viernes, 27 de diciembre de 2013

Actividades de Nadal

Estas son algunhas das actividades que fixemos para ó Nadal.... Non están todas e tampouco fixen moitas fotos, por íso algúnhas non están rematadas no vídeo..... Estas últimas semanas do trimestre estivemos moi ocupados, cine, contacontos, grabación da mensaxe.....e avaliacións, carpetas, notas, .....sen dúbida necesitábamos vacacións,!!!! Aínda así, aquí tedes a derradeira montaxe do ano.... Esperamos que despidades ben o 2013, e entredes con bó pe no 2014 para que se cumplan todos os vosos SOÑOS..... Un biquiño grande,!!!


martes, 24 de diciembre de 2013

Días de cine.... O PEQUENO MAGO

E como colofón ó trimestre....todo o cole foi o cine!!! A peli: O pequeno mago, unha producción do tudense Roque Cameselle, baseada na historia de Dubidoso, un neno que vive en Tui na Idade Media e que cós seus trucos de maxia salva ó pobo duns piratas.... Dende aquí queremos agradecer a presencia do director da peli no cole, que nos fixo un oco na súa apretada axenda para explicarnos todo sobre a peli....
Aquí vos deixo o trailer da peli e as fotos da experiencia:



viernes, 20 de diciembre de 2013

CUMPLE DE MARTINA

Aínda que o seu cumple é o día 24 de DECEMBRO, hoxe o FESTEXAMOS no cole... Ahí vai o noso agasallo compi.... PARABÉNS MARTINA,!!


jueves, 19 de diciembre de 2013

Mensaxe de Nadal.....



Este é o noso pequeño agasallo de Nadal.... o fixemos con moito agarimo.... Esperamos que vos guste!!!!! Felices Festas!!!!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

CONTACONTOS

Hoxe disfrutamos cun CONTACONTOS estupendo..... Paulo e Almudena deleitarónnos coa súa actuación....o pasamos moi ben porque eles fóron moi divertidos, cantamos, bailamos, e escoitamos CONTOS como o de un neno que se chama Lucas e tiña moitas ganas de facer pis a noite que viñeron os Reis Magos, tamén inventarónse unha historia con palabras que nós lles dixemos,  unha delas era Chisco, o noso ratiño da biblioteca, así que agora xa sabemos moitas cousas do noso amiguiño.... Gracias amigos por estes intres e gracias ANPA por este agasallo tan especial!!!!



viernes, 6 de diciembre de 2013

XA CHEGA O NADAL !!!!

Xa queda nadiña para rematar o trimestre e disfrutar das festas.... Este ano no cole queremos dar a benvida ó Nadal dun xeito moi especial...Na entrada xa está colocada a árbore, unha árbore cuns adornos un tanto peculiares.... Son fotos de todos e todas os mestres cando éramos nenos/as.... Animádevos a participar no concurso de adiviñar quen es quen.... Só tedes que coller unha papeleta na Caixa que está a carón da árbore e recheala ( número da foto e nome do mestre/a ).... Os nenos/as xa están facendo a súas apostas,!!!! No blogue tamén podedes poñer os vosos comentarios!!!... Este Nadal XOGAMOS a adiviñar......


jueves, 5 de diciembre de 2013

RETRATOS

Estes son uns retratos que fixemos no comezo do trimestre e aínda non vos ensinamos.... A qué quedamos moi guapos/as???


lunes, 2 de diciembre de 2013

ARTE E CREATIVIDADE


NO TALLER DE ARTE EXPERIMENTAREMOS Ó LONGO DO CURSO COAS DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS... NESTA OCASIÓN UTILIZAMOS TÉMPERAS DE CORES DE OUTONO E CORCHOS DE BOTELLA.... ÉNCANTANNOS ÉSTAS ACTIVIDADES NAS QUE DESENROLAMOS A CREATIVIDADE E FAMILIARIZÁMONOS CON MOITOS MATERIAIS.....