sábado, 27 de septiembre de 2014

viernes, 26 de septiembre de 2014

AREA, AREA E MAIS AREA....



E COMO O ANO PASADO VIÑERON A REPOÑER A AREA DO AREEIRO.... EN CANTO MIRAMOS O CAMIÓN POLA FIESTRA NON PUIDEMOS RESISTIRNOS A SAIR PARA NON PERDER DETALLE, E COMO NON A COLABORAR CÓS OPERARIOS DO CONCELLO.... DESPOIS NA CLASE ESCRIBIMOS AS PALABRAS "AREA E CAMIÓN" E O DEBUXAMOS COMO UNS AUTÉNTICOS PROFESIONAIS.... AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS!!!!!

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Cumple de Andrea

Onte festexamos o primeiro cumple do curso...Andrea xa ten 5 anos!!!!! Para a merendola trouxo unha tarta de chocolate con coelliño incluído.... non podía ser menos xa que a nosa compi é toda unha experta nestes animaliños!!!! aquí deixamos unhas fotiños de recordo para ela.... Moitas felicidades Andrea!!!!!


Andrea de debuxo....
                                                                                 
Agasallo para Andrea... "Caixa de recordos"





sábado, 20 de septiembre de 2014

Escribo Á miña maneira porque estou aprendendo....

Atopei este artigo que ten moito que ver có que falàbamos o outro día na reunión...paga a pena que lle botedes unha ollada.... Moi, moi interesante.....
http://blogs.elpais.com/escuelas-en-red/2014/09/mama_escribo_a_mi_manera_porque_estoy_aprendiendo.html

PRIMEIRAS ACTIVIDADES



AQUI TEDES A PRIMEIRA ENTREGA!!!! UN RECOPILATORIO COAS PRIMEIRAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NESTES PRIMEIROS DÍAS....

TAMÉN ASISTIMOS A UN ESTUPENDO ESPECTÁCULO DE SOMBRAS E MAXIA A CARGO DOS TÍOS DE RAQUEL DA CLASE DE 4 ANOS..UNHA AUTENTICA PASADA!!!! MOITAS GRACIAS AMIGOS!!!!  O COLE ESTÁ ABERTO PARA VÓS, O PASAMOS XENIAL!!!!


viernes, 12 de septiembre de 2014

INAUGURAMOS O CURSO 2014/15....



E PASADOS ESTES  PRIMEIROS DÍAS XA PODEMOS COMEZAR A PUBLICAR COUSIÑAS... PARA QUENTAR MOTORES AQUÍ VOS DEIXAMOS A NOSA PRESENTACIÓN OFICIAL DO NOVO CURSO....

E COMO SEGURO QUE XA SABEDES ESTAMOS TODOS E TODAS UN POUQUIÑO TRISTES XA QUE O NOSO SUPER-COMPI NICO MARCHOU PARA OUTRO COLE...

XA SABES NICO, QUE SEMPRE FORMARÁS PARTE DESTE GRAN EQUIPO DOS RANDUFIÑOS E  QUE CANDO QUEIRAS PODES VIR A VISITARNOS, ESPERAMOS QUE TEÑAS MOITA SORTE NA TÚA NOVA ANDAINA E QUE SEXAS MOI, MOI FELIZ.... UN BIQUIÑO ENORME PARA TI E PARA OS TEUS PAPIS.....


miércoles, 10 de septiembre de 2014

Primeiras novas!!!!

                                         Primeiro día SUPERADO!!!!!....
 Viñemos todos e todas con moita enerxía.... e tamén moi maiores!!!! (e moi, pero que moi faladeiros!!!!!!
Agora si que si arrincamos motores!!!!
Só recordarvos que o vindeiro MARTES 16, ás 15:45h. teremos coas familias a Reunión de Inicio de Curso...
Para as primeiras publicacións do blogue teredes que esperar un pouquiño xa que algún/ha de nós aínda está de vacacións e non volvemos ata a semana que ven....
Sen mais, dámosvos a benvida á este novo curso 2014/15.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS "CASE" DE VOLTA.....

Ola a todos e todas!!!! Qué tal fóron esas vacacións?? Seguro qué o pasachedes xenial , non si??....
 Agora xa non queda nadiña para voltar ó cole... O MÉRCORES 10 comezamos!!!
 Todos os Mestres xa estamos preparando todo para que o primeiro día estea todo a punto...
 Xa teño moitas ganiñas de vervos a todos/as e de arrincar o derradeiro curso de Educación Infantil....UFFF... Cómo pasa o tempo!!!...Espero que este ano escolar veña cargadiño de ledicia, soños, experiencias, retos, sorpresas, aprendizaxes, e.... Un sen fin de cousas mais!!!
FELIZ VOLTA Á ESCOLA!!!