martes, 29 de diciembre de 2015

QUE VEÑEN OS REIS!!!!


OLA!!! QUÉ TAL VAN ESAS FESTAS??? ESPERO QUE BEN....

NO COLE ÍMOS ADIANTADOS XA QUE OS REIS XA FIXERON UNHA PARADIÑA EN RANDUFE,.....QUÉ SORPRESA!!! AQUÍ DEIXAMOS A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO GRAN ACONTECEMENTO E DE PASO APROVEITO PARA DEXESARVOS UNHA BOA DESPEDIDA DO ANO E UNHA ENTRADA MELLOR...ESPERO QUE O 2016 VEÑA CARGADIÑO DE SAÚDE, AMOR, PAZ,FELICIDADE, SORRISOS E SOÑOS CUMPLIDOS PARA TODOS/AS....UN BICO FORTE E FELIZ ANINOVO!!!!!

jueves, 17 de diciembre de 2015

NADAL 2015


CON ESTA PELI QUEREMOS DEIXAR UNHA MOSTRA DALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NESTAS DATAS, E SOBRETODO DEIXAR A NOSA PEQUENA MENSAXE PARA ESTE NADAL....
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO, MOITO E QUE PASEDES UNHAS MOI BOAS FESTAS, QUE DESPIDADES BEN O ANO E QUE O QUE VEN SEXA MOITISIMO MELLOR PARA TODOS/AS.... NON VOS ESQUENZADES DO VOSO NENO/A INTERIOR.......

CUMPLE DE AINHOA

HOXE FESTEXAMOS O CUMPLE DA PEQUENA DA CLASE, E DO COLE!!!!! (AÍNDA QUE O SEU DÍA NON É ATA O 24 DE DECEMBRO)....PASAMOS UNHA MAÑÁ XENIAL, FACENDO DEBUXOS, AGASALLOS, MERENDANDO, XOGANDO, BAILANDO,..... E FACENDO MOITAS FOTOS!!!!!....TAN ATAREADOS/AS ESTIVEMOS QUE ESQUENCEUNOS SACAR A FOTO DE GRUPO....MENOS MAL QUE FIXEMOS MOITAS "SELFIES" COA HOMENAXEADA.... PARABÉNS ADIANTADOS GUAPÍSIMA!!!!!























lunes, 14 de diciembre de 2015

sábado, 5 de diciembre de 2015

RECANTOS: COSEMOS, CONSTRUÍMOS, PINCHAMOS E FACEMOS PUZZLES

TODAS AS MAÑÁS NALGÚN INTRE FACEMOS RECANTOS TRANQUILOS, CADA MESA TRABALLA CUN MATERIAL DIFERENTE DURANTE UN TEMPO, CANDO PASA O TEMPO CAMBIAMOS O MATERIAL COS COMPAÑEIROS/AS DA MESA DO LADO , ASÍ ATA QUE TODOS E TODAS XOGAMOS COS 4 MATERIAIS, NESTE CASO ÍMOS COSER, CONSTRUIR, XOGAR COS PINCHOS E FACER PUZZLES. CON ESTE TIPO DE ACTIVIDADES MELLORAMOS A CONCENTRACIÓN, TRABALLAMOS A MOTRICIDADE FINA, COMPARTIMOS, E FOMENTAMOS O TRABALLO COOPERATIVO.....



MEDRAMOS.....



A HORA DA MERENDA É UN APRENDIZAXE EN TODA REGRA...ADQUIRIMOS UNS HÁBITOS COMO RECOLLER O QUE ESTAMOS FACENDO, FACER PIS, ESPERAR O NOSO TURNO CON PACIENCIA...., LAVAR AS MANS, POÑELA MESA, PREPARAR O QUE ÍMOS COMER, TRABALLAMOS O VOCABULARIO, AS FORMAS, AS CORES, CONTAMOS , AS VECES FACEMOS "COMPOSICIÓNS" E ESCULTURAS COAS GALLETAS OU A FROITA, EXERCITAMOS A MOTRICIDADE FINA, E UN INTRE DE DISTENSIÓN E DESCANSO, DE FALAR COS COMPAÑEIROS/AS DE MESA, DE ESTAR TRANQUILOS, BEN SENTADOS,...   ADQUIRIMOS AUTONOMÍA.

 MAIS PARA CONSEGUIR TODO ÍSTO  É IMPORTANTE QUE NOS DEIXEDES FACER, NO COLE O FACEMOS SOÍÑOS/AS E MOI BEN.... AQUÍ TEDES UN EXEMPLO DE COMO CARLOTA M. E LIDIA PELAN A SÚA MANDARINA... XA VOS IREMOS ENSINANDO MAIS!!!!

jueves, 3 de diciembre de 2015

Podo Eu soíño/a....

Esta semana está a ser un pouquiño complicada e non tiven tempo de actualizar moito o blogue.... Espero poñelo ó día o antes posible. Mentras deixovos esta entrada que paréceme moi, moi interesante e primordial para axudar ós nos os pequenos/as.... É o que digo sempre, deixadelles facer, deixadelles medrar....É importante... Premede na ligazón!!!
http://conuncarritoyunlapiz.blogspot.com.es/2015/12/yo-puedo-solit-la-importancia-de.html?spref=fb

sábado, 28 de noviembre de 2015

CARLOTA M. E BRUNO EXPERTOS EN....

BRUNO DEMOSTRA AS SÚAS HABILIDADES CÓ SEU BLADE BLEY...XENIAL!!!!
E CARLOTA M. EMPEZOU AS SÚAS CLASES DE BALLET, MIRADE CANTAS COUSAS SABE FACER XA....

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Exposición Golfiños na Proa



Hoxe, estivemos na Casa da Cultura de Randufe. Aproveitando que os maiores de 4º baixaron a Tui e tíñamos un autobús a nosa disposición, non o pensamos e baixamos para disfrutar da viaxe, aínda que é moi cortiña, e mirar unha exposición temática sobre Golfiños e outros animais marinos...Aquí deixamos as fotos....Sen dúbida.o mellor do mellor....o bus!!!!!

martes, 24 de noviembre de 2015

Problemas na fala....

Deixo por aquí algunhas ligazóns interesantes sobre a linguaxe. Vexo que é un tema que vos preocupa nas titorías debido a que hai algúns nenos/as na aula con "problemas" neste sentido...
Espero que vos sirvan de axuda... Premede na ligazón....

sábado, 21 de noviembre de 2015

CONCERTO "GRAMOLA GOMINOLA"

O PASADO MÉRCORES DISFRUTAMOS DA 1ªSAÍDA DO CURSO/CICLO. BAIXAMOS Ó TEATRO MUNICIPAL DE TUI PARA DISFRUTAR DO CONCERTO DO GRUPO GALEGO "GRAMOLA GOMINOLA"....TEÑO QUE DICIR, QUE "CASE" TODOS/AS TIÑAN MOITAS GANIÑAS DE IR, MAIS SEN DÚBIDA O QUE ESPERABAN CON MAIS NERVOSISMO ERA A VIAXE NO AUTOBÚS!!!... E NON ERA PARA MENOS POIS A MAIORÍA FOI A 1ª VEZ QUE MONTABAN...ENCANTÓUNOS!!!! E XA ESTAMOS DESEXANDO IR OUTRA VEZ....
O CONCERTO ESTIVO XENIAL!!! ESTIVEMOS MOI TRANQUILIÑOS E ATENTOS/AS....UN PERCORRIDO POLOS DIFERENTES ESTILOS MUSICAIS MOI, MOI DIVERTIDO....
PARA SER A 1ª VEZ QUE SAÍMOS DA "NOSA ZONA DE CONFORT", FOI UNHA EXPERIENCIA ESTUPENDA.....PROBA SUPERADA CON BOA NOTA!!!!!
 MOI BEN CHICOS/AS, XA ESTADES PREPARADOS/AS PARA A SEGUINTE....
AQHÍ VAI A REPORTAXE FOTOGRÁFICA:



domingo, 15 de noviembre de 2015

A MIÑA CARA II


E SEGUIMOS TRABALLANDO NO PROXECTO DO CORPO.... AHÍ VAI UN PUZZLE E UN RETRATO QUE FIXEMOS DAS NOSAS CARAS.... ÍSTO VAI COLLENDO FORMA!!!!

TALLER DE GRAFOMOTRICIDADE


NESTA ENTRADA QUEREMOS AMOSARVOS UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE E QUE NOS AXUDA A TRABALLAR A DESTREZA, A PRECISIÓN, A COORDINACIÓN, A ATENCIÓN, A CONSTANCIA, MOTRICIDADE FINA, LATERALIDADE, ETC.... CON ACTIVIDADES COMO ÉSTAS ACHEGÁMONOS  Á "ESCRITURA" COMO TAL......FIXEMOS CAMIÑOS CON GARABANZOS E LENTELLAS....

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Preparar ós nenos/as para a lectoescritura....

Boísimo Artigo có que estou totalmente de acordo..... Paga a Pena botarlle un ollo con calma. Antes non ē mellor, non nos saltemos pasos....O final dan exemplos de actividades para facer na casa.....Premede na ligazón....
http://www.demicasaalmundo.com/2015/08/prepararse-para-la-lecto-escritura.html?m=1

domingo, 8 de noviembre de 2015

TALLER DE MATES.


QUÉN DIXO QUE AS MATES SON ABURRIDAS? NÓS NON!!!! MIRADE QUE BEN O PASAMOS CANDO AS TRABALLAMOS....COMEZAMOS POR ACTIVIDADES MOI SINXELAS COAS QUE ADEMAIS DE APRENDER, VIVENCIAR, SENTIR O PASAMOS XENIAL....ESTAS SON AS PRIMEIRAS COUSIÑAS QUE ESTAMOS A FACER....AHÍ VAN!!!!!

viernes, 6 de noviembre de 2015

TALLER DE LINGUAXE. TRABALLAMOS O SOPLO.



ESTA SEMANA PARA TRABALLAR ASPECTOS DA LINGUAXE, PRACTICAMOS O SOPLO....COMEZAMOS CON ESTE TIPO DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A POSICIÓN DOS BEIZOS, O CONTROL DA RESPIRACIÓN,ETC,.... ASÍ FAVORECEREMOS A ADQUISICIÓN DOS DIFERENTES FONEMAS E, POLO TANTO, MELLORAREMOS A ARTICULACIÓN, A FALA... AQUÍ VAN ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS, HAI MOITÍSIMAS E MOITÍSIMAS MAIS....XA VOS IREMOS ENSINANDO!!!!!

sábado, 31 de octubre de 2015

Samaín e Día das Bibliotecas Escolares 2015

Nestes días estivemos traballado o Samaín a través de contos, de falar dos nosos medos, con exposición de cabazas, obradoiros e demais....
Ademais, o pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, este ano dende o Equipo de Biblioteca propuxose traballar como proxecto "O CINE", así que aunamos as dous datas, (Bibliotecas e Samaín) e todo o cole disfrutou dunha Sesión de Cine en toda regra, con venta de entradas e palomitas.... A peli foi a adaptación para o cine dun Conto que temos na Biblio "Onde viven os monstruos".... O pasamos de medo!!!!! Ahí van as reportaxes.... Feliz Samaín!!!





domingo, 25 de octubre de 2015

OUTONO 2015


ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO O OUTONO, SAÍMOS Ó PATIO A SENTILO, A VIVILO,.... COLLIMOS FOLLAS, E NA CLASE MIRADE QUE XOGO NOS DERÓN:

NUNHA SÓA SESIÓN, TRABALLAMOS O VOCABULARIO DO OUTONO, DO CORPO, IDENTIFICAMOS AS SÚAS PARTES,XOGANDO A "SIMÓN DÍ.....(QUE POÑAMOS AS FOLLAS NA CABEZA, NOS OLLOS, NOS PÉS..... SEGUIMOS A CONSIGNA QUE NOS MANDAN....) AS MATES, CLASIFICANDO POR TAMAÑOS AS FOLLAS, A CREATIVIDADE, A MOTRICIDADE FINA, ETC.... FOI XENIAL!!!! QUÉ BONITO É O OUTONO!!!!!

ADEMAIS APRENDIMOS 3 CANCIÓNS MOI, MOI CHULAS. SEGURO QUE ALGÚNS/AS XA VOS SOAN..... AS DEIXO POR AQUÍ PARA QUE AS CANTEDES NA CASA. GRACIAS OS COMPIS DA ESCOLA DE CARREGAL POR COMPARTILAS NO SEU BLOGUE....ENCANTÁRONNOS!!!!
CON ESTA ÚLTIMA, ADEMAIS DE APRENDER OS XESTOS, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA APRENDER A USAR O PUNZÓN E EXERCITAR A MOTRICIDADE FINA....


jueves, 22 de octubre de 2015

ACUARELAS



ESTA SEMANA COÑECIMOS UN MATERIAL NOVO...AS ACUARELAS!!!! DESPOIS DE COÑECER A TÉCNICA EXPERIMENTAMOS DE FORMA LIBRE SOBRE UNHA CARTULINA...MIRADE QUE ARTISTAS!!!!

MENSAXE PARA ANTÍA

A NOSA COMPI ANTÍA LEVA UNS DÍAS SEN VIR Ó COLE, HOXE SOUPEMOS QUE TEN QUE ESTAR UNS DÍAS NO HOSPITAL...POR ÍSO DENDE O COLE QUEREMOS MANDARLLE MOITOS BIQUIÑOS PARA QUE SE POÑA BEN PRONTIÑO... ANTÍA BOTAMÓSTE MOITO DE MENOS!!!!!

MOITOS BIQUIÑOS GUAPÍSIMA!!!!!




domingo, 18 de octubre de 2015

Magosto 2015

Aquí tedes a reportaxe do Magosto que fixemos o venres no cole...1º festa do curso: Proba Superada!!! O pasamos xenial....

viernes, 16 de octubre de 2015

ESTAMPAMOS CON ESPONXAS...



ESTA SEMANA O PASAMOS XENIAL ESTAMPANDO CON ESPONXAS E MESTURANDO AS CORES TÍPICAS DO OUTONO...ADEMAIS DE EXPERIMENTAR COA TÉCNICA, AS CORES....EXERCITAMOS A MOTRICIDADE FINA, POTENCIAMOS A CREATIVIDADE E DESENROLAMOS A AUTÓNOMÍA POÑENDO O MANDILÓN, ABOTOANDO, LAVANDO AS MANS, AS ESPONXAS E LIMPANDO AS MESAS...

DECIDIMOS UTILIZAR O FONDO ESTAMPADO PARA FACER OS RECIPIENTES  DAS CASTAÑAS DO MAGOSTO, QUE XA CELEBRAMOS HOXE....

PRÓXIMA ENTREGA: A FESTA DO MAGOSTO....ESTADE ATENTOS/AS!!!!!

jueves, 15 de octubre de 2015

CUMPLE DE ALEX...

O PASADO MARTES 13 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O 1º CUMPLE DESTE NOVO CURSO. ALEX CUMPLIU 3 ANIÑOS!!! TROUXO UN BIZCOITO QUE ESTABA MOI RICO, CASI, CASI O PAPAMOS TODIÑO!!!! NO SEU DÍA FIXO A SÚA COROA, E ENTRE TODOS/AS  FIXEMOS UN AGASALLO, CANTAMOS E BAILAMOS.... MOITÍSIMOS PARABÉNS ALEX!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS...














domingo, 11 de octubre de 2015

REBOZARSE NA TERRA FAI NENOS/AS MAIS SANS E FELICES

UMMM... POR ÍSO OS PEQUES DE RANDUFE ESTÁN TAN FELICES E SANS....AÍNDA QUE VAIAN CHEOS DE AREA PARA CASA....
INTERESANTE ARTIGO....
http://www.tierraenlasmanos.com/rebozarse-en-el-barro-hace-a-los-ninos-mas-felices/

Xiana e Dani son expertos cantantes....




PROXECTO: ASÍ SOMOS. "A MIÑA CARA"



Ó LONGO DESTE CURSO ÍMOS TRABALLAR E APRENDER COUSIÑAS SOBRE NÓS, TOMAREMOS CONCIENCIA DE CÓMO SOMOS, NON SÓ FÍSICAMENTE SENÓN TAMÉN INTERIORMENTE E A NIVEL EMOCIONAL, TRABALLAREMOS DE MANEIRA GLOBALIZADA E TENDO EN CONTA OS INTERESES DOS NENOS/AS, ASÍ NON DEIXAREMOS DE LADO A LINGUAXE, VOCABULARIO, CANCIÓNS,E  AS MATES, AS FORMAS XEOMÉTRICAS, O CONTEO, ETC....COÑECERÉMONOS UN POUQUIÑO MELLOR E ACEPTAREMOS AS DIFERENCIAS DOS DEMAIS...COMEZAMOS!!

sábado, 10 de octubre de 2015

Unha mañá nunha escola MONTESSORI....

Aquí vos deixo unha entrada moi, moi, interesante....
 Ė a xornada escolar dun neno de 4 anos nunha escola que segue unha metodoloxía chamada Montessori,....Na medida do posible, na nosa aula tentamos facer as cousas desta maneira.... fixádevos na autonomía do neno, o clima que se respira na aula, o orden, o silencio, o respeto, en definitiva o " competente" que é en todas as tarefas da súa vida....Se confiamos neles e favorecemos e potenciamos a súa autonomía eles/as serán capaces de facer as cousas por si mesmos/as.
Gustoume moito, invítovos a que o vexades e reflexionedes....Deixo abaixo unha ligazón dun blogue que mostra pautas e materiais, xogos propios desta metodoloxía por si queredes practicalo na casa. Coa vosa axuda e confianza neles será mais doado..... Espero que vos guste!!!!



domingo, 4 de octubre de 2015

COMEZAMOS A TRABALLAR ASPECTOS DA LINGUAXE....


A MIÚDO, CANDO OA PEQUENOS/AS COMEZAN A ETAPA ESCOLAR ATOPÁMONOS CON DIFICULTADES RELACIONADAS COA LINGUAXE, NON ARTICULAN BEN, PRONUNCIAN MAL, ETC...MOITAS VECES, ESTAS DIFICULTADES VAN MELLORANDO Ó MADURAR E MEDRAR,....MAIS OUTRAS PODEN ALONGARSE NO TEMPO E NECESITAN ESTIMULACIÓN E TRABALLO PARA SOLUCIONALAS...
NA AULA TRABALLAREMOS NESTA ETAPA ARREDOR DESTE TEMA...
PARA COMEZAR COÑECIMOS UN DOS CONTOS DA "SEÑORA LÍNGUA", UN MATERIAL MOI ÚTIL PARA EXERCITAR AS PRAXIAS OROFACIALES OU MOVILIDAD DOS ÓRGANOS NECESARIOS PARA FALAR, ASÍ ESTIMULAREMOS A LINGUAXE E AXUDAREMOS A PREVENIR DIFICULTADES....
ENCANTÓUNOS !!!!!

NUN DOS LATERAIS DO BLOGUE, NA PESTANA DE CONCIENCIA FONOLÓXICA PODEDES ATOPAR O CONTO E PRACTICAR NA CASA....

sábado, 3 de octubre de 2015

Percheiros e Casilleiros. Persoalizamos as nosas cousas.....

E despois do Periodo de Adaptación...Comezamos a "traballar"dando identidade a nosas aula... Aprendemos a utilizar distintos materiales...Nesta ocasión témperas sólidas e líquidas...Ahí vai un recopilatorio de fotos.....

domingo, 27 de septiembre de 2015

PERIODO DE ADAPTACIÓN 2

FEITO!!! AHÍ VAI A 2º ENTREGA DO PERIODO DE ADAPTACIÓN: FIXEMOS MOITAS COUSIÑAS, MAIS ÉSTAS, SEN DÚBIDA, SON AS QUE MAIS NOS GUSTARON....

Mantel para a Merenda

AHÍ VAI UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS DURANTE O PERIODO DE ADAPTACIÓN... TEÑO PROBLEMAS PARA SUBIR O VÍDEO DA SEGUNDA ENTREGA EN CANTO O SOLUCIONE O COLGAREI NO BLOGUE...MENTRAS TANTO ÍDE ABRENDO BOCA...NUNCA MELLOR DITO...."A MERENDARRRRRRR".............



domingo, 20 de septiembre de 2015

Periodo de adaptación 1


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA ENTREGA DALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NESTES DÍAS....MIRADE CANTAS COUSIÑAS!!!!, ....O PASAMOS XENIAL!!!!

sábado, 12 de septiembre de 2015

ÉSTES/AS SOMOS NÓS!!!!



OLA FAMILIAS!!!! XA ESTAMOS POR AQUÍ DE NOVO... AQUÍ VOS PRESENTO Á NOVA XERACIÓN DE RANDUFIÑOS,  QUE PARECE QUE ESTIVERAN NO COLE ANTES... ESTOU ABRAIADA CÓ BEN QUE LEVAN O PERIODO DE ADAPTACIÓN....NON HAI CHOROS E ESTÁN FELICES NA AULA!!!! EN 3 2 1 COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE.... ESPERO QUE NOS VISITEDES MOITO, MOITO E DEIXEDES MOITOS COMENTARIOS..... AS VOSAS OPINIÓNS NOS AXUDAN  A MEDRAR!!!!

jueves, 10 de septiembre de 2015

EDUCACIÓN INTEGRAL... PARA REFLEXIONAR E ENTENDER A ETAPA QUE COMEZAMOS...

Onte, na reunión de pais de inicio de curso visionamos un video moi interesante...Aquí o deixo para as mamis e papis que non puideron asistir... Espero que vos guste e vos faga reflexionar,....
Aproveito para convidarvos a botar unha ollada (con tempo e pouquiño a pouco) ás" ligazóns interesantes" que aparecen a esquerda do blogue....Son moi boas e convidánnos a pensar....Ó longo do curso irei colgando algunha mais....

miércoles, 2 de septiembre de 2015

BENVIDOS/AS Ó NOVO CURSO... COMEZA UNHA NOVA VIAXE...

Ola amigos/as!!! Xa estamos de volta con moitas ganas, ilusións, expectativas, proxectos, dúbidas, medos, emocións, optimismo, e un sen fin de cousas mais....
Comezamos unha nova etapa con 15 cativos/as de 2-3 anos que en 10 días estarán inmersos nun Período de Adaptación que lles abrirá as portas ó mundo escolar.... Cada un/ha coas súas inquedanzas, intereseses, cós seus corazonciños, os que estou segura que nos levarán polo camiño do ben feito....
Benvidos/as a todos ó CURSO 2015-2016!!!!!


jueves, 25 de junio de 2015

FIN DA VIAXE....(Promoción 12-15)

E con moita mágoa, chegamos o fin desta estupenda aventura....como xa vos dixen fóron 3 anos xeniais....CHEOS DE VIDA!!!! Encantoume vivilos xunto a vós, non só porque o pasei superben, senón tamén porque aprendín moitísimo.... Creo que xa está todo dito só quero que saibades que levareivos no meu corazón sempre...Espero que vos vaia xenial e que sexades requetefelices!!!! Esta entrada vai adicada a vós cun recopilatorio do noso paseo pola Educación Infantil, a nosa orla feita peli e unha ligazón interesante con recomendacións de actividades próximas ó noso entorno moi, moi, interesantes, navegade por ela e xa veredes...Espero que vos guste!!!
FELICES VACACIÓNS,!!!!!



http://www.littlevigo.com/

martes, 23 de junio de 2015

FIN DE CURSO 2015



PARA ESTE FIN DE CURSO CONTAMOS CUN HINCHABLE XIGANTE!!!! PASAMOS UNHA MAÑÁ TRANQUILIÑA E MOI DIVERTIDA ESGOTANDO OS DERRADEIROS MINUTOS DE XOGAR NA CLASE O QUE MAIS NOS GUSTA DO MUNDO, OS RECANTOS!!!!! (CASIÑA, COCHES, MANUALIDADES, CONSTRUCCIÓNS)....ASÍ COMEZAMOS E ASÍ REMATAMOS!!!!! DESPOIS DEGUSTAMOS UNHA RICA MACEDONIA E DISFRUTAMOS SALTANDO E TROULEANDO NO HINCHABLE.....

CUMPLES DE VERÁN: LAURA P., YESICA E LUCÍA G.



AÍNDA QUE LAURA P., YESICA E LUCÍA G. NON SOPLARÁN AS VELAS ATA O VERÁN NON QUIXEMOS DEIXALAS SEN FESTA, COROA E AGASALLO, E  FESTEXAMOS O SEU CUMPLE XUNTO CÓS DEMAIS AMIGOS/AS QUE NACERON NESTA ÉPOCA....UN BIQUIÑO GUAPÍSIMAS!!!!







INDIANA BILL 2015

E AQUÍ TEDES A REPORTAXE DA SAÍDA A INDIANA BILL...FOI XENIAL!!!!

lunes, 22 de junio de 2015

Vermes de Seda


E agora cun pouquiño mais de tempo comezo a publicar as pelis das actividades que fixemos ultimamente...
A primeira, unha reportaxe xenial sobre o proceso do ciclo de vida dos vermes de seda......Aprendimos  moitísimo sobre estes animais tan curiosos e tamén traballamos as mates, contándoos, contando os días que tardaron en sair das  casullas, restando ós que xa fixeran a casulla dós demais, medindoos, vocabulario.... os coidamos moi ben porque todos convertíronse en bolboretas e puxeron unha morea de ovos..... Damos as grazas ós papis de Laura P. que foron quen nos trouxeron as crías....

lunes, 15 de junio de 2015

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS......

HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL..., AS FAMILIAS DOUS "MEUS" PEQUENOS/AS VIÑERON Ó COLE PARA DARME UNHA SUPERSORPRESA....
QUEDEI ABRAIADA, ESTABA TAN NERVIOSA QUE NON ME SAÍAN AS PALABRAS, NIN AS BÁGOAS!!!!,.... ENCANTOUME O DETALLE!!! NON TÍÑADES POR QUÉ FACELO... AS GRAZAS SON AS MIÑAS XA QUE CON NENOS/AS E PAIS/NAIS COMO VÓS FOI MOI, MOI DOADO... ESTES 3 ANOS FÓRON ESTUPENDOS, APRENDÍN MOITÍSIMO E SOBRE TODO O PASEI XENIAL....
ESPERO QUE VOS VAIA MOI BEN NA VOSA NOVA ETAPA, ESTOU SEGURA DE QUE SI, NON TEÑADES MEDO!!!! E QUE SAIBADES QUE EU SEMPRE ESTAREI AQUÍ PARA O QUE NECESITEDES....
AÍNDA NOS QUEDAN 4 DÍAS PARA SEGUIR DISFRUTANDO A TOOOPEEEEEE.... SODES OS MELLORES!!!!!!!






sábado, 13 de junio de 2015

Viaxe en barco ás Íllas CÍes...


E por fin chegou o día que levabamos esperando dende Xaneiro; cando lles preguntei si lles gustaría ir á excursión dos nenos/as de Primaria...Puxéronse como toliños cando souperon que sería ás Íllas Cíes!!! Levan planeando con quén ían ir de parella, qué bikini ían levar, qué comerían..... dous trimestres!!!!! E con razón, a súa 1º excursión de todo o día.... A experiencia resultou estupenda,.... Non puideron comportarse mellor, estou superorgullosa de vós chicos/as.... Non me equivoquei cando decidín levalos.... o pasamos xenial!!!! E comprobei que saben estar á altura das circunstancias en todos os intres..., autónomos, ordenados, cautos, axudándose uns ós outros e facendo caso das indicacións sempre....Qué ben!!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo deste día tan especial, a nosa 1ª viaxe en barco xuntos ás Íllas Cíes, un paraíso natural increíble!!!!!

viernes, 12 de junio de 2015

Convivencia cós novos compis do ano que ven...


A semana pasada tivemos unha visita moi especial, os nenos e nenas que estarán con nós o ano que ven viñeron a visitar o cole e a coñecernos...O pasamos moi, moi ben e fixemos moitas cousas...Mirade, mirade....

CUMPLE DE NOA

E POR FIN HOXE PUIDEMOS FESTEXAR O CUMPLE DE NOA!!!! FOI O DÍA 31 DE MAIO, MAIS O DÍA QUE IAMOS CELEBRALO PUXOSE MALIÑA... HOXE VIU  TOTALMENTE RECUPERADA E PREPARADA PARA SOPRAR AS SÚAS 6 VELAS!!!! TROUXO UNHA TARTA PERSONALIZADA XA QUE ELEXIU ELA TODOS OS INGREDIENTES...ESTABA BOÍSIMA!!!! ENCANTOUNOS E COMÍMOLA TODA, TODA....
MOITÍSIMAS FELICIDADES COMPI!!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS....