martes, 13 de febrero de 2018

FESTA DE ENTROIDO 2018. O MONTE


POR AQUÍ DEIXO UNHA PEQUENA REPORTAXE DO DÍA DA FESTA DE ENTROIDO....

GRAFISMOS:ESPIRAIS. PENSAMOS E DEBUXAMOS O NOSO DISFRAZ


TRABALLO PREVIO Ó DIFRAZ DE CARACOL

NOS DIVERTIMOS NO ENTROIDO....


ISTO SI QUE SI É O VERDADEIRO ENTROIDO!!!! NO SEU SENTIDO MAIS SINXELO, O ENTROIDO SIGNIFICA PODER TROCAR DE IDENTIDADE, PODER ELEXIR A PERSOAXE NA QUE TE QUERES CONVERTIR DURANTE UN TEMPO...OS ADULTOS SOMOS, A MAIORÍA DAS VECES OS QUE DECIDIMOS OS DISFRACES, SEN DAR O   NENOS/A A OPORTUNIDADE DE DECIDIR...É POR ÍSO, SEMPRE NA AULA TEÑO UN RECUNCHIÑO CON DISFRACES, SOMBREIROS, PERRUCAS, MAQUILLAXES...PARA QUE ELES/AS FAGAN A SÚA PROPIA CELEBRACIÓN, DE MANEIRA LIBRE E AUTÓNOMA....!QUÉ BEN O PASAMOS!

Chisco-Ordes. Entroido 2018


AQUÍ TEDES A 1º ENTREGA DO ENTROIDO, AS CHISCO-ORDES!!! FOI UNHA SEMANA TOLIÑA DE TODO....

sábado, 10 de febrero de 2018

CUMPLE DE LEILA

O PASADO LUNS FESTEXAMOS O CUMPLE DE LEILA, XA 6!!! O PASAMOS MOI BEN...MOITÍSIMAS FELICIDADES GUAPÍSIMA!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS.....









sábado, 3 de febrero de 2018

Día da Paz 2018

Este ano para o Día da Paz traballamos de maneira cooperativa todo o centro, por parellas de cursos, e tendo como eixe central o medioambiente despois do acontecido nos nosos bosques cos incendios. Así, coñecimos a figura de Wanghari Mattai, unha ecoloxista keniana que obtivo o Premio Nobel da Paz no 2004, pola súa contribución ó desenrolo sostible, a democracia e a Paz.
 Nós, traballamos cos nenos/as de 5º, nós a parte mais plástica e os maiores a parte de investigar as características da árbore, nome científico, etc....Cada parella "plantou" unha especie, a nosa é unha aciñeira, unha aciñeira cargadiña de palabras e mensaxes bonitas. Entre todo o cole e baixo o lema "Aloumiña o monte, sementa paz" enchemos os corredores de árbores bonitas e mensaxes de paz.
Como sempre digo...a Paz a traballamos todos os días e non debería de ser algo illado...penso nas moitas barbaridades que se escoitan nas noticias hoxe en día, nenos/as con armas nas súas escolas, homes que secuestran, violan e matan a chicas, secuestros, maltratadores, atentados, maltrato animal.......ufffff!algo vai mal....dende infantil a secundaria todos os días do ano debemos traballar a empatía, a asertividad, a resiliencia, a autoestima, a frustración, debemos axudar ós nosos nenos/as a ser boas persoas, o respeto....Ésta é a clave para acabar con este tipo de feitos e os nenos/as son o futuro....