domingo, 24 de marzo de 2013

Somos churreir@s!!

Os nenos e nenas de infantil, vivimos un venres pre-vacacional moi especial, convertímonos en churreiros  Fixemos a masa, amasamos desfrutando a tope facendo boliñas, probando novas texturas, manchándonos sen que ninguén nos rifase, porque para aprender e vivir as experiencias ao máximo, hai que experimentar mancharse, mollarse e explotar todas as posibilidades que nos ofrece o momento... E despois o momento máis esperado, comemos os churros con un delicioso choclolate. Os nenos e nenas de infantil mándanlle un saúdo moi especial a Ángel e Roberto, que nos fixeron un chocolate e uns churros deliciosísimos!! Grazas!!

1 comentario :

  1. Qué bien que lo pasamos!!!!!! y nos pusimos las botas....... Genial!!!!!!

    ResponderEliminar