domingo, 23 de abril de 2017

Fin do 2º trimestre, Portadas e Contraportadas



E con esta entrada dou por finalizado o 2º trimestre, un trimestre longo e, como podedes ver moi, moi cargadiño de experiencias....Agora xa non queda nadiña para rematar o curso!!!! Estou segura que o seguinte trimestre será igual de proveitoso e o mais importante é que o seguiremos disfrutando ó máximo!!!!! Veñaaaa, último empuxón...... Ata o martes!!!!


Cabaliño de Pau


E xa que aprendimos tantas cousiñas sobre estes animais tan bonitos e interesantes....Fixemos como recordo un cabaliño con materiais de refugallo.....Quedou chulísimo!!!!!

Equigalia 2017



Aquí tedes as fotiños da visita a Equigalia, na que aprendimos unha morea de cousas sobre os cabalos...estivo xenial!!!!!

sábado, 22 de abril de 2017

Semana da Froita 2017



Case finalizando o  trimestre disfrutamos, como o ano pasado da Semana da Froita, experiencia moi positiva sen dúbida, xa que os nenos/as conciencianse da importancia dunha boa alimentación, moitos/as anímanse a probar novos sabores, teñen liberdade para decidir qué froita lles apetece comer....Por aquí deixo unha pequena mostra de como resultou....

viernes, 21 de abril de 2017

Exposición de traballos dos obradoiros de poesía 2017 do "mestre poeta" Luis Ahijado


Deixovos por aquí unha pequena mostra do que se traballou por cursos nos Obradoiros que correron a cargo de Luis, como vedes os nenos/as grandes e pequenos traballaron arreo arredor das Poesías dos seus libros. Agora xa son expertos/as no tema dende pareados,  rimas, caligramas, acrósticos, versos, estrofas, etc..... quén sabe se algún deles/as será un gran Poeta ou Poetisa.....o tempo o dirá?

sábado, 15 de abril de 2017

Masaxe de grupo


Aquí vos ensinamos unha das dinámicas que facemos todas as mañas para comezar o día ben relaxadiños/as....

Percorrido Musical e Parque en Redondela



Fai uns días estivemos en Redondela disfrutando dun Percorrido Musical a cargo dos alumnos/as do Conservatorio....estivo moi chulo!!!! Xa que a través dun conto musicado nos presentaban cada familia de instrumento e escoitabamos unha pequena demostración...Moitas gracias por convidarnos!!!!

despois merendamos e xogamos no parque....o día estaba precioso!!!!

viernes, 14 de abril de 2017

Paco Nogueiras 2017



Con esta entrada comezo a publicar todas as cousiñas que teño atrasadas...Perdoade a tardanza, mais as veces aínda que se queira, o corpo pide "papas"....Foi un fin de trimestre moi cargado de cousas que preparar, entregar e  non puiden facer mais...

Aquí vos deixo as fotiños da Visita de Paco Nogueiras que contounos e cantounos unha morea de contos chulis, chulis....