jueves, 28 de diciembre de 2017

CUMPLE DE AINHOA

NA ÚLTIMA SEMANA TAMÉN TIVEMOS TEMPO DE FESTEXAR O CUMPLE DE AINHOA, QUE AÍNDA QUE NACEU O DÍA DE NOITEBOA QUIXO FACER A FESTA NO COLE COS SEUS COMPIS....AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS...MOITISIMAS FELICIDADES AINHOA!!!







* AS VECES AS IMAXES QUEDAN TORCIDAS...NON SEI COMO ARRANXALO...DISCULPADE...


martes, 19 de diciembre de 2017

MONTANDO Ó APALPADOR`....


A semana pasada fixemos unha actividade moi chula, despois de coñecer a historia do Apalpador, fomos a Biblioteca xa que alí estaban agachadas as pezas dun puzzle, se conseguíamos atopalas e formar o puzzle gañaríamos 10 eurochiscos para unha entrada de cine e uns flocos de millo.... O fixemos xenial así que mañá temos unha xornada de cine coa peli "O bosque Animado"

domingo, 10 de diciembre de 2017

TALLER DE ARTE. PIET MONDRIAN


COÑECIMOS Ó PINTOR HOLANDÉS PIET MONDRIAN. ADEMAIS DE ACHEGARNOS A SÚA VIDA E OBRA...IMITAMOS UN DOS SEUS TRABALLOS MAIS FAMOSOS E INTERIORIZAMOS CONCEPTOS COMO OS TRAZOS VERTICAIS E HORIZONTAIS, AS CORES, O CADRADO, ETC....ADEMAIS ENCÁNTANOS TRABALLAR CON PINCEIS E TÉMPERAS!!!

http://arteparaninnos.blogspot.com.es/2015/03/el-pintor-holandes-piet-mondrian-para.html

domingo, 3 de diciembre de 2017

"WONDER"

HOXE PASEI UNHA TARDE DE CINE COA MIÑA FAMILIA...A PELI QUE MIRAMOS FOI "WONDER"....ENCANTOUME!!! EMOCIÓNS A FROR DE PEL CASE EN CADA MINUTO....PARECEUME UNHA PELI PRECIOSA QUE ABORDA UNHA HISTORIA DE SUPERACIÓN E LOITA CONTRA O ACOSO ESCOLAR...ESTÁ BASEADA NUN BEST SELLER QUE TEMOS NA BIBLIO DO COLE "WONDER, LA LECCIÓN DE AUGUST"
A ESENCIA DA PELI PODERÍA CONDENSARSE EN DÚAS DAS SÚAS FRASES:
"NO PUEDES PASAR DESAPERCIBIDO SI NACISTE PARA DESTACAR" E "CUANDO PUEDAS ELEGIR ENTRE TENER RAZÓN Y SER AMABLE, ELIGE SER AMABLE"
HOXE ADEMAIS FOI O "DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE", A ELECCIÓN DA PELI NON PODÍA SER MAIS AXEITADA.....
RECOMÉNDOA 100 POR 100, TANTO PARA VÓS COMO PARA OS PEQUES....DEIXO POR AQUÍ O TRAILER....

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Intres de tranquilidade....


ESTE ANO SEGUIMOS FACENDO INTRES DE CALMA NA AULA...PARECEME MOI NECESARIO, PARA QUE OS NENOS/AS APRENDAN A XESTIONAR AS SÚAS EMOCIÓNS, APRENDAN A RESPIRAR, CENTRAR A SÚA ATENCIÓN CON DETERMINADAS ACTIVIDADES.....O ANO PASADO FIXEN UNHA FORMACIÓN DE IOGA PARA NENOS/AS, UNHA DISCIPLINA QUE PRACTICO E TRATO DE LEVAR Á CLASE EN DETERMINADOS INTRES.... ESTE ANO COMECEI A SEMANA PASADA UN GRUPO DE TRABALLO SOBRE MILDFULNESS, O MUNDO DA MEDITACIÓN PARA OS NENOS/AS BRINDA MULTITUD DE POSIBILIDADES PARA MELLORAR DENDE BEN CEDO A ATENCIÓN, A EMPATÍA, A CALMA E A XESTIÓN EMOCIONAL.....

DEIXO POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN DO BLOGUE www.lamenteesmaravillosa.com, POR SI QUEREDES SABER MAIS SOBRE O TEMA https://lamenteesmaravillosa.com/mindfulness-para-ninos-gestionar-atencion/

CORES, ATENCIÓN E MOTRICIDADE FINA


AQUÍ VOS DEIXO UN XOGO MOI SINXELO QUE PERMITE QUE OS PEQUENOS E PEQUENAS TRABALLEN MOITOS ASPECTOS ENTRE ELES, AS CORES, O CONTEO, A COMPARACIÓN, CLASIFICACIÓN, A ATENCIÓN, A MOTRICIDADE FINA,.....É UN IMPRESCINDIBLE NO NOSO RECUNCHO MATEMÁTICO!!!

jueves, 16 de noviembre de 2017

Actividades de aproximación á lectoescritura.1º trimestre


Estas son algunhas das actividades que estamos facendo para achegarnos á lectoescritura....con este tipo de actividades é como algúns pequenos/as aprenderon a ler e escribir e os que aínda non arrancaron aprenderán....Cada un/unha o seu ritmo e sen presión...manipulando, observando, contrastando, sentindo, traballando en equipo, experimentando, xogando....construíndo o seu propio aprendizaxe e de forma funcional e significativa para eles/as.....todo na aula está cheo de letras!!!!

VIDA PRÁCTICA: VESTIR, ESPIR E DOBRAR A ROUPA


UN DOS TALLERES QUE FACEMOS A MIÚDO É O DE VESTIR E ESPIR BONECOS/AS E PARA REMATAR DOBRAR BEN A ROUPA E DEIXAR AS COUSAS ORDEADAS....CON ESTE TIPO DE ACTIVIDADES DESENROLAMOS A MOTRICIDADE FINA...PARECE UNHA TONTERÍA MAIS LLES CUSTA MOITO, ABOTOAR E DESABOTOAR, SUBIR E BAIXAR CREMALLEIRAS, POÑER CALCETÍNS....ASÍ TAMÉN COLLERÁN MAIS DESTREZAS PARA A SÚA AUTONOMÍA E ADEMAIS ENTRETENSE E DIVÍRTENSE UNHA MOREA!!!!

domingo, 12 de noviembre de 2017

TALLER DE EDUCACIÓN VIAL A CARGO DE LA DGT



ESTA SEMANA CONTAMOS COA ESTUPENDA VISITA DE DOUS MEMBROS DA DGT QUE ESTIVERON NO COLE EXPLICÁNDONOS NORMAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN VIAL. PRIMEIRO FIXEMOS UN CIRCUÍTO DE PEATÓNS COA AXUDA DOS COMPIS MAIORES DE 6º E DESPOIS FIXAMOS O APRENDIDO CUNHA CHARLA NA BIBLIOTECA. ESTIVO XENIAL E SOBRETODO, APRENDIMOS A IMPORTANCIA QUE TEN FACER BEN AS COUSAS POLO BEN DA NOSA SEGURIDADE.....OS NENOS/AS E OS MAIORES DEBEMOS SEMPRE FACER CASO DAS NORMAS...... MOITAS GRAZAS POR ESTE TALLER!!!!

 TAMÉN DAMOS AS GRAZAS A LINO, POLICÍA LOCAL DE TUI, QUE ESTIVO CON NÓS TODA A MAÑÁ PRESTÁNDONOS A SÚA AXUDA......

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Ainhoa recupérate axiña....

HOXE OPERARON A AINHOA DAS ANXINAS...DENDE A CLASE QUEREMOS MANDARLLE MOITOS, MOITOS BIQUIÑOS PARA QUE RECUPERE AXIÑA E VOLTE PRONTIÑO AO COLE....ES UNHA CAMPIONA E UNHA VALENTE!!!





viernes, 3 de noviembre de 2017

TRAZOS E MATES


SEGUIMOS TRABALLANDO OS GRAFISMOS, PRACTICAMOS OS TRAZOS VERTICAIS E HORIZONTAIS E OS COMBINAMOS CUN POUQUIÑO DE NUMERACIÓN. HOXE ESTIVERON UNINDO OS CADRADOS  DE ARRIBA A ABAIXO, CON "CARRETERAS" DE CORES,  DESPOIS NUMERARON CADA CARRETERA E FORMARON TANTOS TRAZOS HORIZONTAIS COMO O NÚMERO QUE  SE INDICABA...

Destrezas cunha palliña e unha anilla....


Xogo divertidísimo..... e....un pouquiño dificil tamén......

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Samaín II. Retratos de medo e disfraces

Mais cousiñas de Samaín.... Practicamos o recortado, afianzamos a motricidade fina....

Samaín 2017. I


Feliz Samaín!!! Este ano fixemos un obradoiro de Samaín na Biblioteca. Aprendimos o sentido do Samaín a través dun conto e fixemos unha manualidade terrorífica..... como non...non faltaron as cabazas típicas desta data....

Magosto 2017


O venres pasado festexamos o Magosto...Como sempre o pasamos moi ben e as castañas estaban boísimas....Ahí van as fotiños...

Saída ao teatro en Tui, Paseo e parque


A semana pasada estivemos en Tui... Disfrutamos dunha xornada no Teatro Municipal, dun estupendo paseo polo pobo e diversión a tope no parque...O pasamos xenial!!!!

jueves, 26 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017


O MARTES 24 DE OUTUBRO FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PARA CELEBRALO FIXÉRONSE ALGUNHAS ACTIVIDADES SIGNIFICATIVAS E QUE DERÓN PROTAGONISMO Á NOSA BIBLIOTECA...O PRIMEIRO VISIONAMOS UN POWER POINT CUNHA MENSAXE MOI BONITA SOBRE OS CONTOS E A LECTURA, TAMÉN ESCOITAMOS UN CONTO QUE ESTABA APOIADO POR IMAXES, TITULÁBASE "LEÓN DE BIBLIOTECA" E PARA REMATAR PUXÉRONSE EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS. A PARTIRES DESTA SEMANA CADA NENO/A LEVARÁ UNHA MOCHILA A SÚA CASA POR UN TEMPO DE 7 DÍAS, HAI UNHA MOCHILA PARA CADA CLASE CON CONTIDOS DIFERENTES E ADAPTADOS AS IDADES DE CADA CURSO. VAI TODO EXPLICADIÑO DENTRO DE CADA MOCHILA...

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ESPERAMOS QUE AS COIDEDES E DISFRUTEDES MOITO DA LECTURA EN FAMILIA.....

BOTE PARA AS CASTAÑAS DO MAGOSTO


MAÑÁ FESTEXAMOS O MAGOSTO....ESTA SEMANA ESTIVEMOS FACENDO O BOTE PARA BOTAR AS CASTAÑAS QUE ÍMOS COMER...COMO ESTAMOS MOI PRETO DO SAMAÍN DECIDIMOS CREAR COS BOTES DE LEITE FORRADOS DE PAPEL CHAROL UNS MONSTRUIÑOS MOI DIVERTIDOS...A VERDADE QUE NON DÁN MOITO MEDO MAIS QUEDARON CHULÍSIMOS!!!!!

domingo, 22 de octubre de 2017

TALLER DE COCIÑA: "CUP CAKES ESPECIAIS"



ESTE VENRES A NOSA RECEITA ESPECIAL FOI A DO COÑECIDO BISCOITO DE YOGUR....MAIS COMO O NOSO FORNO É PEQUENO E NON NOS CABÍA O MOLDE DENTRO, DECIDIMOS BOTAR A MASA NOS MOLDES DAS MADALENAS, ELES/AS DIXERON QUE ERAN CUP CAKES.... PARA DARLLE UN PUNTO MAIS SOFISTICADO DECORARON O SEU GUSTO....

FOI UN ESTUPENDO TRABALLO EN EQUIPO E ESTABAN BOÍSIMOS!!!!

DEIXAMOS POR AQUI A RECEITA: http://www.pequerecetas.com/receta/bizcocho-de-yogur/

TALLER DE ARTE: ÁRBORES DE OUTONO E CADROS EN PERIÓDICO

ESTAS SEMANAS TRABALLAMOS CON DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS, RASGADO DE PERIÓDICO, ESTAMPACIÓN DE TÉMPERAS CON CORCHOS,  DEBUXO NO PERÓDICO CON CERAS BRANDAS, TRABALLO DAS CORES DO OUTONO, ETC.... EXPERIMENTANDO E CREANDO MEDRAMOS E APRENDEMOS....AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS NOSAS OBRAS DE ARTE....






























viernes, 20 de octubre de 2017

lunes, 16 de octubre de 2017

#mestresdegaliciacontraolume, #nenasenenosmerecemosunfuturosenlume


Mestres/as e nenos/as do CEIP DE RANDUFE, sumámonos á repulsa do acontecido onte...
GALICIA é máxia, tradición, mar, VERDE.....cómo pódese destruir algo tan grande? Hoxe no cole respirábase, tristeza, enfado, impotencia......
ENSINEMOS ÓS NOSOS CATIVOS/AS A COIDAR A NATUREZA

Así ven os nenos/as da clase o que está pasando na súa contorna: