jueves, 25 de junio de 2015

FIN DA VIAXE....(Promoción 12-15)

E con moita mágoa, chegamos o fin desta estupenda aventura....como xa vos dixen fóron 3 anos xeniais....CHEOS DE VIDA!!!! Encantoume vivilos xunto a vós, non só porque o pasei superben, senón tamén porque aprendín moitísimo.... Creo que xa está todo dito só quero que saibades que levareivos no meu corazón sempre...Espero que vos vaia xenial e que sexades requetefelices!!!! Esta entrada vai adicada a vós cun recopilatorio do noso paseo pola Educación Infantil, a nosa orla feita peli e unha ligazón interesante con recomendacións de actividades próximas ó noso entorno moi, moi, interesantes, navegade por ela e xa veredes...Espero que vos guste!!!
FELICES VACACIÓNS,!!!!!



http://www.littlevigo.com/

martes, 23 de junio de 2015

FIN DE CURSO 2015



PARA ESTE FIN DE CURSO CONTAMOS CUN HINCHABLE XIGANTE!!!! PASAMOS UNHA MAÑÁ TRANQUILIÑA E MOI DIVERTIDA ESGOTANDO OS DERRADEIROS MINUTOS DE XOGAR NA CLASE O QUE MAIS NOS GUSTA DO MUNDO, OS RECANTOS!!!!! (CASIÑA, COCHES, MANUALIDADES, CONSTRUCCIÓNS)....ASÍ COMEZAMOS E ASÍ REMATAMOS!!!!! DESPOIS DEGUSTAMOS UNHA RICA MACEDONIA E DISFRUTAMOS SALTANDO E TROULEANDO NO HINCHABLE.....

CUMPLES DE VERÁN: LAURA P., YESICA E LUCÍA G.



AÍNDA QUE LAURA P., YESICA E LUCÍA G. NON SOPLARÁN AS VELAS ATA O VERÁN NON QUIXEMOS DEIXALAS SEN FESTA, COROA E AGASALLO, E  FESTEXAMOS O SEU CUMPLE XUNTO CÓS DEMAIS AMIGOS/AS QUE NACERON NESTA ÉPOCA....UN BIQUIÑO GUAPÍSIMAS!!!!







INDIANA BILL 2015

E AQUÍ TEDES A REPORTAXE DA SAÍDA A INDIANA BILL...FOI XENIAL!!!!

lunes, 22 de junio de 2015

Vermes de Seda


E agora cun pouquiño mais de tempo comezo a publicar as pelis das actividades que fixemos ultimamente...
A primeira, unha reportaxe xenial sobre o proceso do ciclo de vida dos vermes de seda......Aprendimos  moitísimo sobre estes animais tan curiosos e tamén traballamos as mates, contándoos, contando os días que tardaron en sair das  casullas, restando ós que xa fixeran a casulla dós demais, medindoos, vocabulario.... os coidamos moi ben porque todos convertíronse en bolboretas e puxeron unha morea de ovos..... Damos as grazas ós papis de Laura P. que foron quen nos trouxeron as crías....

lunes, 15 de junio de 2015

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS......

HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL..., AS FAMILIAS DOUS "MEUS" PEQUENOS/AS VIÑERON Ó COLE PARA DARME UNHA SUPERSORPRESA....
QUEDEI ABRAIADA, ESTABA TAN NERVIOSA QUE NON ME SAÍAN AS PALABRAS, NIN AS BÁGOAS!!!!,.... ENCANTOUME O DETALLE!!! NON TÍÑADES POR QUÉ FACELO... AS GRAZAS SON AS MIÑAS XA QUE CON NENOS/AS E PAIS/NAIS COMO VÓS FOI MOI, MOI DOADO... ESTES 3 ANOS FÓRON ESTUPENDOS, APRENDÍN MOITÍSIMO E SOBRE TODO O PASEI XENIAL....
ESPERO QUE VOS VAIA MOI BEN NA VOSA NOVA ETAPA, ESTOU SEGURA DE QUE SI, NON TEÑADES MEDO!!!! E QUE SAIBADES QUE EU SEMPRE ESTAREI AQUÍ PARA O QUE NECESITEDES....
AÍNDA NOS QUEDAN 4 DÍAS PARA SEGUIR DISFRUTANDO A TOOOPEEEEEE.... SODES OS MELLORES!!!!!!!






sábado, 13 de junio de 2015

Viaxe en barco ás Íllas CÍes...


E por fin chegou o día que levabamos esperando dende Xaneiro; cando lles preguntei si lles gustaría ir á excursión dos nenos/as de Primaria...Puxéronse como toliños cando souperon que sería ás Íllas Cíes!!! Levan planeando con quén ían ir de parella, qué bikini ían levar, qué comerían..... dous trimestres!!!!! E con razón, a súa 1º excursión de todo o día.... A experiencia resultou estupenda,.... Non puideron comportarse mellor, estou superorgullosa de vós chicos/as.... Non me equivoquei cando decidín levalos.... o pasamos xenial!!!! E comprobei que saben estar á altura das circunstancias en todos os intres..., autónomos, ordenados, cautos, axudándose uns ós outros e facendo caso das indicacións sempre....Qué ben!!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste día tan especial, a nosa 1ª viaxe en barco xuntos ás Íllas Cíes, un paraíso natural increíble!!!!!

viernes, 12 de junio de 2015

Convivencia cós novos compis do ano que ven...


A semana pasada tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas que estarán con nós o ano que ven viñeron a visitar o cole e a coñecernos...O pasamos moi, moi ben e fixemos moitas cousas...Mirade, mirade....

CUMPLE DE NOA

E POR FIN HOXE PUIDEMOS FESTEXAR O CUMPLE DE NOA!!!! FOI O DÍA 31 DE MAIO, MAIS O DÍA QUE IAMOS CELEBRALO PUXOSE MALIÑA... HOXE VIU  TOTALMENTE RECUPERADA E PREPARADA PARA SOPRAR AS SÚAS 6 VELAS!!!! TROUXO UNHA TARTA PERSONALIZADA XA QUE ELEXIU ELA TODOS OS INGREDIENTES...ESTABA BOÍSIMA!!!! ENCANTOUNOS E COMÍMOLA TODA, TODA....
MOITÍSIMAS FELICIDADES COMPI!!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS....












miércoles, 3 de junio de 2015

RECURSO PARA MELLORAR A ATENCIÓN E A POSTURA



LEVAMOS UN TEMPO PROBANDO E UTILIZANDO NA AULA ALGUNHA TÉCNICA PARA AXUDAR OS NENOS/AS A MELLORAR A ATENCIÓN, A CONCENTRACIÓN, A POSTURA PARA TRABALLAR SENTADOS (QUE NESTAS IDADES CÚSTALLES UN POUQUIÑO)... PROBAMOS A SENTARNOS EN PELOTAS PARA FACER TAREFAS DE MESA...TEMOS 2 NA AULA E ÍMOS TURNANDO....TRABALLASE XENIAL!!!! CON ELAS PODEMOS AUTORREGULARNOS, BUSCAR O NOSO EQUILIBRIO E CENTRARNOS NO QUE ESTAMOS FACENDO.... DEIXO UNHA NOTICIA SOBRE O TEMA E A MONTAXE DALGUNHAS FOTOS PARA QUE O VEXADES....
http://blogs.elcorreo.com/nuevasclavesnoticias/2010/01/14/las-pelotas-ejercicio-reemplazan-las-sillas-las-salas-de/

QUÉ BEN O PASAMOS EN PSICOMOTRICIDADE...


XA ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O CURSO.... ESTAMOS A TOPE DE TRABALLO ENTRE REMATAR TAREFAS, SAÍDAS, EVALUACIÓNS,...UFFFF, ESTAMOS MOI, MOI CANSOS TODOS E TODAS.... E CON ESTA CALOR....

AQUÍ DEIXAMOS UNHA PELI QUE XA GRABEI FAI UN TEMPIÑO.... UN EXEMPLO DUNHA DAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE COA PROFE CARI, CON ELA FACEMOS CIRCUÍTOS, CARREIRAS, TRABALLAMOS A COORDINACIÓN, O EQUILIBRIO, A FORZA E A RESISTENCIA,....XOGAMOS E COOPERAMOS EN EQUIPO, POR PARELLAS, DE FORMA INDIVIDUAL,.... QUÉ IMPORTANTE É TRABALLAR O NOSO CORPO!!!!!

NESTA OCASIÓN XOGAMOS Ó HOCKEY E O BRILÉ DURANTE A SESIÓN DUN XOVES (9:45H-10:30H)... QUÉ BOA MANEIRA DE ESPERTAR E COMEZAR O DÍA...XENIAL!!!!