sábado, 25 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

COMO SABEDES. ESTE ANO A FESTA DO ENTROIDO FOI UN POUQUIÑO DIFERENTE, XA QUE EN VEZ DE VIR DISFRAZADOS E FESTEXAR ESTA FESTA O QUE FIXEMOS NO COLE FOI UN FESTIVAL DE CINE EN TODA REGRA.....TODOS E TODAS ATAVIADOS COAS NOSAS MELLORES GALAS DISFRUTAMOS DA PROXECCIÓN DOS MUSICAIS, CURTAMETRAXES, OBRAS DE TEATRO, BAILES QUE PREPARAMOS CON  MOITO ESFORZO DURANTE ESTE MES....TODO RESULTOU XENIAL E NON FALTOU DETALLE, PHOTHOCALL, ALFOMBRA VERMELLA, ENTREGA DE PREMIOS "RANDUFERS", MERENDOLA, E FESTA RACHADA...DEIXO POR AQUÍ O VÍDEO DO NOSO MUSICAL "GREASE" E O "MANIQUÍ CHALLENGE" DOS MESTRES.
A ENTRADA DAS FOTOS DO DÍA ESPERO PUBLICALA A SEMANA QUE VEN, XA QUE TIVEN ALGÚNS "PROBLEMIÑAS TÉNICOS"....E OS TRABALLOS DOS DEMAIS CURSOS SEGURO QUE OS PUBLICARÁN NO BLOGUE DO COLE, ESTADE ATENTOS/AS...


ORDES DO MECO 2017

COMEZA O ENTROIDO!!!! DISFRUTADE...

domingo, 19 de febrero de 2017

SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE



CO GAIO DO DÍA DOS ENAMORADOS, O 14 DE FEBREIRO QUE FOI ESTE MARTES...APROVEITAMOS A SEMANA PARA TRABALLAR O AMOR....FIXEMOS UNHA MOREA DE COUSAS. PARTIMOS DE ALGÚNS CONTOS MOI BONITOS QUE TRATAN ESTE TEMA E FALAMOS, FALAMOS MOITO, FOI UNHA SEMANA CHEA DE FILOSOFÍA...MAIS COMO É MELLOR VIVILO QUE CONTALO, AQUÍ VOS DEIXAMOS A REPORTAXE....ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E SEN DÚBIDA SEGUIREMOS TRABALLANDO ENTORNO Ó TEMA....XA QUE CON AMOR E AGARIMO FUNCIONA TODO MELLOR, NON SI?

domingo, 12 de febrero de 2017

Mates manipulativas, Traballo cooperativo....


Este é un exemplo de unha actividade moi completiña para traballar o pensamento matemático....ademais de comprobar, clasificar, repartir, ordenar,etc....fixemos un traballo cooperativo en toda regra.... traballamos  moito e o pasamos xenial!!!!

"Caras"


ESTE É UN DOS XOGOS CASEIROS QUE ESTE TRIMESTRE NOS ESTÁ GUSTANDO MOITO...É MOI SINXELO MAIS DÁ MOITO XOGO...MIRADE, MIRADE.....

Cumple de Leila


O venres pasado festexamos o cumple de Leila, xa é toda unha mullerciña!!!, 5 aniños!!!!

 Aínda que colleunos desprevenidos, xa que estivo maliña os días anteriores, ó final puidemos facer a festa en condicións, eso sí en 2 días!!!!!....Moitísimos parabéns preciosa!!!!!

domingo, 5 de febrero de 2017

MAIS COUSIÑAS QUE FIXEMOS O DÍA DA PAZ....

COMO XA VOS CONTAMOS NA ENTRADA ANTERIOR, ESTE ANO TRABALLAMOS PARA O DÍA DA PAZ O CONTO "O PRINCIPIÑO", COMO ACTIVIDADE GLOBALIZADA PARA TODOS OS CURSOS....
EN REALIDADE ESTE CONTO É UNHA FÁBULA PARA MAIORES, MAIS TAMÉN A PODEN LER OS NENOS/AS, A TRAVÉS DESTE CONTO TRABALLAMOS O VALOR DA AMIZADE, DA LEALTADE E TAMÉN O EGOÍSMO DOS MAIORES...REPRESENTA QUE O ESENCIAL É INVISIBLE A SIMPLE VISTA....É UNHA HISTORIA EN FORMA DE METÁFORA MOI APROPIADA PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ, E AÍNDA QUE A PELI QUE TAMÉN MIRAMOS, ESTA ADAPTADA PARA OS NENOS/AS, PENSO  QUE PARA OS MAIS PEQUENOS/AS É UN POUQUIÑO DIFÍCIL DE ENTENDER....
POR ÍSO, OCURRIUSEME A IDEA DE QUE OS NENOS/AS  VISIONARAN E PENSARAN EN OUTRAS REALIDADES QUE HOXE ESTAN Á ORDE DO DÍA, REALIDADES QUE SAEN TODOS OS DÍAS NO TELEDIARIO...QUERÍA QUE "SE PUXERAN NA PEL"  DOUTROS NENOS/AS QUE VIVEN NA GUERRA, QUE TEÑEN QUE ESCAPAR DAS SÚAS CASAS, PAÍSES, QUE PASAN FAME, QUÉ VIVEN ENTRE BOMBAS, SANGUE, ETC....PARA ISTO, MIRAMOS E ESCOITAMOS UNHA CANCIÓN QUE TANTO A LETRA COMO SOBRE TODO AS IMAXES SON MOI EXPLÍCITAS....A PARTIRES DE AHÍ XURDIU UNHA CHARLA E A VERDADE QUE SORPRENDERÓNME OS RAZONAMENTOS QUE SAÍRON, ANALIZAMOS UNHA POR UNHA AS IMAXES E FALAMOS SOBRE O TEMA...PENSO QUE FOI MOI SIGNIFICATIVO PARA ELES....
DESPOIS FIXEMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES SIMBÓLICAS PARA DEFENDER A PAZ.
DEIXO POR AQUÍ A CANCIÓN E DESPOIS O VÍDEO DAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS....





viernes, 3 de febrero de 2017

Semana de Paz 2017



O luns 30 de Xaneiro conmemórase o Día da Paz...como sempre digo, non debería de existir un Día específico para celebrar este motivo....todos os Días deberían ser Días de Paz!!!!algo que parece que neste mundo no que vivímos está un pouco esquecido....

Este ano dende o Equipo de Convivencia Escolar xurdiu a proposta de traballar "O Principiño" en tódolos cursos e así traballar tamén os valores que esta gran obra transmite....para achegar ó alumnado ó mundo do seu protagonista visionamos a PELÍCULA...Aquí vos deixo a reportaxe do moito que traballamos en equipo e do acto do Día da Paz.