sábado, 29 de junio de 2013

Fin de curso 2013

O venres 21 de xuño rematamos o curso cunha festa moi especial.... Todos estabamos moi nerviosos porque a festa que estaba programada era unha festa de auga,... Por íso, trouxemos traxe de baño, chanclas, toalla.... O tempo non nos acompañou, facía moito frío, así que decidimos poñer o punto final cunha gran festa de cumple ( dos nenos e nenas que naceron en verán).... A diversión estivo asegurada, con merendola, xogos no patio e maquillaxes.... Dende aquí desexamos a todos/as un feliz verán!!! Vémonos en Setembro .......

miércoles, 26 de junio de 2013

Vídeos de Mundo pirata...

O prometido é débeda.... Aquí están algúns vídeos da estupenda mañá que pasamos en Mundo Pirata Park!!!....

domingo, 9 de junio de 2013

Creamos...


Xa fai algún tempo que non publicamos exemplos dos traballiños que facemos na clase, a verdade e que estamos moi liados.... Que si saídas, talleres, horta, vídeos.... Xa cheira a fin de curso.... Uffff , qué rápido pasou..... Nesta semana estivemos experimentando có cartón e os tubos de papel hixiénico... Aínda non rematamos e tampouco temos fotos de todo o proceso para que o vexades pero o resultado gustounos tanto que o utilizaremos para as portadas dos traballiños deste trimestre... A ver que opinades vos!!!!

domingo, 2 de junio de 2013

Traballando na horta...


Como vedes estamos que non paramos, churreiros, xardineiros, recicladores, músicos, cantantes,..... E    agora tamén labregos... O venres estivemos traballando na horta do cole... Nesta ocasión plantando LEITUGAS e tomates... Aínda que algúns non quixemos mancharnos moito coa Terra, o fixemos estupendamente.... Esperamos que prendan e medren moito, moito... Faremos todo o posible para que así sexa...