sábado, 24 de junio de 2017

Botas..."Intres de aprendizaxe"


Como sabedes este ano utilizamos as botas de auga para saír o patio, moitas veces non facían falla...mais os cativos debían sentirse cómodos con elas, xa que as querían por case sempre....O intre de poñelas, o rematar a merenda, cada un/ha as collía, sacaba os seus zapatos, tenis, e poñía as botas, despois colocaba os tenis na súa cadeira....A verdade é que foi unha experiencia moi boa, que repetiremos o ano que ven seguro xa que os nenos/as ademais de coller autonomía para calzarse e descalzarse, aprenderon a ser ordeado/as, colocar as cousas no seu lugar(tanto no momento de saír, como no momento de entrar....)

No hay comentarios :

Publicar un comentario