jueves, 15 de octubre de 2015

CUMPLE DE ALEX...

O PASADO MARTES 13 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O 1º CUMPLE DESTE NOVO CURSO. ALEX CUMPLIU 3 ANIÑOS!!! TROUXO UN BIZCOITO QUE ESTABA MOI RICO, CASI, CASI O PAPAMOS TODIÑO!!!! NO SEU DÍA FIXO A SÚA COROA, E ENTRE TODOS/AS  FIXEMOS UN AGASALLO, CANTAMOS E BAILAMOS.... MOITÍSIMOS PARABÉNS ALEX!!!! AHÍ VAN AS TÚAS FOTOS...














domingo, 11 de octubre de 2015

REBOZARSE NA TERRA FAI NENOS/AS MAIS SANS E FELICES

UMMM... POR ÍSO OS PEQUES DE RANDUFE ESTÁN TAN FELICES E SANS....AÍNDA QUE VAIAN CHEOS DE AREA PARA CASA....
INTERESANTE ARTIGO....
http://www.tierraenlasmanos.com/rebozarse-en-el-barro-hace-a-los-ninos-mas-felices/

Xiana e Dani son expertos cantantes....




PROXECTO: ASÍ SOMOS. "A MIÑA CARA"



Ó LONGO DESTE CURSO ÍMOS TRABALLAR E APRENDER COUSIÑAS SOBRE NÓS, TOMAREMOS CONCIENCIA DE CÓMO SOMOS, NON SÓ FÍSICAMENTE SENÓN TAMÉN INTERIORMENTE E A NIVEL EMOCIONAL, TRABALLAREMOS DE MANEIRA GLOBALIZADA E TENDO EN CONTA OS INTERESES DOS NENOS/AS, ASÍ NON DEIXAREMOS DE LADO A LINGUAXE, VOCABULARIO, CANCIÓNS,E  AS MATES, AS FORMAS XEOMÉTRICAS, O CONTEO, ETC....COÑECERÉMONOS UN POUQUIÑO MELLOR E ACEPTAREMOS AS DIFERENCIAS DOS DEMAIS...COMEZAMOS!!

sábado, 10 de octubre de 2015

Unha mañá nunha escola MONTESSORI....

Aquí vos deixo unha entrada moi, moi, interesante....
 Ė a xornada escolar dun neno de 4 anos nunha escola que segue unha metodoloxía chamada Montessori,....Na medida do posible, na nosa aula tentamos facer as cousas desta maneira.... fixádevos na autonomía do neno, o clima que se respira na aula, o orden, o silencio, o respeto, en definitiva o " competente" que é en todas as tarefas da súa vida....Se confiamos neles e favorecemos e potenciamos a súa autonomía eles/as serán capaces de facer as cousas por si mesmos/as.
Gustoume moito, invítovos a que o vexades e reflexionedes....Deixo abaixo unha ligazón dun blogue que mostra pautas e materiais, xogos propios desta metodoloxía por si queredes practicalo na casa. Coa vosa axuda e confianza neles será mais doado..... Espero que vos guste!!!!



domingo, 4 de octubre de 2015

COMEZAMOS A TRABALLAR ASPECTOS DA LINGUAXE....


A MIÚDO, CANDO OA PEQUENOS/AS COMEZAN A ETAPA ESCOLAR ATOPÁMONOS CON DIFICULTADES RELACIONADAS COA LINGUAXE, NON ARTICULAN BEN, PRONUNCIAN MAL, ETC...MOITAS VECES, ESTAS DIFICULTADES VAN MELLORANDO Ó MADURAR E MEDRAR,....MAIS OUTRAS PODEN ALONGARSE NO TEMPO E NECESITAN ESTIMULACIÓN E TRABALLO PARA SOLUCIONALAS...
NA AULA TRABALLAREMOS NESTA ETAPA ARREDOR DESTE TEMA...
PARA COMEZAR COÑECIMOS UN DOS CONTOS DA "SEÑORA LÍNGUA", UN MATERIAL MOI ÚTIL PARA EXERCITAR AS PRAXIAS OROFACIALES OU MOVILIDAD DOS ÓRGANOS NECESARIOS PARA FALAR, ASÍ ESTIMULAREMOS A LINGUAXE E AXUDAREMOS A PREVENIR DIFICULTADES....
ENCANTÓUNOS !!!!!

NUN DOS LATERAIS DO BLOGUE, NA PESTANA DE CONCIENCIA FONOLÓXICA PODEDES ATOPAR O CONTO E PRACTICAR NA CASA....

sábado, 3 de octubre de 2015

Percheiros e Casilleiros. Persoalizamos as nosas cousas.....

E despois do Periodo de Adaptación...Comezamos a "traballar"dando identidade a nosas aula... Aprendemos a utilizar distintos materiales...Nesta ocasión témperas sólidas e líquidas...Ahí vai un recopilatorio de fotos.....