miércoles, 28 de diciembre de 2016

MAIS COUSIÑAS DE NADAL....


E REMATO CON ESTA ENTRADA AS ACTIVIDADES DE NADAL.....QUE DESPIDADES BEN O ANO E QUE O QUE VEN SEXA AÍNDA MELLOR....FELIZ ANO!!!!!

PORTADAS DO TRABALLO FEITO EN PAPEL NESTE TRIMESTRE....


TAREFA REALIZADA PARA POÑER DE PORTADA NOS TRABALLIÑOS DESTE TRIMESTRE....UTILIZAMOS MOITOS MATERIAIS: CARTULINA, WASHI TAPE, TÉMPERA, ESPONXAS, PURPURINAS, GOMA EVA, GOMETS..... QUEDARON MOI BONITAS!!!!

viernes, 23 de diciembre de 2016

DESEXOS DE NADAL



ESTE ANO FIXEMOS COMO ADORNO DE NADAL UNHA BOLA DE NEVE CASEIRA, UTILIZAMOS UN BOTE DE CRISTAL, AUGA, GLICERINA LÍQUIDA, PURPURINA E UNHA FOTO PLASTIFICADA....QUEDOU MOI CHULA!!!

TAMÉN FALAMOS DE QUE O NADAL É UNHA ÉPOCA MÁXICA E PEDIMOS DESEXOS A NOSA BOLA MÁXICA....SE VOS FIXAIS, PENSO QUE SERVIU O QUE FALAMOS NA CLASE SOBRE ESTE TEMA, NINGÚN PEDIU DESEXOS MATERIAIS, TOMADE NOTA!!!!....

FALTAN OS DESEXOS DE AINARA E LEILA, QUE SON UN POUCO "SECRETOS" E PARECEUME QUE NON LLES GUSTARÍA QUE OS COMPARTISE CANDO LLES PREGUNTEI, ASÍ QUE PREFERÍN GARDAR A SÚA INTIMIDADE...

APROVEITO PARA DESEXARVOS UN BO NADAL E, CÓMO NON, ESPERO QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE CUMPRAN....UN BIQUIÑO MOI GRANDE!!!!






miércoles, 14 de diciembre de 2016

MATES DIVERTIDAS



AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE COMO TRABALLAMOS AS MATES DE FORMA MANIPULATIVA...DE ESTA FORMA OS NENOS/AS VAN ADQUIRINDO POUCO A POUCO CONCEPTOS, OPERACIÓNS,....CASE  SEN DARSE CONTA....

PLANTAMOS OS CHÍCHAROS NA HORTA



PARA REMATAR A ACTIVIDADE DO DÍA DA CIENCIA PLANTAMOS OS CHÍCHAROS NA HORTA DO COLE.... DENDE AQUÍ DAMOS AS GRAZAS Ó PROFE SUSO POR ACOMPAÑARNOS.....ESPEREMOS QUE MEDREN MOITÍSIMO!!!!!

jueves, 8 de diciembre de 2016

INICIÁMONOS COS TRASVASES....



TRASPASAR SUSTANCIAS OU COUSAS...ESTIMULA O DESENROLO DA COORDINACIÓN MUSCULAR, O CAL RESULTA DE GRAN UTILIDADE Á HORA DE COMER, SERVIR ALIMENTOS A OUTRA PERSOA OU A UN MESMO/A, COCIÑAR...TAREFAS COTIDIANAS DA VIDA PRÁCTICA

ASÍMESMO, ESTES EXERCICIOS ADESTRAN A MUSCULATURA PARA UNHA MANIOBRA BASTANTE MAIS COMPLEXA: A ESCRITURA....http://montessoriparatodos.es/blog/vida-practica-montessori-trasvases/

NÓS ESTAMOS AÍNDA COMEZANDO...PROBANDO ALGUNHAS TÉCNICAS....SEGUIREMOS TRABALLANDO E EXPERIMENTANDO....E VOS SEGUIREMOS INFORMANDO....ADEMAIS DE SER UNHA ACTIVIDADE MOI COMPLETA, O PASAMOS XENIAL!!!!!