sábado, 1 de septiembre de 2018

PUNTO E FINAL........

Chegou a hora..... Hoxe 1 de Setembro, poño o punto è final a este blogue.... Como a maiorìa de vos xa sabedes, este año comezo unha nova aventura noutro cole, con moitas ganas, moita ilusión e moitos proxectos en mente. Despois de 6 anos, 2 promocións, moreas e moreas de experiencias, anécdotas e miles de cousas que contar,..... pecho esta férramenta tan estupenda para abrir unha pequena  fiestra ó mundo, para que estiverades mais preto de nós e entenderades a nosa esencia, a nosa forma de facer. Foi un traballo, moi duro, non o vou negar, mais moi enriquecedor, tanto no persoal, como no profesional. Grazas por estar sempre ahí, polas vosas visitas, comentarios, agradecementos e ánimos....Foi unha experiencia chulísima!!!
E coa primera entrada que metín no blogue alá polo 2012 gustaríame tamén rematalo....Moitas grazas outra vez, sorte para o novo curso e moitos bicos e apertas para todos/as....