domingo, 6 de abril de 2014

TUI LE


O mércores 2 de Abril celebrouse en Tui o tradicional "Tui Le". Como sabedes, íamos a baixar a Tui, xa que no Claustro da Catedral faríase un intercambio de contos entre nenos e nenas de todos os coles de Tui... o día estaba moi feo, con chuvía,... Todos trouxemos un conto da nosa casa para intercambialo e tíñamos moitas ganas de ir de paseo a Tui, xa que alí, ademais cada cole faría unha actuación....o cole de Randufe levábamos preparada a Canción das Cores que nos ensinou o Profe Fernando... O final baixaron todos os nenas e nenos de Primaria e os de infantil, por mor do tempo, quedamos no cole....  Foi alí onde montamos o noso  "Tui Le" particular....con merenda de chuches incluída..... Aquí tedes a s fotos!!!!!!

1 comentario :