miércoles, 28 de diciembre de 2016

MAIS COUSIÑAS DE NADAL....


E REMATO CON ESTA ENTRADA AS ACTIVIDADES DE NADAL.....QUE DESPIDADES BEN O ANO E QUE O QUE VEN SEXA AÍNDA MELLOR....FELIZ ANO!!!!!

PORTADAS DO TRABALLO FEITO EN PAPEL NESTE TRIMESTRE....


TAREFA REALIZADA PARA POÑER DE PORTADA NOS TRABALLIÑOS DESTE TRIMESTRE....UTILIZAMOS MOITOS MATERIAIS: CARTULINA, WASHI TAPE, TÉMPERA, ESPONXAS, PURPURINAS, GOMA EVA, GOMETS..... QUEDARON MOI BONITAS!!!!

viernes, 23 de diciembre de 2016

DESEXOS DE NADAL



ESTE ANO FIXEMOS COMO ADORNO DE NADAL UNHA BOLA DE NEVE CASEIRA, UTILIZAMOS UN BOTE DE CRISTAL, AUGA, GLICERINA LÍQUIDA, PURPURINA E UNHA FOTO PLASTIFICADA....QUEDOU MOI CHULA!!!

TAMÉN FALAMOS DE QUE O NADAL É UNHA ÉPOCA MÁXICA E PEDIMOS DESEXOS A NOSA BOLA MÁXICA....SE VOS FIXAIS, PENSO QUE SERVIU O QUE FALAMOS NA CLASE SOBRE ESTE TEMA, NINGÚN PEDIU DESEXOS MATERIAIS, TOMADE NOTA!!!!....

FALTAN OS DESEXOS DE AINARA E LEILA, QUE SON UN POUCO "SECRETOS" E PARECEUME QUE NON LLES GUSTARÍA QUE OS COMPARTISE CANDO LLES PREGUNTEI, ASÍ QUE PREFERÍN GARDAR A SÚA INTIMIDADE...

APROVEITO PARA DESEXARVOS UN BO NADAL E, CÓMO NON, ESPERO QUE TODOS OS VOSOS DESEXOS SE CUMPRAN....UN BIQUIÑO MOI GRANDE!!!!






miércoles, 14 de diciembre de 2016

MATES DIVERTIDAS



AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE COMO TRABALLAMOS AS MATES DE FORMA MANIPULATIVA...DE ESTA FORMA OS NENOS/AS VAN ADQUIRINDO POUCO A POUCO CONCEPTOS, OPERACIÓNS,....CASE  SEN DARSE CONTA....

PLANTAMOS OS CHÍCHAROS NA HORTA



PARA REMATAR A ACTIVIDADE DO DÍA DA CIENCIA PLANTAMOS OS CHÍCHAROS NA HORTA DO COLE.... DENDE AQUÍ DAMOS AS GRAZAS Ó PROFE SUSO POR ACOMPAÑARNOS.....ESPEREMOS QUE MEDREN MOITÍSIMO!!!!!

jueves, 8 de diciembre de 2016

INICIÁMONOS COS TRASVASES....



TRASPASAR SUSTANCIAS OU COUSAS...ESTIMULA O DESENROLO DA COORDINACIÓN MUSCULAR, O CAL RESULTA DE GRAN UTILIDADE Á HORA DE COMER, SERVIR ALIMENTOS A OUTRA PERSOA OU A UN MESMO/A, COCIÑAR...TAREFAS COTIDIANAS DA VIDA PRÁCTICA

ASÍMESMO, ESTES EXERCICIOS ADESTRAN A MUSCULATURA PARA UNHA MANIOBRA BASTANTE MAIS COMPLEXA: A ESCRITURA....http://montessoriparatodos.es/blog/vida-practica-montessori-trasvases/

NÓS ESTAMOS AÍNDA COMEZANDO...PROBANDO ALGUNHAS TÉCNICAS....SEGUIREMOS TRABALLANDO E EXPERIMENTANDO....E VOS SEGUIREMOS INFORMANDO....ADEMAIS DE SER UNHA ACTIVIDADE MOI COMPLETA, O PASAMOS XENIAL!!!!!

domingo, 20 de noviembre de 2016

SIMETRÍAS


NO RECANTO DE MATES TRABALLAMOS A SIMETRÍA DA NOSA CARA.....ESTA ACTIVIDADE É DE MAIORES MAIS MIRADE QUE BEN O FIXEMOS..... SEGUIREMOS PRACTICANDO......
* FALTAN CARLOTA M. E BRUNO QUE NON ESTABAN O DÍA QUE O FIXEMOS

Arte en Outono


APROVEITAMOS AS FOLLAS QUE COLLIMOS NO PATIO PARA TRABALLAR CON TÉMPERAS E AS CORES DE OUTONO. UTILIZAMOS OS PINCEIS GORDOS PARA FACER SILUETAS.... MÁXIA!!!!


MOTRICIDADE FINA. EXERCITAMOS AS MANS E OS DEDOS


 CON MOITAS ACTIVIDADES COMO ESTAS EXERCITAMOS A MOTRICIDADE FINA. ESTIMULAR ESTA DESTREZA, É DECISIVO PARA QUE OS NENOS/AS, EXPERIMENTEN E APRENDAN SOBRE O SEU ENTORNO, ADEMAIS EXERCITAN AS MANS, OS DEDOS, DESENROLAN A COORDINACIÓN OLLO-MAN, A ATENCIÓN, A FORZA,....ESTAS ACTIVIDADES SON ESENCIAIS PARA PODER DEBUXAR, COMER, ESCRIBIR, ETC... CADA VEZ MELLOR....ASÍ PRACTICAMOS NÓS!!!!

domingo, 13 de noviembre de 2016

DIA DA CIENCIA EN GALEGO 2016


O VENRES 4 DE NOVEMBRO TODOS OS MESTRES E NENOS/AS DO COLE TRABALLAMOS PARA CONMEMORAR O VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO,  ESTA FOI A NOSA ACTIVIDADE, SEN DÚBIDA, UN GRAN TRABALLO EN EQUIPO!!!!!

lunes, 7 de noviembre de 2016

jueves, 20 de octubre de 2016

RECANTOS E MAIS RECANTOS.....

E PARECE QUE TÍÑAMOS UN POUCO DE RETRASO NAS ENTRADAS DO BLOGUE!!!!
 POR AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS PELICULIÑAS PARA QUE VEXADES O QUE NOS DAN DE SÍ AS SEMANAS...ESTAS SON ALGUNHAS DAS TAREFAS MAIS SIGNIFICATIVAS QUE FIXEMOS DURANTE OS PASADOS 15 DÍAS....ESTAMOS QUE NON PARAMOS!!!!





sábado, 15 de octubre de 2016

CUMPLE DE ALEX



O XOVES FESTEXAMOS O 1º CUMPLE DO CURSO.....ESTE ANO QUERO QUE OS NENOS/AS O VIVAN DUNHA FORMA MAIS SIGNIFICATIVA PARA ELES, ASÍ QUE OS ÍMOS FACER UN POUQUIÑO MAIS ESPECIAIS E ASÍ OS HOMEAXEADOS/AS VAN A INTERIORIZAR O CONCEPTO DE CUMPRIR ANOS. O MESMO TEMPO TAMÉN TERÁ UNHA FINALIDADE DIDÁCTICA XA QUE TRABALLAREMOS O PASO DO TEMPO,AS ESTACIÓNS, OS MESES, OS MOVEMENTOS DA TERRA E O SOL(QUE NOS VEN XENIAL XA QUE ESTE ANO TAMÉN ESTAMOS APRENDENDO E INVESTIGANDO COUSIÑAS SOBRE O UNIVERSO....)

TRÁTASE DUN PEQUENO RITUAL TÍPICO DAS ESCOLAS MONTESSORI, PARA O QUE NECESITAREMOS UNHA VELA QUE SERÁ O SOL, OS MESES DO ANO QUE SE COLOCAN ORDENADOS ARREDOR DO SOL E UN GLOBO TERRÁQUEO....O NENO SITUARASE NO MES QUE NACEU E SE ACENDERÁ A VELA A PARTIR DE AHÍ DARÁ UNHA VOLTA ARREDOR DO SOL COA "TERRA" NAS SÚAS MANS....CANDO CHEGA O SEU MES EXPLICAREMOS QUE CUMPLIU 1 ANO E ASÍ SUCESIVAMENTE CON 2, 3 E 4 ANOS, EN CADA ANO, O NENO PODERÁ ENSINAR AS SÚAS FOTOS, E FALAR, CONTARNOS COUSIÑAS DE COMO ERA, QUE SABÍA FACER,  ETC.... ENTENDERÁN QUE A TERRA TARDA UN ANO EN DAR UNHA VOLTA O SOL....

BUENO, A EXPLICACIÓN PODE PARECER UN POUCO LÍO, XA VOS ENSINAREMOS........COIDO QUE A ELES GUSTOULLE!!! AÍNDA QUE POLO DE AGORA NON TEMOS MOITA PRÁCTICA.....

POR AQUI DEIXAMOS UNHA PELI PARA QUE VEXADES UN POUQUIÑO COMO FOI A COUSA.....DESPOIS COMO SEMPRE, FIXEMOS COROAS, DEBUXOS E AGASALLOS PARA ALEX E ALMORZAMOS UNHA TORTA DA PATRULLA CANINA....MENUDO ÉXITO!!! CASE A PAPAMOS TODIÑA.....MOITÍSIMAS FELICIDADES AMIGO ALEX!!!!!

miércoles, 12 de octubre de 2016

MANTEL PARA A MERENDA


POR AQUÍ DEIXO O MANTEL QUE FIXEMOS ESTE ANO PARA MERENDAR.... O RESULTADO QUEDOU CHULÍSIMO MAIS O MELLOR FOI O PROCESO E TODO O QUE TRABALLAMOS PARA FACELO.... AS CORES CLARAS E ESCURAS, AS LIÑAS RECTAS, A SERIACIÓN(CLARO -ESCURO), A MOTRICIDADE FINA, A GRAFOMOTRICIDADE, AS LETRAS, O CORPO, A CREATIVIDADE.....UFFFF!!!! ACTIVIDADE SUPERCOMPLETIÑA, NON SI?

domingo, 2 de octubre de 2016

Asociación cultural Xuntanza de Randufe

E con esta publicación dou por rematadas as cousiñas de setembro que tiña atrasadas....
O venres contamos coa visita no cole do grupo Xuntanza de Randufe!!!
Estiveron falando sobre os instrumentos tradicionais e facendo unha pequena demostración.... Aquí tedes a reportaxe....

DINÁMICA DE TRABALLO NA MAÑÁ

DEIXO POR AQUÍ UN EXEMPLO DO QUE FACEMOS NA MAÑÁ....COMO XA VOS EXPLIQUEI, TRABALLAMOS POR RECANTOS DE APRENDIZAXE, ASÍ QUE DESPOIS DUNHA "ASAMBLEA" NA QUE SAUDÁMONOS, VEMOS QUÉN FALTA, FALAMOS DE COUSAS QUE NOS PASARON O DÍA ANTERIOR, POÑEMOS A FECHA, VEMOS O TEMPO QUE FAI,..... NESTES INTRES TAMÉN ORGANIZAMOS A MAÑÁ...ESTAS SON ALGUNHAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS DURANTE O MES DE SETEMBRO....COMO VEDES, EXPRIMÍMOLO Ó MÁXIMO!!!!!
TAMÉN VOS ENSINAMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO PATIO....E QUE ESTÁ TAN BO TEMPO QUE É UNHA LEDICIA!!!!!
DEBUXOS DOS CARTEIS QUE FIXEMOS PARA QUE A CADELIÑA ATOPARA O SEU FOGAR...








*TEDES QUE PERDOAR MAIS NON SON CAPAZ DE POÑER AS IMAXES O DEREITO...... BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!!!JJJJ



lunes, 26 de septiembre de 2016

ACHEGAMONOS Ó MUNDO DO JUDO.....


O LUNS PASADO ESTIVO NO COLE, DAVID, PROFE DE JUDO DO CLUBE DE JUDO TUDENSE E RAMÓN... FIXERON CON NÓS UNHA CLASE DE JUDO EN TODA REGRA PARA QUE COÑECERAMOS ESTE DEPORTE QUE SEGÚN A UNESCO É CONSIDERADO COMO UN DOS MAIS APROPIADOS PARA OS PEQUENOS. BOTADE UNHA OLLADA A ESTA LIGAZÓN, AS VECES MOITOS PAIS ESTAMOS EQUIVOCADOS/AS CÓ SIGNIFICADO DO JUDO...  http://www.padresonones.es/noticias/ampliar/1600/judo-para-ninos-mucho-mas-que-luchar
 Á MAIORÍA ENCANTOULLES,NON HAI MAIS QUE VER O VIDEO....

OS NENOS/AS QUE QUEIRAN PRACTICAR ESTA ACTIVIDADE PODEN FACELO OS LUNS E MÉRCORES DE 4 A 5 NO INTERFEDERADO DE TUI... OGALLÁ SE ANIME ALGUÉN!!!!


martes, 20 de septiembre de 2016

EXPERIMENTAMOS E COÑECEMOS AS NORMAS DOS RECANTOS DA CLASE...


COMO XA VOS EXPLIQUEI NA REUNIÓN DE INICIO DE CURSO, ESTE ANO A CLASE ESTÁ DISTRIBUÍDA DUN XEITO UN POUQUIÑO DIFERENTE E COMO TAL A METODOLOXÍA DE TRABALLO TAMÉN CAMBIARÁ DE RUMBO.... O OBXETIVO NON É OUTRO QUE O DE ATENDER AS NECESIDADES DE CADA NENO/A DUNHA MANEIRA MAIS INDIVIDUALIZADA.....ESTA SEMANA FOI A TOMA DE CONTACTO..... A VER COMO NOS VAI!!!!!

sábado, 17 de septiembre de 2016

XA ESTAMOS POR AQUÍ DE NOVO!!!!!


COMEZAMOS CUNHA PRESENTACIÓN PARA QUE VEXADES O MAIORES E GUAPOS/AS QUE ESTAMOS.... SEN DÚBIDA,O VERÁN SENTOUNOS FENOMENAL!!!!!!

QUENTANDO MOTORES......

jueves, 8 de septiembre de 2016

ARRANCA UN NOVO CURSO....

HOLA A TODOS/AS!!! QUÉ TAL FOI O VERÁN? O MEU XENIAL!!!!, VOLVO COAS PILAS BEN CHEÍÑAS DE ENERXÍA PARA AFRONTAR ESTE NOVO CURSO.... ESPERO QUE VÓS TAMÉN O FIXÉRADES E QUE , NESTE PERIODO DE TEMPO, APRENDERADES E DISFRUTARADES DE MOITAS COUSAS TAN OU MAIS IMPORTANTES QUE AS VIVIDAS NO COLE E NA AULA.
 ESTE TEMPO DE LECER SEGURO QUE FOI MOI BÓ, (TANTO ÓS MAIORES COMO ÓS PEQUENOS) PARA EXPERIMENTAR, VIVENCIAR, OBSERVAR, REFLEXIONAR, SENTIR, CREAR, COMPARTIR, COLABORAR, AUTOAVALIAR, QUERER, SOÑAR, DESCANSAR, INVENTAR, IMAXINAR, XOGAR, VOAR, SER, VIVIR,....... PARA MIN O FOI, ASÍ QUE ESPERO QUE PARA VÓS TAMÉN....

O LUNS 12 COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA QUE SEGURO SERÁ ESTUPENDA.... NO COLE XA ESTÁ TODO PREPARADO PARA QUE ASÍ SEXA....

 ESTE ANO, COMO XA SOMOS DE 4 ANOS O HORARIO XA SERÁ O HABITUAL (8:55- 13:55H). APROVEITO PARA INFORMARVOS QUE O MARTES 13, ÁS 17:30H TERÁ LUGAR A REUNIÓN DE INICIO DE CURSO NA NOSA AULA.
SEN MAIS, DOU POR ABERTA A NOVA TEMPADA!!!! BENVIDOS A TODOS E TODAS Ó CURSO 2016/17!!!!

domingo, 26 de junio de 2016

FELICES VACACIÓNS!!!

PASIÑO A PASIÑO CHEGAMOS O REMATE DO CURSO...ESPERO QUE DISFRUTEDES MOITO DO VERÁN E VOLTEDES COAS PILAS BEN CARGADAS....PARA O ANO, MAIS E MELLOR!!!! 
VÉMONOS EN SETEMBRO..... UN BIQUIÑO GRANDE!!!!!


CUMPLES DE VERANO: NOA, AINARA, HUGO E HERÓN...


E PARA POÑER O PUNTO E FINAL Ó CURSO FESTEXAMOS OS CUMPLES DOS COMPIS QUE NACERON NO VERÁN CUNHA ESTUPENDA MERENDOLA E UN HINCHABLE.....

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: GRANXA O KIRIKO


O PENÚLTIMO DÍA DE COLE ESTIVEMOS DE EXCURSIÓN NA GRANXA O KIRIKO. FOI UN DÍA CARGADIÑO DE EXPERIENCIAS...SEN DÚBIDA ESTIVO XENIAL!!! AHÍ VAI UNHA PEQUENA REPORTAXE DA XORNADA TAN ESPECIAL QUE VIVÍMOS....

domingo, 19 de junio de 2016

GRANXA kIRIKO!!!!

E POR AQUÍ DEIXO UNHA ENTRADA PARA QUE VEXADES O BEN QUE O ÍMOS PASAR NA EXCURSIÓN DO MARTES... ATOPEINA NO BLOGUE "LITTLEVIGO", QUE ESTÁ XENIAL PARA ESTAR O TANTO DAS COUSIÑAS CHACHIS QUE TEMOS POLO NOSO ENTORNO....TEDES O SEU LINK DIRECTO NUNHA PESTANIÑA NUN CARÓN DO NOSO BLOGUE EN "BLOGUES AMIGOS"....
http://www.littlevigo.com/granja-kiriko-ocio-naturaleza/

CUMPLE DE CARLOTA M.

O venres festexamos o Cumple de Carlota M. Xa ten 4!!!! Moitísimas Felicidades guapísima!!!!! Ahí van as túas fotiños...
























TALLER DE COCIÑA

ESTA SEMANA FIXEMOS UN TALLER DE COCIÑA MOI, MOI DOCE.... MIRADE, MIRADE!!!! DE AQUÍ A "MASTERCHEF"!!!!!!

domingo, 12 de junio de 2016

BAÑAMOS ÁS BONECAS E FACEMOS A COLADA.....



E AHÍ VAI OUTRA ACTIVIDADE DIVERTIDA!!!! COMO XA NOS ACHEGAMOS Ó REMATE DE CURSO, TEMOS QUE DEIXAR TODIÑO LISTO PARA AS VACACIÓNS, ASÍ QUE SAÍMOS O PATIO A LAVAR A ROUPA E BAÑAR ÁS BONECAS DO RECANTO DA CASIÑA!!!! ADEMAIS DE PASALO XENIAL, CON ESTA ACTIVIDADE DESENROLAMOS A MOTRICIDADE FINA, A EDUCACIÓN NON SEXISTA, A COOPERACIÓN E TRABALLO EN EQUIPO.....

jueves, 9 de junio de 2016

Nós Podemos...

Aquí deixo o traballo que dende o Equipo de Normalización Lingüística propúxose para este curso.... Gran traballo compis....!!! Por ahí andamos os peques tamén....


domingo, 5 de junio de 2016

POMPAS DE XABÓN!!!!


E CON ESTE CALORCIÑO O QUE MAIS NOS APETECE E SAÍR A DISFRUTAR DO SOL E A BRISA DAS MAÑÁS.....MIRADE QUÉ BEN O PASAMOS!!!!!

martes, 31 de mayo de 2016

Ensinemos ós nenos/as que os "10" non o son todo na vida.

Aínda que os vosos fillos/as aínda son pequenos.... Deixo por aquí un artigo que atopei no blogue "nuncajamásyyo.com" que pareceume súper interesante e co que estou plenamente de acordo....Reflexionemos....
http://nuncajamasyyo.com/ensenemos-a-los-alumnos-que-los-dieces-no-lo-son-todo-en-la-vida/

lunes, 30 de mayo de 2016

PELOTAS PARA SENTARNOS.....

MOITAS VECES OS NENOS/AS TEÑEN PROBLEMAS PARA MANTER A POSTURA CORRECTA Á HORA DE FACER TRABALLO DE MESA. A MIÚDO MÓVENSE, SENTANSE NOS XEONLLOS NA CADEIRA,CAEN, ETC....CÚSTALLE CENTRAR A ATENCIÓN NO QUE ESTÁN FACENDO.... A TÉCNICA QUE COMEZAMOS A PRACTICAR NA AULA AXÚDALLES A CORREXIR ESTES PROBLEMILLAS.... UTILIZAMOS PELOTAS PARA SENTARNOS!!! AS IDÉALES SON AS DE PILATES MAIS AS QUE TEÑO AÍNDA LLES QUEDAN UN POUQUIÑO GRANDES.... ASÍ QUE PARA COMEZAR UTILIZAMOS ALGÚNS CANGUROS DA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE. TODOS/AS QUEREN PROBAR, ASÍ QUE CADA DÍA AS TURNAMOS....DEIXO POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN ONDE SE FALA SOBRE ESTA TÉCNICA E A NOSA PELI...






jueves, 26 de mayo de 2016

A RODA-RODA.MANUEL MARÍA

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICOUSE Ó POETA MANUEL MARÍA.
 DURANTE TODO O CURSO TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE A FIGURA E OBRA DESTE AUTOR...A MEDIDA QUE FOMOS REMATANDO OS NOSOS TRABALLIÑOS, FIXEMOS POR TURNOS UNHA POSTA EN COMÚN DA NOSA TAREFA PARA OS DEMAIS GRUPOS E MESTRES/AS.
 A VERDADE QUE HOUBO UN POUQUIÑO DE TODO, MONTAXES DE VÍDEO, POEMAS, CANTIGAS, OBRAS DE TEATRO, TEATRO DE SOMBRAS, ETC...FOI MOI INTERESANTE!!!! SEN DÚBIDA, EN RANDUFE HAI UNHA BOA CANTEIRA DE ARTISTAS.....
DEIXAMOS POR AQUÍ UNHA MOSTRA DUNHA CANTIGA DE RODA MOI BONITA.... SE QUEREDES BOTAR UNHA OLLADA ÓS DEMAIS TRABALLOS ENTRADE NO BLOGUE DO CEIP DE RANDUFE (LIGAZÓN NOS BLOGUES AMIGOS, A ESQUERDA DO NOSO BLOGUE)

ACTIVIDADES PREVIAS: FALAMOS E COÑECIMOS MOITAS COUSAS SOBRE MANUEL MARÍA. TAMÉN DESCRIBIMOS A SÚA CARA, A PINTAMOS  E ESCOITAMOS CANCIÓNS DO CD DO LIBRO "CANTA O CUCO" NO QUE ESTÁ INMERSA "A RODA-RODA"











domingo, 22 de mayo de 2016

CUMPLE DE LIDIA

E O VENRES FESTEXAMOS O CUMPLE DE LIDIA!!! 4 ANOS!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES AMIGA, AHÍ VAN AS TÚAS FOTIÑOS!!!!