miércoles, 27 de mayo de 2015

CUMPLE DE LAURA G.

ONTE, 26 DE MAIO, FOI O CUMPLE DE LAURA G...XA TIÑA MOITAS DE GANAS DE CUMPLIR 6.... QUÉ MAIOR!!!! TROUXO UNHA TARTA RIQUÍSIMA DE CHOCOLATE QUE ELA MESMA FIXO COA SÚA MAMI...COMÍMOLA TODA!!!!UMMMMM..... MOITÍSIMAS FELICIDADES GUAPÍSIMA!!!!!! ESPERAMOS QUE O PASARAS MOI BEN....AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS....












viernes, 22 de mayo de 2015

SOMOS VINCENT VAN GOGH


ESTA SEMANA COÑECIMOS A OUTRO GRAN PINTOR,VINCENT VAN GOGH, DESPOIS DE FALAR UN POUQUIÑO SOBRE ÉL E DAS SÚAS OBRAS MAIS COÑECIDAS DECIDIMOS POÑERNOS MANS Á OBRA E FACER A NOSA VERSIÓN "LA NOCHE ESTRELLADA"... TRABALLAMOS A GRAFOMOTRICIDADE SOBRE PAPEL DE COCIÑA PARA DEBUXAR O CEO E A MOTRICIDADE FINA PARA RECORTAR A ÁRBORE E AS CASAS E PEGALAS NO CEO...O RESULTADO FOI ESTUPENDO,XUZGADE VÓS MESMOS/AS!!!!AÍNDA QUE O MAIS IMPORTANTE PARA MIN NON FOI ISTO SENON O PROCESO DA SÚA REALIZACIÓN, FIXÁDEVOS QUE TRANQUILIÑOS E CONCENTRADOS/AS ESTABAMOS..... DEIXAMOS O ORIXINAL PARA QUE COMPAREDES.....


miércoles, 20 de mayo de 2015

COLLÓN DE LOLA 2015



ESTE ANO PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TIVEMOS, COMO XA SABEDES, UNS INVITADOS DE EXCEPCIÓN, O MÍTICO GRUPO DE ROCK GALEGO COLLÓN DE LOLA COAS CANCIÓN DE XABARÍN CLUB...O VENRES 15 DE MAIO FOI UN DÍA MOI ESPECIAL, ESTABAMOS TODOS/AS MOI NERVIOSOS CON TODOS OS PREPARATIVOS.... NON  QUIXERON PERDER O CONCERTO OS COMPIS DO COLE DE PAZOS DE REIS QUE VIÑERON CAMIÑANDO PARA DISFRUTAR DUNHA MAÑÁ DE CONVIVENCIA E MOI DIVERTIDA....TAMÉN ACHEGÁRONSE Ó COLE ALGUNHAS FAMILIAS.... AQUÍ TEDES A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DESTE GRAN DÍA....

martes, 19 de mayo de 2015

Fixemos cupcakes!!!!

A semana pasada Lucia A e Ainhoa trouxeron un libro de receitas..... Como nada se nos resiste decidimos estrear o forno e facer CUPCAKES!!!! Facer actividades de cociña é moi enriquecedor xa que con elas traballamos a lectoescritura, as mates, a motricidade fina, o traballo en equipo e o pracer de degustar o que nòs mesmos elaboramos....


jueves, 14 de mayo de 2015

TEATRO MUSICAL "A NENA E O GRILO" E PARQUE DO CASTRO. VIGO

O PASADO MARTES ESTIVEMOS EN VIGO E DISFRUTAMOS DO MUSICAL "A NENA E O GRILO" NO TEATRO CAIXANOVA, AFUNDACIÓN ACTUALMENTE. GUSTOUNOS MOITO. DEIXAMOS O SEU VÍDEO PROMOCIONAL PARA QUE VEXADES E ESCOITEDES UN POUQUIÑO DO SEU CONTIDO.... DESPOIS DESPRAZÁMONOS ATA O CASTRO PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE....O PASAMOS "SUPERREQUETEMEGAGUAY".... E O PARQUE DOS MAIORES FOI TODIÑO, TODIÑO PARA NÓS, OS DE 5!!!!!!.... YUJUUUUU!!!!!!!!



lunes, 11 de mayo de 2015

GRAN CONCERTO NO CEIP DE RANDUFE!!!

Co gaio do día das LETRAS GALEGAS, O vindeiro venres 15 de Maio, a partires das 12:00h, o Cole de Randufe vístese de Concerto...Contaremos coa actuación estelar do grupo galego COLLÓN DE LOLA que deleitaranos coas cancións do XABARÍN CLUB...
A ENTRADA É DE BALDE, ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS/AS,!!!
AHÍ VAN ALGUNHAS CANCIÓNS MÍTICAS DO PROGRAMA PARA IR ABRENDO BOCA....

 ESPERÁMOSVOS!!!! O PASAREMOS XENIAL!!!!
FIXEMOS CARTEIS PARA ANUNCIAR O EVENTO....










miércoles, 6 de mayo de 2015

Cumple de Pablo

Onte foi o cumple de Pablo, xa ten 6 anos!!!! e ademais de ser moi maior é un campión pois xusto antes de merendar o bizcoito riquísimo que trouxo esbarou na clase e mancouse moito na cara....Levamos un pouquiño de susto..... ufff, menos mal que é moi valente!!!! Sen dúbida foi un cumple un pouco accidentado!!!!! Moitísimas felicidades compi!!!!! Ahí van as túas fotos....















lunes, 4 de mayo de 2015

CUMPLE DE LUCAS

ONTE FOI O CUMPLE DE LUCAS, ASÍ QUE HOXE O FESTEXAMOS NO COLE, XA TEN 6 ANOS!!!! , AÍNDA QUE ESTÁ UN POUCO PACHUCHO, SOPROU AS VELAS COMO UN CAMPIÓN!!!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES COMPI!!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS....












sábado, 2 de mayo de 2015

Día da Nai 2015

Mañá é o día das MAMÁS!!! Para felicitalas e agasallalas, nestes días traballamos moito, moito... Aquí deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos...MOITÍSIMAS FELICIDADES MAMÁS!!!