domingo, 26 de marzo de 2017

Día da Poesía 2017


O pasado Día 21 de marzo foi o Día Internacional da Poesía, para commemorar a data contamos coa colaboración do Profe Luis, que ademais de ser mestre, é escritor, escritor de Poesía e ten publicados 3 libros. Por íso adicamos estas semanas para achegarnos un pouquiño  mais o mundo da Poesía e tiramos da súa axuda para facelo, Así, o Martes foi o pistoletazo de saída cunha estupenda roda de prensa con periodistas e todo!!!! Os mais pequenos tiñamos que atopar pola Biblio unha morea de preguntiñas que o Profe Luis contestou facendo poesías. O profe Fernando foi o encargado de poñer a nota musical....

A partires de esta semana todolos cursos están participando nuns obradoiros de Poesía  a cargo de Luis, a nós tocounos o venres, foi moi divertido...

Aquí deixo unhas fotiños para que o vexades

1 comentario :

  1. Genial!!! una actividad de lo más educativa, el interés por la lectura y la poesía es fabuloso. Gracias Bea,Fernando y Luis

    ResponderEliminar