domingo, 27 de marzo de 2016

Saída a Pizza Plus e Parque en Tui


E para rematar o trimestre fixemos unha saída na que fomos pizzeros por un día....Despois de merendar a pizza que fixemos, fomos xogar ó parque....O pasamos xenial!!!! Mirade, mirade.....
Aproveito para desexarvos a todos/as unha felices vacacións!!!!!

jueves, 24 de marzo de 2016

Somos Pintores...


AQUÍ DEIXO UNHA DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA REMATAR O TRIMESTRE.... SOMOS UN ESTUPENDOS PINTORES/AS!!! CON PALETA E TODO.... EXPERIMENTAMOS COAS CORES E DESENROLAMOS A NOSA CREATIVIDADE Ó MAXIMO!!!!!

viernes, 18 de marzo de 2016

Día do Pai 2016

Esta semana traballamos moito, moito para agasallar a PAPÁ...Con este tipo de actividades, ademais de desenrolar a motricidade fina, o vocabulario, a creatividade, experimentamos a ilusión de traballar facendo un agasallo para alguén importante para nós...Esperamos que vos gustara moito o detalliño!!!!
 Ahí vai un resumo das cousiñas que fixemos e un video que seguro que vos fai reflexionar....Moitísimas felicidades Papás!!!!!
Na seguinte actividade utilizamos o Ipad para poñer voz ós debuxos que fixemos de Papá, utilizamos unha aplicación moi divertida que se chama CHATTERPIX...Foi a primeira vez que traballamos con este recurso  e o fixemos xenial e sobretodo o pasamos moi ben..... Faltan os  de Noa e Xiana que estaban maliñas e Antía que ainda que o intentou, tiña moita vergoña e preferiu non facelo, ademais díxome con toda a razón do mundo que os "debuxos non falan", jjj..... Seguro que para a próxima quere facelo....





domingo, 13 de marzo de 2016

CLIMA DE AULA. INTRES...

INTRES MÁXICOS QUE VIVÍMOS NA AULA...
COMO SABEDES, POLO O HORARIO, ÁS DERRADEIRAS HORAS FACEMOS UNS INTRES DE XOGO LIBRE, SIMBÓLICO,ETC...
 ESTE É O CLIMA QUE XA SE VAI RESPIRANDO NA CLASE...ELES/AS DECIDEN Ó QUEREN XOGAR, E SON AUTÓNOMOS Á HORA DE MOVERSE POLO ESPACIO, ELEXIR O LUGAR ONDE QUEREN ESTAR, COLLER E RECOLLER O MATERIAL, SOLUCIONAR OS CONFLICTOS QUE PODEN XURDIR, TOMAR DECISIÓNS, FOMENTANDO O ORDEN E O RESPETO HACIA OS DEMAIS,....
A AULA É COMO UNHA PEQUENA CASA E TODO ESTÁ DISPOSTO PARA QUE OS NENOS/AS O POIDAN MANIPULAR...SEN DÚBIDA UN LABORATORIO DE APRENDIZAXE EN TODA REGRA, NO QUE FAN AS COUSAS SOÍÑOS/AS, VIVINDO A SÚA PROPIA VIDA, SEN AXUDA INMEDIATA DO ADULTO. 
AQUÍ VOS DEIXO UNHA PEQUENA MOSTRA DE 2 MINUTIÑOS PARA QUE O VEXADES...
ESTE TIPO DE PROCEDIMENTOS BASEANSE NUNHA METODOLOXÍA CHAMADA "MONTESSORI" QUE PERSOALMENTE A MIN ENCÁNTAME XA QUE PERMITE QUE OS NENOS/AS EXPERIMENTEN A LEDICIA DE APRENDER, Ó MESMO TEMPO QUE DISFRUTAN DO PROCESO E ASEGURAN O DESARROLLO DA SÚA AUTOESTIMA, ASÍ ADEMAIS DE APRENDER, PREPÁRANSE PARA MOITAS EXPERIENCIAS QUE LLES OFRECE A VIDA.
CREO QUE XA VOS FALEI DO TEMA MAIS ESTE TIPO DE METODOLOXÍA TAMEN SE PODE APLICAR NA CASA... HAY MOITA INFORMACIÓN POLA RED POR SE VOS INTERESA O TEMA...AQUÍ VOS DEIXO UNHA LIGAZÓN:


jueves, 10 de marzo de 2016

CUMPLE DE XIANA

HOXE É O CUMPLE DE XIANA, 4 ANIÑOS!!!! QUÉ MAIOR!!! COMO ERA O SEU DÍA, FOI ELA A QUE ORGANIZOU A MAÑÁ FACENDO O QUE MAIS LLE GUSTA DO COLE, PRIMEIRO PHOTOCALL CUNHA MOREA DE COUSAS DIVERTIDAS QUE TROUXO, DESPOIS FACER A SÚA COROA E OS DEMAIS O SEU AGASALLO, CANDO REMATARON DECIDIU QUE XOGÁRAMOS NOS RINCÓNS, A CASIÑA É O QUE MAIS LLE GUSTA A ELA!!!!, TAMÉN FIXEMOS DISCOTECA E MOITAS FOTOS. MERENDAMOS UN BISCOITO DE CHOCOLATE E O PASAMOS XENIAL!!!! MOITISIMAS FELICIDADES GUAPÍSIMA!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS!!!!!
























domingo, 6 de marzo de 2016

viernes, 4 de marzo de 2016

MAIS FORMAS DE EXPERIMENTAR, PINTAR E CREAR...


ESTA SEMANA FIXEMOS OUTRA ACTIVIDADE DE EXPERIMENTACIÓN MOI ÚTIL PARA POÑER A PROBA A PRECISIÓN, A FORZA DA MAN, DOS DEDOS, A CREATIVIDADE, OS SENTIDOS....

UTILIZAMOS SACOS DE CONXELACIÓN, TÉMPERAS DE VARIAS CORES E UN FOLIO COMO BASE...AÍNDA QUE NOS COSTOU UN POUQUIÑO XA QUE HAI QUE FACER FORZA PARA MESTURAR AS PINTURAS, GUSTOUNOS MOITO EXPERIMENTAR A SENSACIÓN E A OBSERVACIÓN DE COMO SAÍAN AS DIFERENTES CREACIÓNS....SEN DÚBIDA, OUTRA EXPERIENCIA SENSORIAL XENIAL!!!!!