jueves, 26 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017


O MARTES 24 DE OUTUBRO FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PARA CELEBRALO FIXÉRONSE ALGUNHAS ACTIVIDADES SIGNIFICATIVAS E QUE DERÓN PROTAGONISMO Á NOSA BIBLIOTECA...O PRIMEIRO VISIONAMOS UN POWER POINT CUNHA MENSAXE MOI BONITA SOBRE OS CONTOS E A LECTURA, TAMÉN ESCOITAMOS UN CONTO QUE ESTABA APOIADO POR IMAXES, TITULÁBASE "LEÓN DE BIBLIOTECA" E PARA REMATAR PUXÉRONSE EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS. A PARTIRES DESTA SEMANA CADA NENO/A LEVARÁ UNHA MOCHILA A SÚA CASA POR UN TEMPO DE 7 DÍAS, HAI UNHA MOCHILA PARA CADA CLASE CON CONTIDOS DIFERENTES E ADAPTADOS AS IDADES DE CADA CURSO. VAI TODO EXPLICADIÑO DENTRO DE CADA MOCHILA...

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA ESPERAMOS QUE AS COIDEDES E DISFRUTEDES MOITO DA LECTURA EN FAMILIA.....

BOTE PARA AS CASTAÑAS DO MAGOSTO


MAÑÁ FESTEXAMOS O MAGOSTO....ESTA SEMANA ESTIVEMOS FACENDO O BOTE PARA BOTAR AS CASTAÑAS QUE ÍMOS COMER...COMO ESTAMOS MOI PRETO DO SAMAÍN DECIDIMOS CREAR COS BOTES DE LEITE FORRADOS DE PAPEL CHAROL UNS MONSTRUIÑOS MOI DIVERTIDOS...A VERDADE QUE NON DÁN MOITO MEDO MAIS QUEDARON CHULÍSIMOS!!!!!

domingo, 22 de octubre de 2017

TALLER DE COCIÑA: "CUP CAKES ESPECIAIS"



ESTE VENRES A NOSA RECEITA ESPECIAL FOI A DO COÑECIDO BISCOITO DE YOGUR....MAIS COMO O NOSO FORNO É PEQUENO E NON NOS CABÍA O MOLDE DENTRO, DECIDIMOS BOTAR A MASA NOS MOLDES DAS MADALENAS, ELES/AS DIXERON QUE ERAN CUP CAKES.... PARA DARLLE UN PUNTO MAIS SOFISTICADO DECORARON O SEU GUSTO....

FOI UN ESTUPENDO TRABALLO EN EQUIPO E ESTABAN BOÍSIMOS!!!!

DEIXAMOS POR AQUI A RECEITA: http://www.pequerecetas.com/receta/bizcocho-de-yogur/

TALLER DE ARTE: ÁRBORES DE OUTONO E CADROS EN PERIÓDICO

ESTAS SEMANAS TRABALLAMOS CON DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS, RASGADO DE PERIÓDICO, ESTAMPACIÓN DE TÉMPERAS CON CORCHOS,  DEBUXO NO PERÓDICO CON CERAS BRANDAS, TRABALLO DAS CORES DO OUTONO, ETC.... EXPERIMENTANDO E CREANDO MEDRAMOS E APRENDEMOS....AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS NOSAS OBRAS DE ARTE....






























viernes, 20 de octubre de 2017

lunes, 16 de octubre de 2017

#mestresdegaliciacontraolume, #nenasenenosmerecemosunfuturosenlume


Mestres/as e nenos/as do CEIP DE RANDUFE, sumámonos á repulsa do acontecido onte...
GALICIA é máxia, tradición, mar, VERDE.....cómo pódese destruir algo tan grande? Hoxe no cole respirábase, tristeza, enfado, impotencia......
ENSINEMOS ÓS NOSOS CATIVOS/AS A COIDAR A NATUREZA

Así ven os nenos/as da clase o que está pasando na súa contorna:













sábado, 14 de octubre de 2017

PLANTAMOS BULBOS

ESTA SEMANA XOGAMOS A SER XARDIÑEIROS/AS. PLANTAMOS BULBOS DUNHA PLANTA DE EXTERIOR QUE SE CHAMA ESTRELA DE BELÉN... CONTAMOS COA AXUDA DA PROFE CARI QUE É UNHA EXPERA EN ESTES TEMAS....ESPERAMOS QUE CÓS NOSOS COIDADOS E MIMIÑOS MEDREN MOITÍSIMO.....

GRAFISMOS CUNHA FOLLA DE OUTONO...


CON ESTA ACTIVIDADE TRABALLAMOS A GRAFOMOTRICIDADE, A ATENCIÓN, AS CORES, A PRECISIÓN, A ATENCIÓN E DESTREZA NO OUTONO, AÍNDA QUE POR AQUÍ AÍNDA NON APARECEU......QUÉ CALOR!!!!

domingo, 8 de octubre de 2017

TALLER DE COCIÑA. GALLETAS DE NUTELLA


COMEZAMOS CÓ TALLER DE COCIÑA. TENTAREI QUE TODOS OS VENRES FAGAMOS ALGUNHA RECEITIÑA.... A PRIMEIRA FOI MOI SINXELA, GALLETAS DE NUTELLA CON 3 INGREDIENTES...O PRIMEIRO ESCRIBIR O QUE NECESITAMOS PARA FACELAS, DESPOIS.,....
A COCIÑAR!!!! DEIXO POR AQUÍ A LIGAZÓN COA RECEITA: http://www.pequeocio.com/como-hacer-galletas-faciles-3-ingredientes/ POR SI QUEREDES PROBAR NA CASA...ANIMÁDEVOS A COCIÑAR CON ELES/AS....SEN DÚBIDA É UNHA ACTIVIDADE MOI COMPLETIÑA.....

XOGAMOS A ADIVIÑAR....QUÉN SON?


NECESITÁBAMOS UN ESPAZO NOVO PARA POÑER AS MOCHILAS, XA QUE ALGUNHAS SON GRANDES E XA NON NOS CABÍAN NA CAIXA QUE UTILIZAMOS ATA AGORA, ASÍ QUE PENSEI EN REUTILIZAR UN PERCHEIRO QUE  TEMOS NO CORREDOR  QUE NON O USA NINGUÉN. PARA PERSOALIZALO UTILIZAMOS AS FOTOS DE PARTES DO CORPO DE CADA UN/HA...ELES/AS ELEXIRON QUE PARTE QUERÍAN FOTOGRAFIAR E NON LLES DIXERON ÓS DEMAIS...ASÍ LOGO XOGAMOS A VER SE SABÍAN DE QUÉN ERA CADA PARTE.... ALGÚNS DUDABAN....A VER SE VÓS ACERTADES? A NÓS RESULTOUNOS MOI DIVERTIDO!!!!

TALLER DE ARTE. YAYOI KUSAMA


UN DOS RECANTOS DE TRABALLO DOS LUNS VAI SER UN TALLER DE ARTE...CADA SEMANA NO RECANTO DE PLÁSTICA FAREMOS ACTIVIDADES QUE NOS PERMITAN UTILIZAR DIFERENTES TÉCNICAS, DESENROLAR A CREATIVIDADE, COÑECER   ARTISTAS, IMITAR ALGUNHAS OBRAS COÑECIDAS, ETC....

 PARA COMEZAR ACHEGÁMONOS A ARTE CONTEMPORÁNEA DE YAYOI KUSAMA, UNHA ARTISTA JAPONESA CUNHAS PRODUCCIÓNS QUE CONECTAN MOI FACILMENTE CÓS NENOS/AS DEBIDO A SÚA SENCILLEZ...DEIXO POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN PARA QUE A COÑEZADES MELLOR.....

http://arteparaninnos.blogspot.com.es/2017/01/el-arte-ingenuo-de-yayoi-kusama.html

SOMOS UNS/HAS ARTISTAS, NON SI?

domingo, 1 de octubre de 2017

Visita de Anxo Fariña


Esta semana disfrutamos da Primeira visita á nosa estupenda Biblioteca....Anxo Fariña estivo con nós durante unha  xornada...Escritor, diseñador, ilustrador... conta cunha morea de publicacións que dende Infantil a 6º de Primaria investigamos, coñecimos, límos, traballamos.....a maioría das súas obras as temos no cole...Foi moi divertido ver como "transformou"  a algúns dos nosos compañeiros/as e como facía tan "fácil" as ilustracións dos contos que nos contou....