jueves, 20 de octubre de 2016

RECANTOS E MAIS RECANTOS.....

E PARECE QUE TÍÑAMOS UN POUCO DE RETRASO NAS ENTRADAS DO BLOGUE!!!!
 POR AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS PELICULIÑAS PARA QUE VEXADES O QUE NOS DAN DE SÍ AS SEMANAS...ESTAS SON ALGUNHAS DAS TAREFAS MAIS SIGNIFICATIVAS QUE FIXEMOS DURANTE OS PASADOS 15 DÍAS....ESTAMOS QUE NON PARAMOS!!!!





sábado, 15 de octubre de 2016

CUMPLE DE ALEX



O XOVES FESTEXAMOS O 1º CUMPLE DO CURSO.....ESTE ANO QUERO QUE OS NENOS/AS O VIVAN DUNHA FORMA MAIS SIGNIFICATIVA PARA ELES, ASÍ QUE OS ÍMOS FACER UN POUQUIÑO MAIS ESPECIAIS E ASÍ OS HOMEAXEADOS/AS VAN A INTERIORIZAR O CONCEPTO DE CUMPRIR ANOS. O MESMO TEMPO TAMÉN TERÁ UNHA FINALIDADE DIDÁCTICA XA QUE TRABALLAREMOS O PASO DO TEMPO,AS ESTACIÓNS, OS MESES, OS MOVEMENTOS DA TERRA E O SOL(QUE NOS VEN XENIAL XA QUE ESTE ANO TAMÉN ESTAMOS APRENDENDO E INVESTIGANDO COUSIÑAS SOBRE O UNIVERSO....)

TRÁTASE DUN PEQUENO RITUAL TÍPICO DAS ESCOLAS MONTESSORI, PARA O QUE NECESITAREMOS UNHA VELA QUE SERÁ O SOL, OS MESES DO ANO QUE SE COLOCAN ORDENADOS ARREDOR DO SOL E UN GLOBO TERRÁQUEO....O NENO SITUARASE NO MES QUE NACEU E SE ACENDERÁ A VELA A PARTIR DE AHÍ DARÁ UNHA VOLTA ARREDOR DO SOL COA "TERRA" NAS SÚAS MANS....CANDO CHEGA O SEU MES EXPLICAREMOS QUE CUMPLIU 1 ANO E ASÍ SUCESIVAMENTE CON 2, 3 E 4 ANOS, EN CADA ANO, O NENO PODERÁ ENSINAR AS SÚAS FOTOS, E FALAR, CONTARNOS COUSIÑAS DE COMO ERA, QUE SABÍA FACER,  ETC.... ENTENDERÁN QUE A TERRA TARDA UN ANO EN DAR UNHA VOLTA O SOL....

BUENO, A EXPLICACIÓN PODE PARECER UN POUCO LÍO, XA VOS ENSINAREMOS........COIDO QUE A ELES GUSTOULLE!!! AÍNDA QUE POLO DE AGORA NON TEMOS MOITA PRÁCTICA.....

POR AQUI DEIXAMOS UNHA PELI PARA QUE VEXADES UN POUQUIÑO COMO FOI A COUSA.....DESPOIS COMO SEMPRE, FIXEMOS COROAS, DEBUXOS E AGASALLOS PARA ALEX E ALMORZAMOS UNHA TORTA DA PATRULLA CANINA....MENUDO ÉXITO!!! CASE A PAPAMOS TODIÑA.....MOITÍSIMAS FELICIDADES AMIGO ALEX!!!!!

miércoles, 12 de octubre de 2016

MANTEL PARA A MERENDA


POR AQUÍ DEIXO O MANTEL QUE FIXEMOS ESTE ANO PARA MERENDAR.... O RESULTADO QUEDOU CHULÍSIMO MAIS O MELLOR FOI O PROCESO E TODO O QUE TRABALLAMOS PARA FACELO.... AS CORES CLARAS E ESCURAS, AS LIÑAS RECTAS, A SERIACIÓN(CLARO -ESCURO), A MOTRICIDADE FINA, A GRAFOMOTRICIDADE, AS LETRAS, O CORPO, A CREATIVIDADE.....UFFFF!!!! ACTIVIDADE SUPERCOMPLETIÑA, NON SI?

domingo, 2 de octubre de 2016

Asociación cultural Xuntanza de Randufe

E con esta publicación dou por rematadas as cousiñas de setembro que tiña atrasadas....
O venres contamos coa visita no cole do grupo Xuntanza de Randufe!!!
Estiveron falando sobre os instrumentos tradicionais e facendo unha pequena demostración.... Aquí tedes a reportaxe....

DINÁMICA DE TRABALLO NA MAÑÁ

DEIXO POR AQUÍ UN EXEMPLO DO QUE FACEMOS NA MAÑÁ....COMO XA VOS EXPLIQUEI, TRABALLAMOS POR RECANTOS DE APRENDIZAXE, ASÍ QUE DESPOIS DUNHA "ASAMBLEA" NA QUE SAUDÁMONOS, VEMOS QUÉN FALTA, FALAMOS DE COUSAS QUE NOS PASARON O DÍA ANTERIOR, POÑEMOS A FECHA, VEMOS O TEMPO QUE FAI,..... NESTES INTRES TAMÉN ORGANIZAMOS A MAÑÁ...ESTAS SON ALGUNHAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS DURANTE O MES DE SETEMBRO....COMO VEDES, EXPRIMÍMOLO Ó MÁXIMO!!!!!
TAMÉN VOS ENSINAMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO PATIO....E QUE ESTÁ TAN BO TEMPO QUE É UNHA LEDICIA!!!!!
DEBUXOS DOS CARTEIS QUE FIXEMOS PARA QUE A CADELIÑA ATOPARA O SEU FOGAR...








*TEDES QUE PERDOAR MAIS NON SON CAPAZ DE POÑER AS IMAXES O DEREITO...... BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!!!JJJJ