domingo, 1 de julio de 2018

RANDUFIÑOS 2015-2018

E CHEGOU O FIN, O FIN DE TRIMESTRE, DE CURSO, DE PROMOCIÓN,  DE ETAPA....CON ESTA PELI QUERO POÑER O  PUNTO E FINAL DESTA VIAXE TAN BONITA E TAN MÁXICA, CHEA DE VIVENCIAS E APRENDIZAXES. ESPERO QUE ESTES 3 ANIÑOS PERMANEZAN NOS VOSOS RECORDOS SEMPRE....FOI UN PRACER ACOMPAÑARVOS. QUÉROVOS MOITO, MOITO, BEA.... SEGUIREI A VOSA PISTA....


miércoles, 27 de junio de 2018

CUMPLE DE CARLOTA M.

O MÉRCORES 19 FOI O CUMPLE DE CARLOTA M. PARA REMATAR CASI O CURSO O CELEBRAMOS NO COLE....O PASAMOS XENIAL!!!!MOITÍSIMAS FELICIDADES AMIGA. ....DISFRUTA DOS 6!!!! AHÍ TES AS TÚAS FOTIÑOS....










jueves, 21 de junio de 2018

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O LUNS ESTIVEMOS TODO O DÍA DE EXCURSIÓN NO GROVE, NO CAMPING "A PAISAXE II" O PASAMOS DE CHUPI, CUNS MONITORES MOI DIVERTIDOS QUE FIXERON UNHA MOREA DE XOGOS CON NÓS....ADEMAIS COMPARTIMOS XORNADA CON NENOS/AS DE OUTROS COLES....AQUÍ DEIXO UNHA PEQUENA REPORTAXE PARA QUE VEXADES O QUE FIXEMOS....PREMEDE NA LIGAZÓN....https://drive.google.com/file/d/1IDb3potcp-CZv1-OJD4vTtvxEQtoYFuD/view?usp=sharing

sábado, 16 de junio de 2018

Pompas...

UN CLÁSICO NESTAS DATAS....ESTABAMOS DESEANDIÑO QUE VIÑERA O SOL PARA PODER SAÍR O PATIO A FACER POMPAS...DIVERSIÓN ASEGURADA!!!!!

GALLETAS "ARCOIRIS"

O LUNS ESTIVEMOS FACENDO ESTAS GALLETAS TAN COLORIDAS PARA CONVIDAR OS NENOS/AS DO CRA QUE PARA O ANO ESTARÁN CON NÓS NA CLASE DE 1º....PASAMOS UNHA MAÑÁ ESTUPENDA PRESENTÁNDONOS, FALANDO DAS COUSAS QUE MAIS NOS GUSTABAN E DAS COUSAS QUE SE NOS DÁN BEN, ENSINÁNDOLLES O COLE E XOGANDO NO PATIO.... ESPERAMOS QUE O PASARAN MOI BEN E QUE TEÑAN MOITAS GANIÑAS DE VIR O NOSO COLE.....

domingo, 10 de junio de 2018

ESCRITURA SIGNIFICATIVA.....

FAI ALGÚNS DÍAS ESTIVEMOS FACENDO ESTAS ACTIVIDADES NO RECUNCHO DAS LETRAS... ESCRIBIMOS PALABRAS APOIANDONOS NO DEBUXO E CUNHA FINALIDADE, ASÍ TRABALLAMOS MOITOS ASPECTOS, COMO A CREATIVIDADE, AS PROPORCIÓNS DO CORPO, PLANTA, VOCABULARIO, RELACIONAR O DEBUXO COAS PALABRAS...ESTES NENOS/AS SEN DÚBIDA, XA SON DE PRIMARIA!!!!

TEATRO EN TUI. LUME

O MÉRCORES ESTIVEMOS NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI DISFRUTANDO DA OBRA DE TEATRO "LUME"...O PASAMOS XENIAL...CANDO REMATOU VOLTAMOS PARA O COLE XA QUE POR MOR DO TEMPO NON PUIDEMOS IR DE PASEO NIN O PARQUE...

lunes, 4 de junio de 2018

EU...

ESTES DÍAS ESTAMOS FACENDO ALGUNHAS COUSIÑAS UN POUQUIÑO MAIS SENTIMENTAIS COA FINALIDADE DE RECORDAR COUSIÑAS DESTA ETAPA TAN BONITA QUE FOI A INFANTIL E SOLVENTAR ALGUNHAS DÚBIDAS QUE TEÑEN SOBRE O CAMBIO DE ETAPA....UNHA DELAS FOI A PROPOSTA DE QUE ME DEBUXARAN, QUEDEI ABRAIADA CÓ RESULTADO, PELO SOLTO, RIZADO, PECAS, PESTAÑAS LONGAS, MOÑO, UNHA MOREA DE DETALLES QUE PENSEI QUE SERÍAN IMPERCEPTIBLES PARA ELES/AS E NON, NON O SON....O QUE MAIS ME GUSTOU, ADEMAIS DO "GUAPA" QUE ME FIXERON TODOS/AS (AÍNDA QUE ALGÚN COA CARA VERDE,JJJJ) E QUE EN TODOS OS RETRATOS TEÑO UN GRAN SORRISO.....

XICES E AUGA...

A SEMANA PASADA EXPERIMENTAMOS CUNHA TÉCNICA MOI SINXELA E DIVERTIDA, PINTAMOS CON XICES MOLLADOS EN AUGA....ESTES NENOS/AS SON UNS GRANDES ARTISTAS!!!!


sábado, 26 de mayo de 2018

PATIO...

O PATIO É UN ESPAZO EDUCATIVO CON MOITO PROTAGONISMO NA NOSA RUTINA DIARIA. NO PATIO, TODA A ENERXIA QUE ACUMULAMOS NA CLASE EXPLOTA E SAE HACIA FORA.... ADEMAIS É UN LUGAR ONDE CONTINUAMOS APRENDENDO A "VIDA"...CANDO ESTAMOS NO PATIO, ACHEGÁMONOS Á NATUREZA, A EXPERIMENTAMOS, A MANIPULAMOS. TAMÉN NEGOCIAMOS, IMAXINAMOS,COMPARTIMOS, COOPERAMOS ESTIMULAMOS O PENSAMENTO E OS SENTIDOS ESTAMOS MAIS RELAXADOS/AS E CON MENOS ESTRÉS, AMPLIAMOS A CAPACIDADE  DE OBSERVACIÓN, ANÁLISIS E RAZOAMENTO....RESPIRAMOS AIRE PURO E DISFRUTAMOS DO TEMPO...O SOL, O VENTO, AS PINGAS DE CHUVIA....PARÉCEME IMPORTANTÍSIMO QUE OS NENOS/AS NESTES TEMPOS QUE VIVIMOS  XOGUEN NO EXTERIOR.




jueves, 24 de mayo de 2018

CUMPLE DE LIDIA

E CÓ CUMPLE DE LIDIA REMATAMOS OS FESTEXOS DE MAIO...MIÑA NAICIÑA, FESTA RACHADA TODO O MES!!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES LIDIA!!!! ESPERAMOS QUE TIVERAS UN BO DÍA, NÓS O PASAMOS XENIAL....AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS!!!!


 









domingo, 20 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018. MARÍA VICTORIA MORENO

POR AQUÍ DEIXAMOS AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO ADICADO A Mª VICTORIA MORENO.
http://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0056/2018-maria-victoria-moreno
E NÓS TAMÉN QUIXEMOS POÑER VOZ A UN FRAGMENTO DUN DOS SEUS POEMAS, "XA NON TEÑO MEDO". UTILIZAMOS UNHA APLICACIÓN MOI CHULA QUE SE CHAMA CHATTERKID E FIXEMOS MAXIA: OS NOSOS DEBUXOS FALAN!!!! FOI MOI DIVERTIDO.... AQUÍ TEDES O RESULTADO!!!!




CUMPLE DE ANTÍA

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, O 17 DE MAIO, ANTÍA ESTIVO DE CUMPLE. COMO NON VIÑEMOS Ó COLE; O DÍA SEGUINTE FESTEXAMOS OS 6 ANIÑOS DA NOSA COMPI...O PASAMOS XENIAL!!! MOITÍSIMOS PARABÉNS COMPI, AHÍ VAI A TÚA PEQUENA HOMEAXE.....









domingo, 13 de mayo de 2018

CUMPLE DE ALEJANDRO

O VENRES FOI O CUMPLE DE ALEJANDRO, XA TEN 6... PASAMOS UNHA MAÑÁ ESTUPENDA E O FESTEXAMOS CUN BISCOITO QUE FOI TODO UN ÉXITO, NON DEIXAMOS NADIÑA.....MOITÍSIMOS PARABÉNS AMIGO!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS...












MAIS GRAFISMOS CREATIVOS....

ENCÁNTANME ESTE TIPO DE ACTIVIDADES....EN CONCRETO,  NO INSTAGRAM DE "ABCEART" DESCUBRÍN ÉSTA...PARECEUME ESTUPENDA PARA REFORZAR DUNHA MANEIRA SINXELA E CREATIVA A MULTITUDE DE TRAZOS QUE XA SABEMOS FACER, LÍÑAS, CURVAS, CÍRCULOS, ZIG-ZAG, ESPIRAIS,....ADEMAIS TAMÉN TÍÑAN QUE CONTROLAR O ESPAZO DEBUXANDO OS TRAZOS NUN ESPAZO MAIS PEQUENO DO QUE ESTÁN HABITUADOS/AS A FACELO....PARA REMATAR DEBUXARON NOUTRA FOLLA UNHA CABEZA, PERNAS E MANS E FORMARON ESTES DEBUXOS TAN SIMPÁTICOS....O RESULTADO NON ME PODE GUSTAR MAIS E A VÓS?

sábado, 12 de mayo de 2018

CUMPLE DE CARLOTA F.

O MÉRCORES ESTIVO DE CUMPLE CARLOTA F., XA TEN 6!!!TODA UNHA MOZA.....MOITÍSIMOS PARABÉNS GUAPÍSIMA!!!! AQUÍ TES AS TÚAS FOTIÑOS!!!









domingo, 6 de mayo de 2018

DÍA DA NAI 2018

MOITAS FELICIDADES MAMIS....ESPERO QUE PASEDES UN  DÍA ESTUPENDO...POR AQUÍ VOS DEIXAMOS O NOSO PEQUENO AGASALLO....

*AS PLANTIÑAS SON ESTRELAS DE BELÉN, PARECE UNHA PLANTA RESISTENTE; SEGURO QUE ELES/AS XA VOS CONTARON QUE GÚSTALLES VIVIR FÓRA E NECESITAN AUGA CANDO FAI CALOR. 


                                          

domingo, 29 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO I. RAZÓNS PARA LER INSPIRADAS EN JACKSON POLLOCK

O LUNS 23 DE ABRIL FOI O DÍA DO LIBRO, PARA TRABALLAR  ESTA DATA ADICAMOS A SEMANA A FACER ACTIVIDADES SIGNIFICATIVAS QUE IMPULSEN O INTERESE, A MOTIVACIÓN, O GUSTO POLOS LIBROS, CONTOS E LECTURA EN XERAL.
UNHA DAS ACTIVIDADES FOI FALAR SOBRE AS RAZÓNS POLAS QUE NOS GUSTAN TANTO OS CONTOS, CADA UN/HA PLASMOU A SÚA PARA DESPOIS FACER UNHA ACTIVIDADE EN COMÚN COS DEMAIS NENOS/AS DO COLE...NA PRÓXIMA ENTREGA O VEREDES....
APROVEITAMOS O TALLER DE ARTE PARA FACELO INSPIRÁNDONOS EN JACKSON POLLOCK UN PINTOR EXPRESIONISTA DO QUE DEIXOVOS POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN PARA QUE O COÑEZADES MELLOR http://arteparaninnos.blogspot.com.es/2013/11/biografia-de-jackson-pollock-para-ninos.html
E ASÍ FOI COMO QUEDARON.....

sábado, 28 de abril de 2018

TEATRO AFUNDACIÓN "ANTÓN COMODÓN" E CASTRELOS. VIGO

O LUNS ESTIVEMOS EN VIGO. DISFRUTAMOS NO TEATRO DA OBRA DE TÍTERES "ANTÓN COMODÓN", QUE, POR CERTO, ENCANTOUNOS.....DEIXO POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN PARA QUE VEXADES UN POUQUIÑO DE QUÉ VAI...ALTAMENTE RECOMENDABLE, POLA TEMÁTICA, POSTA EN ESCEA, ETC.....http://www.estaquirot.com/es/jan-totlifan.php
DESPOIS APROVEITAMOS PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DE CASTRELOS.

domingo, 22 de abril de 2018

ARANSANSAN....

ESTA SEMANA CANTAMOS NA CLASE DE MÚSICA "ARANSANSAN"...QUÉ BEN O PASAMOS!!! POR AQUÍ DEIXO UN ANAQUIÑO.....

PROPOSTAS DE TRABALLO DIVERTIDAS...

POR AQUÍ DEIXO UN EXEMPLO DE COMO OS NENOS/AS DA CLASE ORGANIZÁRONSE PARA FACER COUSIÑAS DEPOIS DE REMATAR UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA....FORÓN ELES/AS OS QUE DECIDIRON AS ACTIVIDADES E OS COMPIS CON QUEN QUERÍAN ESTAR....XA CASE NON FAGO FALLA!!!! XENIAL!!!!!
ENCÁNTANME ESTES INTRES ONDE "ESTOU SEN ESTAR"

ESTA SEMANA PINTAMOS CON CHOCOLATE. TODA UNHA EXPERIENCIA SENSORIAL!!! PUIDEMOS TOCAR, ULIR, PINTAR, MAIS....NON PUIDEMOS PROBAR..... OS PRODUCTOS QUE UTILIZAMOS ESTABAN CADUCADOS....FIXERON UN GRAN ESFORZO POIS TODA A CLASE MAIS O PASILLO ENCHEUSE DUN CHEIRIÑO A CHOCOLATE RIQUÍSIMO....PARA REMATAR LEÍMOS O LIBRO "GÚSTAME O CHOCOLATE" E DESCUBRIMOS POR QUÉ NOS GUSTA TANTO O CHOCOLATE.....

jueves, 19 de abril de 2018

PACO NOGUEIRAS 2018

O MARTES 17, ESTIVO CON NÓS COMPARTINDO OS SEUS CONTOS E MÚSICA, PACO NOGUEIRAS. PASAMOS UNS INTRES MOI DIVERTIDOS....MOITÍSIMAS GRAZAS PACO!!! COMO SEMPRE, ENCANTÓUNOS ESTAR CONTIGO....

domingo, 15 de abril de 2018

Novos Compis de Equipo para o 3º trimestre

Comezamos o trimestre a modiño....o 1º que fixemos foi trocar os compoñentes dos Equipos de traball e, para interiorizalos voltamos a escribir os seus nomes e a debuxalos( a cara ou de corpo enteiro) como eles/as decidiron. Agora os compis axudantes chámanse "miniprofes", un día chameinos así e encantoulles....

Cada un o seu ritmo....Estupendo chicos/as!!!!!

viernes, 6 de abril de 2018

MACEDONIA


FIXEMOS MACEDONIA COAS FROITAS QUE MERCAMOS NO MERCADO DE TOMIÑO. QUEDOU BOÍSIMA!!!! BO TRABALLO EN EQUIPO!!!!!

Día da Poesía 2018



O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía, para este Día dende o Equipo de Biblioteca propúxose traballar este xénero con o 2º Certame Poético.... Os nenos/as de Primaria aprenderon moito e convertíronse en expertos/as Poetas e Poetisas. Despois  léron as súas creacións entre os diferentes  grupo,s aproveitando o aire e sol que facía ese día.

Saída a Tomiño. Panadería Camiño Novo e Mercado Municipal



QUE TAL ESAS VACACIÓNS? XA CASI ESTÁN REMATANDO..... ESPERO QUE O ESTEDES PASANDO MOI MOI BEN, AÍNDA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑA......DESPOÍS DUNS DÍAS DE DESCONEXIÓN E DESCANSO COMEZO A PUBLICAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA REMATAR O 2º TRIMESTRE.

O PRIMEIRO, A SAÍDA A TOMIÑO, ONDE O PASAMOS XENIAL NA PANADERÍA CAMIÑO NOVO, MOITAS GRAZAS MARCOS POR ATENDERNOS TAN BEN, E Ó MERCADO TAN CHULO QUE TEÑEN OS NOSOS VECIÑOS...GRAZAS TAMÉN OS CONCELLEIROS/AS DO CONCELLO QUE NOS ACOMPAÑARON NA VISITA E OS PARCEIROS/AS. AHÍ VAI UN RESUMO DESTA XORNADA.

sábado, 24 de marzo de 2018

A bonequiña de Antía xa apareceu!!!!


  
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE COLABORASTEDES NA SÚA BÚSQUEDA.!!ATOPOUNA ALEJANDRO NO BAUL DOS XOGUETES DO PATIO....

Debuxos de Papá...

O luns, día do Pai, tamén estivemos falando dos nosos papás, como son, qué nos gusta facer con él, fixemos pequenas descripcións e lle adxudicamos un adxetivo...Así quedaron de guapos...vos recoñecedes?....

lunes, 19 de marzo de 2018

domingo, 18 de marzo de 2018

sábado, 17 de marzo de 2018

Grafismos Creativos



Traballamos a grafomotricidade dun xeito creativo...mirade que artistas!!!

CUMPLE DE XIANA

ESTA SEMANA FESTEXAMOS O CUMPLE DE XIANA, XA 6!!!! PASAMOS UNHA MAÑÁ ESTUPENDA FACENDO O QUE ELA ELEXIU...O PASAMOS SUPERBEN!!!!MOITAS FELICIDADES!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS....