOS Á BIBLIOTECA!!!!!

O XOVES PASADO ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE!!!!! COMO OS NENOS/AS MAIORES, LEVAMOS Ó CARNET E O MARCAANDEI E PUIDEMOS COLLER UN CONTO DE PRÉSTAMO PARA LEVALO A CASA NA FIN DE SEMANA....QUÉ BEN!!!!! AÍNDA QUE HAI TAAAANTOS CONTOS QUE NON SABEMOS CÁL ESCOLLER..... DESPOIS DE ELEXIR POÑEMOS O NOSO "MARCA CHISCO" NO LUGAR DO CONTO E ASÍ O VINDEIRO XOVES O COLOCAREMOS NO SEU SITIO......

miércoles, 13 de noviembre de 2013

TEATRO NUNCABUNGA E PARQUE DE CASTRELOS

O pasado luns estivemos no teatro en Vigo, a obra chamábase "NUNCABUNGA", e foi moi divertida, encantóunos,!!!!! Despois merendamos en CASTRELOS e disfrutamos no parque.... Aquí tedes algunhas das fotiños que fixemos....

 

domingo, 27 de octubre de 2013

MOTRICIDADE FINA E COORDINACION OCULO-MANUAL



O DESENROLO DA MOTRÍCIDADE FINA OU O TRABALLO REALIZADO COS DEDOS E MÁNS COORDINÁNDOSE CÓS OLLOS É PRIMORDIAL PARA A ADQUISICIÓN DE DESTREZAS E APRENDIZAXES MOITO MAIS COMPLEXAS COMO POR EXEMPLO A ESCRITURA.... NA CLASE TEMOS MOTOS MATERIALES E XOGOS PARA TRABALLAR NESTE SENTIDO.... AQUÍ PODEDES VER UN EXEMPLO DE AGUNHAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS XA SEN AXUDA ....EXPERIMENTANDO E BUSCANDO SOLUCIÓNS CREATIVAS.... NA LIGAZÓN DE ABAIXO PODEDES VERNOS EN PLENA ACCIÓN...

miércoles, 23 de octubre de 2013

CUMPLE DE ALDARA.


ONTE FESTEXAMOS NO COLE O CUMPLE DE ALDARA, XA TEN 4 ANOS!!! MERENDAMOS UNHA TARTA RIQUÍSIMA DE CHOCOLATE..... DÍXO QUE A FIXO O SEU PAPI E A SÚA AVOA... UMMMM SON MOI BOS PASTELEIROS!!!! O PASAMOS MOI BEN E ALDARA ESTABA MOI CONTENTA.... AGASALLOUNOS CON MOITAS CHUCHES,!! AÍNDA QUE NON SE DEIXABA FACER MOITAS FOTOS.....AHÍ VAÍ O NOSO AGASALLO DIXITAL AMIGA.... MOITAS FELICIDADES,!!!

domingo, 20 de octubre de 2013

OUTONO 2013



CHEGOU O TEMPO DE OUTONO E AÍNDA QUE PAREZA ABURRIDO, CHOVENDO E CHOVENDO TODO O RATO....NÓS, SABEMOS SACARLLE PARTIDO..... MIRADE CÁNTAS COUSAS FIXEMOS NESTES DÍAS TAN GRISES!!!!!

viernes, 11 de octubre de 2013

DESENVOLVEMENTO DO PENSAMENTO MATEMÁTICO

XA ESTAMOS INICIÁNDONOS NALGÚNS XOGOS MATEMÁTICOS QUE TEMOS NA CLASE. ATA AGORA FAMILIARIZÁNDONOS CÓ MATERIAL  E RECORDANDO AS REGRAS....AQUÍ TEDES A MOSTRA!!!!!

jueves, 10 de octubre de 2013

XOGAMOS EN EQUIPO

MOITAS VECES NO COLE XOGAMOS A XOGOS UN POUQUIÑO TRADICIONAIS, DESES QUE XOGABAN PAPÁ E MAMÁ CANDO ÉRAN PEQUENOS.... ESTES XOGOS SON FUNDAMENTAIS PARA APRENDER A COOPERAR, A XOGAR EN EQUIPO, A ESPERAR O TURNO, A RESPETAR UNHAS NORMAS, MANTER A ATENCIÓN, DESCUBRIR AS NOSAS POSIBILIDADES E LIMITACIÓNS,.... TAMÉN PARA INTERIORIZAR QUE AS VECES GAÑAMOS PERO OUTRAS PERDEMOS E NON PASA NADA...O IMPORTANTE COMO SEMPRE SE DÍ, É PARTICIPAR E DIVERTIRSE.... AHÍ VAI UNHA MOSTRA DALGÚNS QUE XA FIXEMOS ESTE CURSO......


lunes, 7 de octubre de 2013

CUMPLE DE LUCÍA A.

O sábado 5 de outubro foi o cumple de LUCÍA A, así que hoxe o festexamos no cole.... Trouxo unha tarta moi rica con moitas chuches, ela nos dixo que a fixo a súa avoa.... Tamén agasallounos con cucuruchos de larpeiradas para todos/as.... Aínda que xa a felicitamos en persoa, ahí vai a nosa homeaxe  particular..... PARABÉNS GUAPÍSIMA,!!!

Í

sábado, 5 de octubre de 2013

CUMPLE DE NICO

Como vedes non paramos cós cumples... Hoxe o "cumpleañeiro" foi Nico.... Trouxo unha tarta de chocolate e lacasitos con forma de pez que estaba requeteboa e moitas chuches para compartir....Ahí vai o noso agasallo dixital para ti, PARABĒNS AMIGO!!!


martes, 1 de octubre de 2013

CUMPLE DE CRISTINA

ONTE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE CRIS...O PASAMOS MOI BEN, MERENDAMOS UN BIZCOITO CON CHOCOLATE QUE FIXO A SÚA MAMÁ,  FIXEMOSLLE UN AGASALLO E BAILAMOS COMO EN UNHA DISCOTECA....
ÉSTA É A NOSA HOMEAXE PARA TI.... UN CONTO DE PRINCESAS EN TODA REGRA!!!!! PARABÉNS AMIGA!!!!!


lunes, 30 de septiembre de 2013

IOGA NA CLASE

Estamos aprendendo a facer ioga para controlar o noso corpo, liberar  tensións,....para facelo utilizamos un enlace moi , moi interesante.... Xa veredes!!! Tamén podedes probar vós.....


                                           E aquí tedes un anaquiño da nosa primeira clase....


XOGAMOS COAS LETRAS....


Aquí tedes as nosas primeiras  achegas do curso ó mundo das letras... Só temos que xogar !!!!

lunes, 23 de septiembre de 2013

CUMPLE DE ANDREA

Hoxe celebramos o primeiro aniversario do curso!!!! Felicidades compi!!!! E grazas a papi e mami por todo o que trouxechedes para celebralo....

domingo, 22 de septiembre de 2013

sábado, 14 de septiembre de 2013

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Primeiro día.... SUPERADO!!!!!

Xa estamos de volta.....hoxe foi o primeiro día.... Na fila todos tíñamos cariñas de sono... Pero nada mais entrar na clase xa nos espabilamos!!! Apertas, bicos, saúdos, e un sen  fin de cousas que contarnos....Ademáis foi unha mañá de presentacións xa que temos dous compis novos ALDARA e PABLO.... A verdade, é que integráronse estupendamente no grupo, parece que nos coñecen de toda a vida!!!! Moi ben campiones!!!! Por outra banda, estamos un pouquiño tristes.... Porque as nosas compis IRENE e NEREA marcharon a outros coles, dende aquí queremos desexarlles moita, moita sorte e dicirlles que as botaremos moito de menos, cando queirades podedes vir a facernos unha visita....un bico grande guapísimas!!!!
Hoxe foi un día de sorpresas, de encontros, de falar e de xogar xuntos..... Xa estamos facendo moitas fotiños para que non perdades detalle,.... 
Arranca ó curso 2013/14 BENVIDÓS/AS A TODOS/AS!!!

miércoles, 4 de septiembre de 2013

VOLTA Ó COLE!!!!

As VACACIÓNS remataron.... Xa temos as pilas cargadas, non??? Todos os mestres do cole xa estamos traballando a tope para arrancar os motores do novo curso 2013/2014. O vindeiro MÉRCORES 11 de setembro as portas quedan abertas para todos vós... Non esquenzades a vosa ilusión, a vosa enerxía e as vosas ganas de seguir aprendendo e disfrutando.... BO COMEZO PARA TODOS E TODAS!!!


lunes, 22 de julio de 2013

Rayita tamén está de VACACIÓNS!!!!

Ola chicos/as!!!! Cómo van esas VACACIÓNS???? Seguro que o estades pasando pipa...... Xa me contaredes.... Aquí vos deixo un video para que vexades como está Rayita, a vosa tartaruga.... Un biquiño moi grande e a seguir disfrutando....

sábado, 29 de junio de 2013

Fin de curso 2013

O venres 21 de xuño rematamos o curso cunha festa moi especial.... Todos estabamos moi nerviosos porque a festa que estaba programada era unha festa de auga,... Por íso, trouxemos traxe de baño, chanclas, toalla.... O tempo non nos acompañou, facía moito frío, así que decidimos poñer o punto final cunha gran festa de cumple ( dos nenos e nenas que naceron en verán).... A diversión estivo asegurada, con merendola, xogos no patio e maquillaxes.... Dende aquí desexamos a todos/as un feliz verán!!! Vémonos en Setembro .......

miércoles, 26 de junio de 2013

Vídeos de Mundo pirata...

O prometido é débeda.... Aquí están algúns vídeos da estupenda mañá que pasamos en Mundo Pirata Park!!!....

domingo, 9 de junio de 2013

Creamos...


Xa fai algún tempo que non publicamos exemplos dos traballiños que facemos na clase, a verdade e que estamos moi liados.... Que si saídas, talleres, horta, vídeos.... Xa cheira a fin de curso.... Uffff , qué rápido pasou..... Nesta semana estivemos experimentando có cartón e os tubos de papel hixiénico... Aínda non rematamos e tampouco temos fotos de todo o proceso para que o vexades pero o resultado gustounos tanto que o utilizaremos para as portadas dos traballiños deste trimestre... A ver que opinades vos!!!!

domingo, 2 de junio de 2013

Traballando na horta...


Como vedes estamos que non paramos, churreiros, xardineiros, recicladores, músicos, cantantes,..... E    agora tamén labregos... O venres estivemos traballando na horta do cole... Nesta ocasión plantando LEITUGAS e tomates... Aínda que algúns non quixemos mancharnos moito coa Terra, o fixemos estupendamente.... Esperamos que prendan e medren moito, moito... Faremos todo o posible para que así sexa...


viernes, 31 de mayo de 2013

Separa, recicla...

Aquí deixamos o súper-video clip que grabamos como remate o proxecto común no que levamos traballando ó longo do curso, unha experiencia xenial coa que ademais de aprender a separar, reciclar e reutilizar para facer instrumentos e disfraces, tamén reinventamos unha canción, a cantamos e grabamos (audio e video)  como auténticos profesionais... A materia prima puxémola nós mais este gran resultado é obra da profe Laura e o profe Fernando....Noraboa !!!



Cumple de Noa ( inf. 3 años)

Hoxe foi o cumple de Noa, ainda que estivo malita toda a semana, recuperouse para poder celebrar o seu día con nos.... Fixen unha montaxe de fotos diferente.... A partires de agora veredes algunha cousiña nova xa que estou afianzandome con novos programas e así mellorar as nosas publicacions
Espero que vos guste e perdoade os fallos...ainda son unha novata... A primeira presentación e esta... Noa, vai por ti!!! Felicidades guapísima...!!!




sábado, 25 de mayo de 2013

TEATRO KRI, KRA, KRO



ONTE ESTIVEMOS NO TEATRO.... A OBRA: KRI, KRA, KRO, UN ESPECTÁCULO DE LUZ E SOMBRAS CHULÍSIMO..... O ESCENARIO: O GARCÍA BARBÓN EN VIGO E O PÚBLICO.... NÓS!!!! O PASAMOS XENIAL E NOS PORTAMOS DE MARAVILLA..... DESPOIS MERENDAMOS NO PARQUE DE CASTRELOS E AÍNDA QUE NON TIVEMOS TEMPO DE XOGAR NO PARQUE (O AUTOBÚS DEIXOUNOS MOI LONXE DOS COLUMPIOS E TIÑA QUE VOLTAR CEDO Ó COLE,....) DISFRUTAMOS DO BO TEMPO, RESPIRANDO,COLLENDO FLORES, XOGANDO NA HERBA E BOTANDO CARREIRAS..... AQUÍ TEDES A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA EXPERIENCIA.....

viernes, 17 de mayo de 2013

XARDINEIROS/AS POR UN DÍA....



ONTE OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS CONVIDÁRONNOS A SER OS SEUS AXUDANTES DE XARDINERÍA....CONTÁRONNOS QUE COÑECÍAN UN CONTO FERMOSISIMO DUN CARBALLO, "O CARBALLO CON BOTAS", E QUE DECIDIRON PLANTAR OS SEUS CARBALLIÑOS CON BOTAS PARTICULARES...POR ISO PEDIRON A NOSA AXUDA, ASÍ QUE MANS Á TERRA!!!!!

Letras Galegas 2013



Hoxe é festivo!!!!! é o día das Letras galegas... Este ano adicase a Roberto Vidal Bolaño, así que onte estivemos falando do que significa este día, quén é Roberto Vidal e demais.... aproveitamos para facer o noso cadro especial das Letras Galegas, así que pintamos, pegamos gomets, recortamos e utilizamos pegamento para poñelo nunha cartulina.... Aquí deixamos unha pequeniña mostra do que fixemos nós soíños!!!!!!

miércoles, 15 de mayo de 2013

OBRADOIRO DE ATENCIÓN E MEDITACIÓN



A semana pasada vivimos unha experiencia moi, moi especial.....estiveron con nós os amigos de Debi, con eles viaxamos o mundo do arco da vella e alí aprendimos a relaxarnos, a manter a atención, a escoitar, a respirar, a estar tranquilos...!!!!! o clima que se creou na aula de música foi máxico cheo de paz e calma...... encantounos a música, o baixiño que falaban....ahí vai unha mostra deste taller tan guai....Premede no enlace....

domingo, 5 de mayo de 2013

DIA DA NAI 2013

 NESTA ENTRADA PUBLICAMOS DOUS COUSIÑAS PARA O DÍA DA NAI...O PRIMEIRO É UNHA PELI COAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA ESTE DÍA TAN ESPECIAL, E O SEGUNDO, UN VÍDEO CUNHAS MENSAXES PARA AS NOSAS MAMIS... ESTABAMOS UN POUCO NERVIOSOS CANDO O GRABAMOS...COUSAS DO DIRECTO!!!!, PERO O FINAL QUEDOU MOI BEN...MOITOS, MOITOS BIQUIÑOS E MOITAS FELICIDADES MAMÁS!!!!!

 





viernes, 3 de mayo de 2013

CUMPLE DE LUCAS...

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE LUCAS...FOI UNHA FESTA ESTUPENDA NA QUE MERENDAMOS UNHA TARTA DE POCOYO QUE ESTABA CHULÍSIMA.... NON QUEDOU NADA DE NADA..... AQUÍ TEDES UNA RECOPILACION DAS FOTOS QUE FIXEMOS.... FELICIDADES LUCAS!!!!!!
Click to play this Smilebox slideshow

jueves, 2 de mayo de 2013

Contacontos kalandraka

 A semana pasada tivemos unha visita moi especial!!!!!! Marc Taeger e Olaia Rodríguez de Kalandraka estiveron con nós contando un montón de contos.... o escenario era estupendo, o patio do cole, o aire fresco, o sol quentiño!!!!! Ummmm..... sen dúbida, unha experiencia xenial..... Gracias amigos pola vosa actuación..... !!!!!

miércoles, 1 de mayo de 2013

FELICIDADES PAOLA!!!!!!!

ONTE CELEBRAMOS O CUMPLE DE PAOLA, XA TEN 4 ANIÑOS, QUÉ MAIOR!!!!!
FOI UNHA MAÑÁ ESTUPENDA, FIXEMOSLLE AGASALLOS E MERENDAMOS O SEU BIZCOITO QUE ESTABA BOÍSIMO, TANTO QUE NON QUEDOU NADA!!!!! Click to play this Smilebox slideshow


                                 
                                       FELICIDADES COMPI!!!! O PASAMOS XENIAL!!!!

martes, 30 de abril de 2013

Pequena homeaxe ós contos Día do libro 23- 4- 13



Sen dúbida unha das actividades que mais nos gusta do cole é a HORA DO CONTO....Encántanos escoitalos, contalos, que os conte a profe, ou os nenos/as de 6º que as veces veñen a ler a nosa clase, cando os contamos nós.... sen dúbida todos estes intres son especiais, máxicos.....
Un dos obxetivos deste curso é aprender a tratar os libros, a coidalos, valoralos e a entender que son un tesouro....
Ahí vai unha pequena homeaxe a estes " amigos " tan interesantes, unha recopilación de ratiños que teñen que ver con eles e un resumo das actividades que fixemosno Día do Libro, un marcapáxinas para intercambialo cos nenos/as de 1º , e lectura e escoita do conto "Ahora que vai pasar"a cargo dalgúns nenos e nenas de Primaria. Esperamos que vos gusten os contos tanto como nos gustan a nós!!!!!.Premede no enlace...

Anaïs é reposteira!!

ANAÏS TEN UNHA DOTE ESPECIAL PARA OS BISCOITOS, CREMOS QUE DE GRANDE VAI SER UNHA EXCELENTE REPOSTEIRA. A SEMANA PASADA AGASALLOUNOS CUN EXQUISITO BISCOITO QUE ELABOROU COA AXUDA DA SÚA NAI. ESTABA DELICIOSO!!

Novas de abril na clase de 5

Tras unha serie de problemas víricos no ordenador da profe, por fín vos podemos contar o que fixemos este mes de abril. Comezamos polos aniversarios de Samuel, Alba e Sofía que xa cumpliron 6. Non nos perdades de vista!!!

domingo, 28 de abril de 2013

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS RECICLADOS


TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL LEVAMOS DENDE O 2º TRIMESTRE PARTICIPANDO NUNS TALLERES PARA FACER INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAIS DE REFUGALLO... FOI UNHA EXPERIENCIA ESTUPENDA, CONVIVIMOS, DESENROLAMOS A NOSA CREATIVIDADE E O PASAMOS REALMENTE XENIAL!!!! AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA  PARA QUE O VEXADES.... A PELI ESTA EN CASTELÁN PORQUE ÍMOS PARTICIPAR NUN CONCURSO SOBRE "COIDAR O MEDIO AMBIENTE" A NIVEL NACIONAL....ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

martes, 23 de abril de 2013

ESCOITAMOS UN CONTO...

HOXE CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO" E COMO ADIANTO DAS ACTIVIDADES QUE FAREMOS NESTA SEMANA POR ESTE MOTIVO QUEREMOS RECOMENDAR ESTE CONTO QUE NOS GUSTA MOITO " EL CONEJO BLANCO" CONVIDÁMOSVOS A QUE O ESCOITEDES CON NÓS!!!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE....

viernes, 19 de abril de 2013

PSICOMOTRICIDADE

AQUÍ DEIXAMOS UNHA RECOPILACIÓN DE ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA HORA DE PSICOMOTRICIDADE....
CANDO FACEMOS PSICOMOTRICIDADE ESTAMOS TRABALLANDO O COGNITIVO, O EMOCIONAL, O SIMBÓLICO, O SENSORIOMOTOR......E POLO TANTO,  A CAPACIDADE DE SER E DE EXPRESARSE NUN CONTEXTO SOCIAL; ÍSTO É FUNDAMENTAL PARA UN DESENROLO ARMÓNICO DA PERSOALIDADE....
ADEMAIS O PASAMOS XENIAL!!!!!! ASÍ QUE TODOS/AS A POÑERSE EN FORMA!!!!!

domingo, 14 de abril de 2013

ASAMBLEA 1

SEMPRE FALAMOS DA "ASAMBLEA" PERO SEGURO QUE NON SABEDES O QUE FACEMOS NELA, A QUE NON???? ÉSTA É A PRIMEIRA DAS ACTIVIDADES DO DÍA...CHEGAMOS Ó COLE, QUITAMOS AS CAZADORAS, AS COLGAMOS NOS PERCHEIROS, E SENTÁMONOS EN CORRO....MENTRAS CHEGAN OS QUE FALTAN FALAMOS DAS NOSAS COUSAS E ESPERAMOS CON PACIENCIA...CANDO ESTAMOS TODOS//AS O ENCARGADO/A PASA LISTA.... XA SOMOS EXPERTOS/AS, E NON PRECISAMOS AXUDA . ESTE EXEMPLO O GRABAMOS A COMEZOS DO 2º TRIMESTRE, COMO VEDES...SABEMOS ESPERAR, ESCOITAR, CONTAR, CONTESTAR CANDO NOS TOCA...... UFFFF, CÁNTAS COUSAS!!!!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

Chove...

Non para de chover!! Estamos tan cans@s , que hoxe decidimos adicarlle un poema a choiva a ver se lle gusta e marcha dunha vez por todas!!! Ademáis e un dos nosos poemas favoritos. Agardamos que vos guste!!!

sábado, 6 de abril de 2013

SAÍDA TUI

<iframe width="640" height="360" src="http://www.youtube.com/embed/Wrv55BLVGiU?feature=player_detailpage" frameborder="0" allowfullscreen></ifra

NA SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS FIXEMOS UNHA SAÍDA POR TUÍ, COÑECIMOS MOITAS COUSAS COMO O CLUB DE PIRAGÚISMO, A BIBLIOTECA E A RADÍO MUNICIPAL.... TIVEMOS UN DÍA DE CHOIVA PERO ISTO NON IMPEDIU QUE O PASARAMOS XENIAL. PREMEDE NO ENLACE PARA VER A PELI

domingo, 24 de marzo de 2013

Somos churreir@s!!

Os nenos e nenas de infantil, vivimos un venres pre-vacacional moi especial, convertímonos en churreiros  Fixemos a masa, amasamos desfrutando a tope facendo boliñas, probando novas texturas, manchándonos sen que ninguén nos rifase, porque para aprender e vivir as experiencias ao máximo, hai que experimentar mancharse, mollarse e explotar todas as posibilidades que nos ofrece o momento... E despois o momento máis esperado, comemos os churros con un delicioso choclolate. Os nenos e nenas de infantil mándanlle un saúdo moi especial a Ángel e Roberto, que nos fixeron un chocolate e uns churros deliciosísimos!! Grazas!!

sábado, 23 de marzo de 2013

¡¡Aarón xa ten 6!!

¡¡Hai que ver o grandes que se están facendo os nenos e nenas da clase de cinco!! Onte celebramos o cumple de Aarón que xa ten 6 anos. A súa nai e máis el nos prepararon unha deliciosa tarta, que ademáis é a nosa favorita ¡¡Tarta de galletas!!
¡¡¡Moitas felicidades Aarón!!!


domingo, 10 de marzo de 2013

TALLER DE LINGUAXE II

SEGUIMOS PRACTICANDO O SOPRO PARA FORTALECER OS MÚSCULOS BUCOFONATORIOS...ADEMAIS COMEZAMOS A TER CURIOSIDADE POLAS LETRAS...MIRADE, MIRADE QUÉ MAIORES!!!!!!<iframe width="640" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/lSuEkS1GQTs?feature=player_detailpage" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
TEÑO PROBLEMAS PARA SUBIR OS VÍDEOS Ó BLOGUE....PERDOADE AS MOLESTIAS E TRATAREI DE SOLUCIONALO CANTO ANTES....

viernes, 8 de marzo de 2013

E ti ....cómo te sentes????

Aquí deixamos una exemplo dunha actividade que facemos casi a diario... Este tipo de experiencias axúdannos a autoxestionar as nosas emocións, a coñecer os sentimentos, a saber por qué nos sentimos dunha maneira determinada, a ser autónomos na resolución dos pequenos conflictos que xurden ó longo da mañá, ....en definitiva a coñecernos un pouquiño mellor e convivir como un gran equipo!!!!

sábado, 23 de febrero de 2013

QUÉN ES QUÉN????



ACORDADESVOS DE CÓMO ERÁN OS NOSOS DEBUXOS CANDO EMPEZAMOS O COLE??? AÍNDA GARABATEABAMOS A QUE SI??? CON ESTA PELI QUEREMOS ENSINARVOS A  EVOLUCIÓN NO DEBUXO DO NOSO ESQUEMA CORPORAL... ESTES DEBUXOS SON UNA FERRAMENTA INCREÍBLE PARA AVALIAR ALGÚNS ASPECTOS IMPORTANTES COMO A AUTOIMAXEN QUE TEMOS DE NÓS, O GRADO DE MADUREZ, O AUTOCONCEPTO, ASPECTOS EMOCIONAIS, ETC.... PROPOÑEMOSVOS UN XOGO...SABERIAIS ADIVINAR CAL É O DEBUXO DOS VOSOS FILLOS/AS???? SE TEDES DUDAS PREGUNTADENOS.... A XOGARRRR!!!!!!!!

martes, 19 de febrero de 2013

A paz e María Fumaça

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos fixemos un traballo tod@s  xuntiñ@s co gallo do día da paz que nos levou varios días de traballo duro...  Aproveitamos o fermoso conto María Fumaça,  cheíño de cancións para Rui, un novo amigo especial. María Fumaça, tamén é un canto á paz, materializada na convivencia e o respecto, ambos tan necesarios para vivir en paz.
¡¡Subide ao noso tren especial e imos xunt@s á estación da paz!!! 




jueves, 14 de febrero de 2013

14 DE FEBREIRO



HOXE, APROVEITANDO O DÍA DE SAN VALENTÍN, FIXEMOS UNHA CLASE DE FILOSOFÍA EN TODA REGRA....FALAMOS DO AMOR!!!! qUEREDES SABER O QUE PENSAMOS DO TEMA, POIS AHÍ VAI:
QUÉ É O AMOR?
AINHOA: ES CUANDO SE CASAN
IRENE: ES IR DE PASEO CON TU NOVIO
SERGIO: ES ESTAR JUNTOS Y DARSE BESOS EN LA BOCA
ANDREA: ES ABRAZARNOS
LUCAS: ES CUANDO UNA CHICA Y UN CHICO VAN DE LA MANO
LEO: EL AMOR ERES TÚ, PROFE...Y A MAMI Y A PAPI LE DOY BESOS GRANDES...
LUCÍA GALLEGO: ES UN BESO
NOA: ES JUGAR
MARTINA: ES MAMI PORQUE LA QUIERO MUCHO
LAURA:ES CASARSE
NEREA: YO QUIERO MUCHO A CRIS
OSCAR: ES QUE TENGO UNA CÁMARA DE FOTOS NUEVA, DE COLOR GRIS
PAOLA: ES IR A LA BODA
CRIS: ES QUERER A LA ABUELA
Y QUÉ ES ESTAR ENAMORADOS?
IRENE: ES TENER NOVIO, YO TENGO UNO SE LLAMA RAFA
Y LOS ENAMORADOS SE QUIEREN NO?
 SI
Y CÓMO SE QUIEREN?
ANDREA: CON EL CORAZÓN Y SE PONE CONTENTO....

ELES SI QUE SABEN....

QUEIMA DO MECO 2013




NO COLE DE RANDUFE REMATAMOS O ENTROIDO COMO MANDA A TRADICIÓN COA QUEIMA DO MECO!!!! FIXÁDEVOS NAS CARAS DOS MAIS PEQUES...

sábado, 9 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013



ESTES DÍAS DE ENTROIDO FÓRON MOI DIVERTIDOS!!! O MECO, OS DISFRACES,A FESTA, A MERENDA....QUÉ BEN QUE O PASAMOS!!!!! AHÍ VAI A MOSTRA....

CUMPLE DE IRENE (INFANTIL 3 ANOS)

ESTE MÉRCORES CELEBRAMOS O CUMPLE DE IRENE...AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS...PARABÉNS AMIGA !!!!!
Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 4 de febrero de 2013

CUMPLE DE SERGIO (INF. 3 ANOS)

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE SERGIO...XA TEN 4 ANOS!!!!! AHÍ VAN UNHAS FOTIÑOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS... E FIXEMOSLLE CASO O MECO, EH....OS NENOS SOMOS NENAS E AS NENAS NENOS....Click to play this Smilebox slideshow

Martín xa ten 6!!

O noso compi Martín, xa cumpliu 6 anos!!! Así o celebramos tod@s xunt@s.

Parabéns amigo!!

Preparándonos para o entroido

O entroido está chegando e o noso malvado Meco non para de facer trasnadas!! Hoxe mandou vir aos nenos de nenas e as nenas de nenos!! Rímonos moito cos nosos modeletes!!!

sábado, 2 de febrero de 2013

XOGO GUAY



AQUÍ DEIXAMOS OUTRO DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS, QUÉ BEN O FACEMOS XA....SÓ NECESITAMOS SILENCIO, A MÚSICA E UNHA VARIÑA MÁXICA.....PREPARADOS PARA VOAR COA NOSA IMAXINACIÓN E PERCORRER MOITOS LUGARES XUNTOS....

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ 2013



HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE PARA NÓS SIGNIFICA ESTA PALABRA TAN BONITA...

jueves, 17 de enero de 2013

viernes, 11 de enero de 2013

CUMPLE DE AINHOA (INFANTIL 3 ANOS)

Click to play this Smilebox slideshow

O XOVES 10 DE XANEIRO CELEBRAMOS O PRIMEIRO CUMPLE DO ANO. AINHOA XA TEN 4 ANIÑOS. QUÉ MAIOR!!!!! AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO SEU DÍA...PARABÉNS COMPI!!!!