viernes, 30 de enero de 2015

DESEXOS DE PAZ

HOXE É O DÍA DA PAZ.
 LEVAMOS TODA A SEMANA TRABALLANDO NESTE TEMA OU MELLOR NESTA PALABRA TAN BONITA...ESTE ANO NO COLE HOMEAXEAMOS A MALALA, UNHA ESTUDIANTE ACTIVISTA E BLOGUERA PAKISTANÍ, GAÑADORA DO PREMIO NOBEL DA PAZ O  ANO PASADO...SEGURO QUE XA VOS CONTARON COUSAS SOBRE ELA...ESTIVEMOS MOI ATENTOS/AS E INTERESOUNOS MOITO O QUE APRENDIMOS!!!!.
 O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI COÑECELA PARA ÍSTO NAVEGAMOS POLA REDE E MIRAMOS FOTOS, ESCOITAMOS A SÚA HISTORÍA,ETC... XA VOS ENSINAREMOS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS....
COMO FIXO MOI MAL TEMPO HOXE NON PUIDEMOS FESTEXALO COS DEMAIS COMPIS DO COLE... A SEMANA QUE VEN FAREMOS A CELEBRACIÓN OFICIAL...
UN DOS DESEXOS DE MALALA É PODER IR A ESCOLA PARA APRENDER MOITO E SER ALGUÉN DE MAIOR PARA AXUDAR ÓS DEMAIS...AQUÍ VOS DEIXO OS DESEXOS QUE PENSAMOS NÓS...(FALTA O DE PABLO QUE ESTÁ MALITO E NON VIU Ó COLE ESTES DÍAS)...OGALLÁ SE CUMPRAN, NON SI?

lunes, 26 de enero de 2015

INTRES ESPECIAIS....



E DESPOIS DUNHA MAÑÁ TOLIÑA CHEA DE TAREFAS, XOGOS,LETRAS, NÚMEROS,PSICOMOTRICIDADE, RESPONSABILIDADES, RISAS, ENFADOS, ALGÚN QUE OUTRO CHORO, DE AQUÍ PARA ALÁ....CHEGAN ESES INTRES NECESARIOS PARA CANALIZAR TODA ESA ENERXÍA, INTRES DE RELAX QUE NOS ENCANTAN E NOS SENTAN TAN BEN....MIRADE QUE BEN NOS RELAXAMOS HOXE!!!!! XA SOMOS EXPERTOS/AS!!!!

viernes, 23 de enero de 2015

EXPLOSIÓN DE CORES.

HOXE FIXEMOS UN EXPERIMENTO "SUPERCHACHI", DURANTE O PROCESO O PASAMOS XENIAL E PUXEMOS A PROBA A NOSA CREATIVIDADE E A NOSA DESTREZA PARA "PINTAR" MOI SUAVE, ADEMAIS TAMÉN APRENDIMOS UN POUQUIÑO DE CIENCIA.

UTILIZAMOS LEITE, COLORANTES ALIMENTICIOS, PRATOS, XABÓN QUITAGRASAS E BASTONCIÑOS. ESTE FOI O PROCEDEMENTO:

1º VERTEMOS O LEITE NUN PRATO

2º BOTAMOS GOTIÑAS DE COLORANTE

3º MOLLAMOS O BASTONCIÑO NO XABÓN E TOCAMOS AS CORES

QUÉ PASA? AS CORES COMEZAN A MOVERSE E A SEPARARSE...PARECE UNHA EXPLOSIÓN DE CORES!!!!

ADEMAIS DE QUE O LEITE É UN SOPORTE ESTUPENDO PARA A NOSA CREACIÓN, TAMÉN CONSIGUE QUE OS COLORANTES NON SE DISOLVAN POLA GRASA QUE TEN. OS COLORANTES TAMÉN CONTEÑEN GRASAS.

 ESTE EFECTO DÉBESE A QUE O XABÓN É UN REPELENTE DA GRASA.

A EXPERIENCIA ENCANTÓUNOS, NON HAI MAIS QUE VER AS CARAS DE ASOMBRO NO VÍDEO... SEGURO, SEGURO FAREMOS MAIS EXPERIMENTOS!!!! QUÉ DIVERTIDO!!!!







miércoles, 21 de enero de 2015

CUMPLE DE ÓSCAR

HOXE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DUN DOS MOZOS DA CLASE,.ÓSCAR!!!!XA TEN 6 ANOS!!!!LEVA UNHA SEMANA MOI, MOI NERVIOSO E DESEXANDO QUE CHEGARA O SEU DÍA; FOI UNHA MÁGOA, XA QUE FALTARÓN 4 NENAS E NON ESTIVEMOS TODOS/AS...PARECE QUE ANDA UN ANDAZO POLA CLASE...
ESPERAMOS QUE PASARAS  MOI, MOI BEN AMIGO!!!...MOITÍSIMOS PARABÉNS CAMPIÓN!!!!! AQUÍ TES AS TÚAS FOTOS, QUE, POR CERTO, NON LLE GUSTA NADIÑA POSAR PARA FACELAS....JJJ












viernes, 16 de enero de 2015

SOMOS JACKSON POLLOCK

E COMEZAMOS O TRIMESTRE COMO AUTENTICOS ARTISTAS.... ESTA SEMANA COÑECIMOS A POLLOCK, UN PINTOR SUPERFAMOSO QUE UTILIZA UNHA TÉCNICA UN TANTO PECULIAR O GOTEO, SALPICADO OU "DRIPPING".... DESPOIS DE COÑECELO E FALAR SOBRE ÉL E A SUA OBRA EXPERIMENTAMOS CAS CORES E DISTINTAS TÉCNICAS PARA OBTER UN RESULTADO SIMILAR A SÚA OBRA... DISFRUTAMOS E SENTIMOS A ARTE, POTENCIAMOS A CREATIVIDADE E FIXEMOS UN TRABALLO COOPERATIVO....TAMÉN DESCUBRIMOS UNHA APLICACIÓN NA QUE PODÍAMOS PINTAR COMO POLLOCK NO ORDENADOR, AQUÍ A DEIXAMOS PARA QUE O FAGADES NA CASA, SÓ TEDES QUE MOVER O RATO E PINCHAR SE QUEREDES CAMBIAR DE COR, PARA BORRAR DARLLE A BARRA ESPACIADORA
 https://wbx-files.s3.amazonaws.com/jacksonpollock_by_miltos_manetas.swf
ÉSTE É UN EXEMPLO DA SÚA OBRA," NUMBERS" (QUE É 3º CADRO MAIS CARO DO MUNDO, GUAUUU), E O NOSO...QUÉ VOS PARECE?
 UNHA LIGAZÓN NA QUE TEDES INFORMACIÓN SOBRE O PINTOR
E, TACHÁNNNN.....OS ARTISTAS!!!!!! ESES SOMOS NÓS!!!! (CO PERMISO DE POLLOCK, CLARO)

viernes, 9 de enero de 2015

AGASALLOS DOS REIS 2015


OS REIS DEIXARONNOS UNHA SORPRESA....MIRADE QUE CARAS DE ILUSIÓN E QUE BEN O PASAMOS CÓ QUE NOS TROUXERON...

CUMPLE DE AINHOA

AÍNDA QUE SÓ LEVAMOS DOUS DÍAS DE COLE NESTE NOVO ANO...FÓRON DOUS DÍAS INTENSOS... CON CUMPLE INCLUÍDO!!!!
 AINHOA XA TEN 6 ANIÑOS!!!! BUFFFF...CÓMO PASA O TEMPO, ELA É A PRIMEIRA EN FESTEXAR. EN REALIDADE O SEU DÍA É O 10, MAIS COMO MAÑÁ É SÁBADO NON QUIXO ESPERAR Ó LUNS PARA SOPLAR A SÚA VELA DO Nº 6.... AQUÍ DEIXAMOS AS FOTOS DO TEU DÍA...MOITISIMAS FELICIDADES GUAPÍSIMA!!!!!














Qué deben saber os nenos e nenas cando chegan a Primaria?

Aquí deixo un artigo que atopei fai algúns días e có que estou totalmente de acordo....Deixovos a ligazón para que lle botedes unha ollada....
http://www.diariosur.es/sociedad/educacion/201406/20/debe-saber-nino-cuando-20140620131816.html

jueves, 1 de enero de 2015

ACTIVIDADES DE NADAL 2014



E AQUÍ TEDES A PRIMEIRA PUBLICACIÓN DO ANO, UNHA RECOPILACIÓN DE ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NESTE NADAL....HAI UN POUQUIÑO DE TODO ACTIVIDADES DE PLÁSTICA ADICADAS O NADAL, COAS QUE EXERCITAMOS A MOTRICIDADE FINA, RECORTANDO, PEGANDO, ESCRIBINDO, DOBRANDO, ENROLANDO,... E COAS QUE UTILIZAMOS E EXPERIMENTANMOS CON UNHA MOREA DE MATERIAIS COMO LAZOS, PURPURINA, GOMETS, TÉMPERA, ETC...., AS PORTADAS DOS TRABALLOS DO TRIMESTRE, A CARTA DOS REIS, A VISITA DUN CONTACONTOS, DE PAPA NOEL QUE TROUXO AGASALLOS PARA TODOS E.... SEN DÚBIDA A MELLOR DE TODAS .... A SORPRESA DE NICO!!!!! QUE ESTIVO CON NÓS , TODOS O BOTAMOS MOITO DE MENOS....

ASÍ SENTIMOS, INTERIORIZAMOS E VIVIMOS A MAXIA DESTAS DATAS NO COLE.... ESPERAMOS QUE  DISFRUTEDES DAS FESTAS E DESEXAMOS UN MOI, MOI, MOI FELIZ ANINOVO....EN NADIÑA VOLTAMOS Á CARGA!!!!!