"Dime y lo olvido, Enséñame y lo recuerdo, Involúcrame y lo aprendo" Benjamin Franklin.
viernes, 27 de diciembre de 2013
Actividades de Nadal
Estas son algunhas das actividades que fixemos para ó Nadal.... Non están todas e tampouco fixen moitas fotos, por íso algúnhas non están rematadas no vídeo..... Estas últimas semanas do trimestre estivemos moi ocupados, cine, contacontos, grabación da mensaxe.....e avaliacións, carpetas, notas, .....sen dúbida necesitábamos vacacións,!!!! Aínda así, aquí tedes a derradeira montaxe do ano.... Esperamos que despidades ben o 2013, e entredes con bó pe no 2014 para que se cumplan todos os vosos SOÑOS..... Un biquiño grande,!!!
martes, 24 de diciembre de 2013
Días de cine.... O PEQUENO MAGO
E como colofón ó trimestre....todo o cole foi o cine!!! A peli: O pequeno mago, unha producción do tudense Roque Cameselle, baseada na historia de Dubidoso, un neno que vive en Tui na Idade Media e que cós seus trucos de maxia salva ó pobo duns piratas.... Dende aquí queremos agradecer a presencia do director da peli no cole, que nos fixo un oco na súa apretada axenda para explicarnos todo sobre a peli....
viernes, 20 de diciembre de 2013
CUMPLE DE MARTINA
Aínda que o seu cumple é o día 24 de DECEMBRO, hoxe o FESTEXAMOS no cole... Ahí vai o noso agasallo compi.... PARABÉNS MARTINA,!!
jueves, 19 de diciembre de 2013
Mensaxe de Nadal.....
Este é o noso pequeño agasallo de Nadal.... o fixemos con moito agarimo.... Esperamos que vos guste!!!!! Felices Festas!!!!!!
miércoles, 18 de diciembre de 2013
CONTACONTOS
Hoxe disfrutamos cun CONTACONTOS estupendo..... Paulo e Almudena deleitarónnos coa súa actuación....o pasamos moi ben porque eles fóron moi divertidos, cantamos, bailamos, e escoitamos CONTOS como o de un neno que se chama Lucas e tiña moitas ganas de facer pis a noite que viñeron os Reis Magos, tamén inventarónse unha historia con palabras que nós lles dixemos, unha delas era Chisco, o noso ratiño da biblioteca, así que agora xa sabemos moitas cousas do noso amiguiño.... Gracias amigos por estes intres e gracias ANPA por este agasallo tan especial!!!!
miércoles, 11 de diciembre de 2013
lunes, 9 de diciembre de 2013
viernes, 6 de diciembre de 2013
XA CHEGA O NADAL !!!!
Xa queda nadiña para rematar o trimestre e disfrutar das festas.... Este ano no cole queremos dar a benvida ó Nadal dun xeito moi especial...Na entrada xa está colocada a árbore, unha árbore cuns adornos un tanto peculiares.... Son fotos de todos e todas os mestres cando éramos nenos/as.... Animádevos a participar no concurso de adiviñar quen es quen.... Só tedes que coller unha papeleta na Caixa que está a carón da árbore e recheala ( número da foto e nome do mestre/a ).... Os nenos/as xa están facendo a súas apostas,!!!! No blogue tamén podedes poñer os vosos comentarios!!!... Este Nadal XOGAMOS a adiviñar......
jueves, 5 de diciembre de 2013
RETRATOS
Estes son uns retratos que fixemos no comezo do trimestre e aínda non vos ensinamos.... A qué quedamos moi guapos/as???
lunes, 2 de diciembre de 2013
ARTE E CREATIVIDADE
NO TALLER DE ARTE EXPERIMENTAREMOS Ó LONGO DO CURSO COAS DISTINTAS TÉCNICAS PLÁSTICAS... NESTA OCASIÓN UTILIZAMOS TÉMPERAS DE CORES DE OUTONO E CORCHOS DE BOTELLA.... ÉNCANTANNOS ÉSTAS ACTIVIDADES NAS QUE DESENROLAMOS A CREATIVIDADE E FAMILIARIZÁMONOS CON MOITOS MATERIAIS.....
jueves, 28 de noviembre de 2013
Concurso DEBUXA O TEU COLE
Estamos a participar nun concurso dos Bolechas onde temos que debuxar o noso cole. Estes son os NOSOS debuxos.... Vedes que bonitos quedaron??? Encántame a creatividade e as cores que lles puxeron..... Sen dúbida para eles/as o cole está cheo de luz e cor.....
domingo, 24 de noviembre de 2013
O MELLOR DA SEMANA....
ESTA SEMANA FIXEMOS DOS COUSAS MOI INTERESANTES E IMPORTANTES PARA AS NOSAS APRENDIZAXES....O ANO PASADO TRABALLABAMOS EN GRAN GRUPO NA PIZARRA DIXITAL CANDO ÍAMOS A AULA DE INFORMÁTICA, ESTE ANO O SEGUIREMOS FACENDO PERO TAMÉN TRABALLAREMOS NOS ORDENADORES INDIVIDUALMENTE POR ÍSO É IMPRECINDIBLE AFIANZARNOS NO MANEXO DO RATO PARA SER MAIS AUTÓNOMOS.... E O XOGO DA OCA, UN RECURSO BOÍSIMO PARA APRENDER A CONTAR, A ESPERAR O TURNO, O USO DO DADO, AS NORMAS DO XOGO, VOCABULARIO,.... E O MAIS IMPORTANTE A SABER QUE AS VECES GAÑAMOS E AS VECES PERDEMOS E SE PERDEMOS NON PASA NADA...O IMPORTANTE E PASAR UN BO RATO E DIVERTIRSE COS COMPIS.....
Saída ó parque!!!!
O venres tíñamos prevista unha saída ó Alto do Coello.... Pero xurdiron imprevistos e o final decidimos non subir e quedar no estupendo parque que temos ó carón do cole,.... O pasamos moi ben e disfrutamos do estupendo día que facía....
jueves, 21 de noviembre de 2013
10.000 visitas no noso blogue!!!!!
En setembro do 2012 comezamos a nosa andaina nos Randufiños!!!!
Nun ano e un pouquiño mais xa temos mais de 10.000 visitas.....por iso queremos dar as GRACIAS a todos/as os que pasades por aquí.... Esperamos que todo sexa do voso agrado e interés....tamén pedimos disculpas polos erros que as veces cometemos.... E vos animamos a que vos fagades seguidores e comentedes as nosas publicacións,...
Nun ano e un pouquiño mais xa temos mais de 10.000 visitas.....por iso queremos dar as GRACIAS a todos/as os que pasades por aquí.... Esperamos que todo sexa do voso agrado e interés....tamén pedimos disculpas polos erros que as veces cometemos.... E vos animamos a que vos fagades seguidores e comentedes as nosas publicacións,...
martes, 19 de noviembre de 2013
lunes, 18 de noviembre de 2013
COUSIÑAS do MAGOSTO....
Estas son algunhas das actividades que fixemos para o MAGOSTO..... Cun brick de leite fixemos a cestiña para botar as castañas e unha castañeira moi orixinal... Mirade cánto traballamos!!!!
IMOS Á BIBLIOTECA!!!!!
O XOVES PASADO ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA DO COLE!!!!! COMO OS NENOS/AS MAIORES, LEVAMOS Ó CARNET E O MARCAANDEI E PUIDEMOS COLLER UN CONTO DE PRÉSTAMO PARA LEVALO A CASA NA FIN DE SEMANA....QUÉ BEN!!!!! AÍNDA QUE HAI TAAAANTOS CONTOS QUE NON SABEMOS CÁL ESCOLLER..... DESPOIS DE ELEXIR POÑEMOS O NOSO "MARCA CHISCO" NO LUGAR DO CONTO E ASÍ O VINDEIRO XOVES O COLOCAREMOS NO SEU SITIO......
miércoles, 13 de noviembre de 2013
TEATRO NUNCABUNGA E PARQUE DE CASTRELOS
O pasado luns estivemos no teatro en Vigo, a obra chamábase "NUNCABUNGA", e foi moi divertida, encantóunos,!!!!! Despois merendamos en CASTRELOS e disfrutamos no parque.... Aquí tedes algunhas das fotiños que fixemos....
martes, 12 de noviembre de 2013
Día Da Ciencia En GALEGO 2013
http://www.youtube.com/watch?v=jLVM-qbw50I&feature=c4-overview&list=UUizRIBa1F1YYXPPiQce3Dtw
A semana pasada celebramos no cole o Día da Ciencia en Galego, aquí tedes una mostra da actividade que fixemos para este día.....
A semana pasada celebramos no cole o Día da Ciencia en Galego, aquí tedes una mostra da actividade que fixemos para este día.....
jueves, 31 de octubre de 2013
domingo, 27 de octubre de 2013
MOTRICIDADE FINA E COORDINACION OCULO-MANUAL
O DESENROLO DA MOTRÍCIDADE FINA OU O TRABALLO REALIZADO COS DEDOS E MÁNS COORDINÁNDOSE CÓS OLLOS É PRIMORDIAL PARA A ADQUISICIÓN DE DESTREZAS E APRENDIZAXES MOITO MAIS COMPLEXAS COMO POR EXEMPLO A ESCRITURA.... NA CLASE TEMOS MOTOS MATERIALES E XOGOS PARA TRABALLAR NESTE SENTIDO.... AQUÍ PODEDES VER UN EXEMPLO DE AGUNHAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS XA SEN AXUDA ....EXPERIMENTANDO E BUSCANDO SOLUCIÓNS CREATIVAS.... NA LIGAZÓN DE ABAIXO PODEDES VERNOS EN PLENA ACCIÓN...
miércoles, 23 de octubre de 2013
CUMPLE DE ALDARA.
domingo, 20 de octubre de 2013
OUTONO 2013
CHEGOU O TEMPO DE OUTONO E AÍNDA QUE PAREZA ABURRIDO, CHOVENDO E CHOVENDO TODO O RATO....NÓS, SABEMOS SACARLLE PARTIDO..... MIRADE CÁNTAS COUSAS FIXEMOS NESTES DÍAS TAN GRISES!!!!!
sábado, 19 de octubre de 2013
viernes, 11 de octubre de 2013
DESENVOLVEMENTO DO PENSAMENTO MATEMÁTICO
XA ESTAMOS INICIÁNDONOS NALGÚNS XOGOS MATEMÁTICOS QUE TEMOS NA CLASE. ATA AGORA FAMILIARIZÁNDONOS CÓ MATERIAL E RECORDANDO AS REGRAS....AQUÍ TEDES A MOSTRA!!!!!
jueves, 10 de octubre de 2013
XOGAMOS EN EQUIPO
MOITAS VECES NO COLE XOGAMOS A XOGOS UN POUQUIÑO TRADICIONAIS, DESES QUE XOGABAN PAPÁ E MAMÁ CANDO ÉRAN PEQUENOS.... ESTES XOGOS SON FUNDAMENTAIS PARA APRENDER A COOPERAR, A XOGAR EN EQUIPO, A ESPERAR O TURNO, A RESPETAR UNHAS NORMAS, MANTER A ATENCIÓN, DESCUBRIR AS NOSAS POSIBILIDADES E LIMITACIÓNS,.... TAMÉN PARA INTERIORIZAR QUE AS VECES GAÑAMOS PERO OUTRAS PERDEMOS E NON PASA NADA...O IMPORTANTE COMO SEMPRE SE DÍ, É PARTICIPAR E DIVERTIRSE.... AHÍ VAI UNHA MOSTRA DALGÚNS QUE XA FIXEMOS ESTE CURSO......
lunes, 7 de octubre de 2013
CUMPLE DE LUCÍA A.
O sábado 5 de outubro foi o cumple de LUCÍA A, así que hoxe o festexamos no cole.... Trouxo unha tarta moi rica con moitas chuches, ela nos dixo que a fixo a súa avoa.... Tamén agasallounos con cucuruchos de larpeiradas para todos/as.... Aínda que xa a felicitamos en persoa, ahí vai a nosa homeaxe particular..... PARABÉNS GUAPÍSIMA,!!!
Í
sábado, 5 de octubre de 2013
CUMPLE DE NICO
Como vedes non paramos cós cumples... Hoxe o "cumpleañeiro" foi Nico.... Trouxo unha tarta de chocolate e lacasitos con forma de pez que estaba requeteboa e moitas chuches para compartir....Ahí vai o noso agasallo dixital para ti, PARABĒNS AMIGO!!!
miércoles, 2 de octubre de 2013
martes, 1 de octubre de 2013
CUMPLE DE CRISTINA
ONTE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE CRIS...O PASAMOS MOI BEN, MERENDAMOS UN BIZCOITO CON CHOCOLATE QUE FIXO A SÚA MAMÁ, FIXEMOSLLE UN AGASALLO E BAILAMOS COMO EN UNHA DISCOTECA....
ÉSTA É A NOSA HOMEAXE PARA TI.... UN CONTO DE PRINCESAS EN TODA REGRA!!!!! PARABÉNS AMIGA!!!!!
ÉSTA É A NOSA HOMEAXE PARA TI.... UN CONTO DE PRINCESAS EN TODA REGRA!!!!! PARABÉNS AMIGA!!!!!
lunes, 30 de septiembre de 2013
IOGA NA CLASE
Estamos aprendendo a facer ioga para controlar o noso corpo, liberar tensións,....para facelo utilizamos un enlace moi , moi interesante.... Xa veredes!!! Tamén podedes probar vós.....
E aquí tedes un anaquiño da nosa primeira clase....
E aquí tedes un anaquiño da nosa primeira clase....
XOGAMOS COAS LETRAS....
Aquí tedes as nosas primeiras achegas do curso ó mundo das letras... Só temos que xogar !!!!
lunes, 23 de septiembre de 2013
CUMPLE DE ANDREA
Hoxe celebramos o primeiro aniversario do curso!!!! Felicidades compi!!!! E grazas a papi e mami por todo o que trouxechedes para celebralo....
domingo, 22 de septiembre de 2013
Mais cousiñas....
Aquí tedes algunhas actividades que fixemos nesta semana, así ímos collendo ritmo.... Esperamos que vos gusten!!!!!
QUÉ DEBE SABER UN NENO/A DE 4 ANOS
http://m.huffpost.com/es/entry/3955952
Papis e mamis aquí vos deixo este artigo tan interesante.... Paga a pena botarlle unha ollada e reflexionar sobre o tema.....Premede no enlace!!!!
Papis e mamis aquí vos deixo este artigo tan interesante.... Paga a pena botarlle unha ollada e reflexionar sobre o tema.....Premede no enlace!!!!
sábado, 14 de septiembre de 2013
XA ESTAMOS DE VOLTA.....
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Primeiro día.... SUPERADO!!!!!
Xa estamos de volta.....hoxe foi o primeiro día.... Na fila todos tíñamos cariñas de sono... Pero nada mais entrar na clase xa nos espabilamos!!! Apertas, bicos, saúdos, e un sen fin de cousas que contarnos....Ademáis foi unha mañá de presentacións xa que temos dous compis novos ALDARA e PABLO.... A verdade, é que integráronse estupendamente no grupo, parece que nos coñecen de toda a vida!!!! Moi ben campiones!!!! Por outra banda, estamos un pouquiño tristes.... Porque as nosas compis IRENE e NEREA marcharon a outros coles, dende aquí queremos desexarlles moita, moita sorte e dicirlles que as botaremos moito de menos, cando queirades podedes vir a facernos unha visita....un bico grande guapísimas!!!!
Hoxe foi un día de sorpresas, de encontros, de falar e de xogar xuntos..... Xa estamos facendo moitas fotiños para que non perdades detalle,....
Arranca ó curso 2013/14 BENVIDÓS/AS A TODOS/AS!!!
miércoles, 4 de septiembre de 2013
VOLTA Ó COLE!!!!
As VACACIÓNS remataron.... Xa temos as pilas cargadas, non??? Todos os mestres do cole xa estamos traballando a tope para arrancar os motores do novo curso 2013/2014. O vindeiro MÉRCORES 11 de setembro as portas quedan abertas para todos vós... Non esquenzades a vosa ilusión, a vosa enerxía e as vosas ganas de seguir aprendendo e disfrutando.... BO COMEZO PARA TODOS E TODAS!!!
lunes, 22 de julio de 2013
Rayita tamén está de VACACIÓNS!!!!
lunes, 1 de julio de 2013
Actividades e ocio para nenos en Vigo e arredores...
Aquí vos deixo un blogue onde podedes atopar unha morea de suxerencias para facer no verán cos vosos fillos. Premede no enlacé e xa veredes :
http://www.littlevigo.com/2013/07/cerrado-por-vacaciones.htm
http://www.littlevigo.com/2013/07/cerrado-por-vacaciones.htm
sábado, 29 de junio de 2013
Fin de curso 2013
miércoles, 26 de junio de 2013
Vídeos de Mundo pirata...
domingo, 16 de junio de 2013
domingo, 9 de junio de 2013
Creamos...
Xa fai algún tempo que non publicamos exemplos dos traballiños que facemos na clase, a verdade e que estamos moi liados.... Que si saídas, talleres, horta, vídeos.... Xa cheira a fin de curso.... Uffff , qué rápido pasou..... Nesta semana estivemos experimentando có cartón e os tubos de papel hixiénico... Aínda non rematamos e tampouco temos fotos de todo o proceso para que o vexades pero o resultado gustounos tanto que o utilizaremos para as portadas dos traballiños deste trimestre... A ver que opinades vos!!!!
domingo, 2 de junio de 2013
Traballando na horta...
Como vedes estamos que non paramos, churreiros, xardineiros, recicladores, músicos, cantantes,..... E agora tamén labregos... O venres estivemos traballando na horta do cole... Nesta ocasión plantando LEITUGAS e tomates... Aínda que algúns non quixemos mancharnos moito coa Terra, o fixemos estupendamente.... Esperamos que prendan e medren moito, moito... Faremos todo o posible para que así sexa...
viernes, 31 de mayo de 2013
Separa, recicla...
Aquí deixamos o súper-video clip que grabamos como remate o proxecto común no que levamos traballando ó longo do curso, unha experiencia xenial coa que ademais de aprender a separar, reciclar e reutilizar para facer instrumentos e disfraces, tamén reinventamos unha canción, a cantamos e grabamos (audio e video) como auténticos profesionais... A materia prima puxémola nós mais este gran resultado é obra da profe Laura e o profe Fernando....Noraboa !!!
Cumple de Noa ( inf. 3 años)
Hoxe foi o cumple de Noa, ainda que estivo malita toda a semana, recuperouse para poder celebrar o seu día con nos.... Fixen unha montaxe de fotos diferente.... A partires de agora veredes algunha cousiña nova xa que estou afianzandome con novos programas e así mellorar as nosas publicacions
Espero que vos guste e perdoade os fallos...ainda son unha novata... A primeira presentación e esta... Noa, vai por ti!!! Felicidades guapísima...!!!
martes, 28 de mayo de 2013
sábado, 25 de mayo de 2013
TEATRO KRI, KRA, KRO
ONTE ESTIVEMOS NO TEATRO.... A OBRA: KRI, KRA, KRO, UN ESPECTÁCULO DE LUZ E SOMBRAS CHULÍSIMO..... O ESCENARIO: O GARCÍA BARBÓN EN VIGO E O PÚBLICO.... NÓS!!!! O PASAMOS XENIAL E NOS PORTAMOS DE MARAVILLA..... DESPOIS MERENDAMOS NO PARQUE DE CASTRELOS E AÍNDA QUE NON TIVEMOS TEMPO DE XOGAR NO PARQUE (O AUTOBÚS DEIXOUNOS MOI LONXE DOS COLUMPIOS E TIÑA QUE VOLTAR CEDO Ó COLE,....) DISFRUTAMOS DO BO TEMPO, RESPIRANDO,COLLENDO FLORES, XOGANDO NA HERBA E BOTANDO CARREIRAS..... AQUÍ TEDES A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA EXPERIENCIA.....
viernes, 17 de mayo de 2013
XARDINEIROS/AS POR UN DÍA....
ONTE OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS CONVIDÁRONNOS A SER OS SEUS AXUDANTES DE XARDINERÍA....CONTÁRONNOS QUE COÑECÍAN UN CONTO FERMOSISIMO DUN CARBALLO, "O CARBALLO CON BOTAS", E QUE DECIDIRON PLANTAR OS SEUS CARBALLIÑOS CON BOTAS PARTICULARES...POR ISO PEDIRON A NOSA AXUDA, ASÍ QUE MANS Á TERRA!!!!!
Letras Galegas 2013
Hoxe é festivo!!!!! é o día das Letras galegas... Este ano adicase a Roberto Vidal Bolaño, así que onte estivemos falando do que significa este día, quén é Roberto Vidal e demais.... aproveitamos para facer o noso cadro especial das Letras Galegas, así que pintamos, pegamos gomets, recortamos e utilizamos pegamento para poñelo nunha cartulina.... Aquí deixamos unha pequeniña mostra do que fixemos nós soíños!!!!!!
miércoles, 15 de mayo de 2013
OBRADOIRO DE ATENCIÓN E MEDITACIÓN
A semana pasada vivimos unha experiencia moi, moi especial.....estiveron con nós os amigos de Debi, con eles viaxamos o mundo do arco da vella e alí aprendimos a relaxarnos, a manter a atención, a escoitar, a respirar, a estar tranquilos...!!!!! o clima que se creou na aula de música foi máxico cheo de paz e calma...... encantounos a música, o baixiño que falaban....ahí vai unha mostra deste taller tan guai....Premede no enlace....
domingo, 5 de mayo de 2013
DIA DA NAI 2013
NESTA ENTRADA PUBLICAMOS DOUS COUSIÑAS PARA O DÍA DA NAI...O PRIMEIRO É UNHA PELI COAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA ESTE DÍA TAN ESPECIAL, E O SEGUNDO, UN VÍDEO CUNHAS MENSAXES PARA AS NOSAS MAMIS... ESTABAMOS UN POUCO NERVIOSOS CANDO O GRABAMOS...COUSAS DO DIRECTO!!!!, PERO O FINAL QUEDOU MOI BEN...MOITOS, MOITOS BIQUIÑOS E MOITAS FELICIDADES MAMÁS!!!!!
viernes, 3 de mayo de 2013
CUMPLE DE LUCAS...
jueves, 2 de mayo de 2013
Contacontos kalandraka
miércoles, 1 de mayo de 2013
FELICIDADES PAOLA!!!!!!!
martes, 30 de abril de 2013
Pequena homeaxe ós contos Día do libro 23- 4- 13
Sen dúbida unha das actividades que mais nos gusta do cole é a HORA DO CONTO....Encántanos escoitalos, contalos, que os conte a profe, ou os nenos/as de 6º que as veces veñen a ler a nosa clase, cando os contamos nós.... sen dúbida todos estes intres son especiais, máxicos.....
Un dos obxetivos deste curso é aprender a tratar os libros, a coidalos, valoralos e a entender que son un tesouro....
Ahí vai unha pequena homeaxe a estes " amigos " tan interesantes, unha recopilación de ratiños que teñen que ver con eles e un resumo das actividades que fixemosno Día do Libro, un marcapáxinas para intercambialo cos nenos/as de 1º , e lectura e escoita do conto "Ahora que vai pasar"a cargo dalgúns nenos e nenas de Primaria. Esperamos que vos gusten os contos tanto como nos gustan a nós!!!!!.Premede no enlace...
Anaïs é reposteira!!
ANAÏS TEN UNHA DOTE ESPECIAL PARA OS BISCOITOS, CREMOS QUE DE GRANDE VAI SER UNHA EXCELENTE REPOSTEIRA. A SEMANA PASADA AGASALLOUNOS CUN EXQUISITO BISCOITO QUE ELABOROU COA AXUDA DA SÚA NAI. ESTABA DELICIOSO!!
Novas de abril na clase de 5
Tras unha serie de problemas víricos no ordenador da profe, por fín vos podemos contar o que fixemos este mes de abril. Comezamos polos aniversarios de Samuel, Alba e Sofía que xa cumpliron 6. Non nos perdades de vista!!!
domingo, 28 de abril de 2013
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS RECICLADOS
martes, 23 de abril de 2013
ESCOITAMOS UN CONTO...
HOXE CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO" E COMO ADIANTO DAS ACTIVIDADES QUE FAREMOS NESTA SEMANA POR ESTE MOTIVO QUEREMOS RECOMENDAR ESTE CONTO QUE NOS GUSTA MOITO " EL CONEJO BLANCO" CONVIDÁMOSVOS A QUE O ESCOITEDES CON NÓS!!!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE....
viernes, 19 de abril de 2013
PSICOMOTRICIDADE
CANDO FACEMOS PSICOMOTRICIDADE ESTAMOS TRABALLANDO O COGNITIVO, O EMOCIONAL, O SIMBÓLICO, O SENSORIOMOTOR......E POLO TANTO, A CAPACIDADE DE SER E DE EXPRESARSE NUN CONTEXTO SOCIAL; ÍSTO É FUNDAMENTAL PARA UN DESENROLO ARMÓNICO DA PERSOALIDADE....
ADEMAIS O PASAMOS XENIAL!!!!!! ASÍ QUE TODOS/AS A POÑERSE EN FORMA!!!!!
martes, 16 de abril de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
ASAMBLEA 1
miércoles, 10 de abril de 2013
sábado, 6 de abril de 2013
SAÍDA TUI
<iframe width="640" height="360" src="http://www.youtube.com/embed/Wrv55BLVGiU?feature=player_detailpage" frameborder="0" allowfullscreen></ifra
NA SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS FIXEMOS UNHA SAÍDA POR TUÍ, COÑECIMOS MOITAS COUSAS COMO O CLUB DE PIRAGÚISMO, A BIBLIOTECA E A RADÍO MUNICIPAL.... TIVEMOS UN DÍA DE CHOIVA PERO ISTO NON IMPEDIU QUE O PASARAMOS XENIAL. PREMEDE NO ENLACE PARA VER A PELI
NA SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS FIXEMOS UNHA SAÍDA POR TUÍ, COÑECIMOS MOITAS COUSAS COMO O CLUB DE PIRAGÚISMO, A BIBLIOTECA E A RADÍO MUNICIPAL.... TIVEMOS UN DÍA DE CHOIVA PERO ISTO NON IMPEDIU QUE O PASARAMOS XENIAL. PREMEDE NO ENLACE PARA VER A PELI
lunes, 1 de abril de 2013
Documental - Educación Emocional (Sub en español)
Muy buen documental sobre EDUCACIÓN EMOCIONAL, papis y mamis os animo a que lo veais....
domingo, 24 de marzo de 2013
Somos churreir@s!!
Os nenos e nenas de infantil, vivimos un venres pre-vacacional moi especial, convertímonos en churreiros Fixemos a masa, amasamos desfrutando a tope facendo boliñas, probando novas texturas, manchándonos sen que ninguén nos rifase, porque para aprender e vivir as experiencias ao máximo, hai que experimentar mancharse, mollarse e explotar todas as posibilidades que nos ofrece o momento... E despois o momento máis esperado, comemos os churros con un delicioso choclolate. Os nenos e nenas de infantil mándanlle un saúdo moi especial a Ángel e Roberto, que nos fixeron un chocolate e uns churros deliciosísimos!! Grazas!!
sábado, 23 de marzo de 2013
¡¡Aarón xa ten 6!!
¡¡Hai que ver o grandes que se están facendo os nenos e nenas da clase de cinco!! Onte celebramos o cumple de Aarón que xa ten 6 anos. A súa nai e máis el nos prepararon unha deliciosa tarta, que ademáis é a nosa favorita ¡¡Tarta de galletas!!
¡¡¡Moitas felicidades Aarón!!!
jueves, 21 de marzo de 2013
lunes, 18 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
domingo, 10 de marzo de 2013
TALLER DE LINGUAXE II
SEGUIMOS PRACTICANDO O SOPRO PARA FORTALECER OS MÚSCULOS BUCOFONATORIOS...ADEMAIS COMEZAMOS A TER CURIOSIDADE POLAS LETRAS...MIRADE, MIRADE QUÉ MAIORES!!!!!!<iframe width="640" height="360" src="https://www.youtube.com/embed/lSuEkS1GQTs?feature=player_detailpage" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
TEÑO PROBLEMAS PARA SUBIR OS VÍDEOS Ó BLOGUE....PERDOADE AS MOLESTIAS E TRATAREI DE SOLUCIONALO CANTO ANTES....
TEÑO PROBLEMAS PARA SUBIR OS VÍDEOS Ó BLOGUE....PERDOADE AS MOLESTIAS E TRATAREI DE SOLUCIONALO CANTO ANTES....
viernes, 8 de marzo de 2013
E ti ....cómo te sentes????
miércoles, 6 de marzo de 2013
sábado, 23 de febrero de 2013
QUÉN ES QUÉN????
ACORDADESVOS DE CÓMO ERÁN OS NOSOS DEBUXOS CANDO EMPEZAMOS O COLE??? AÍNDA GARABATEABAMOS A QUE SI??? CON ESTA PELI QUEREMOS ENSINARVOS A EVOLUCIÓN NO DEBUXO DO NOSO ESQUEMA CORPORAL... ESTES DEBUXOS SON UNA FERRAMENTA INCREÍBLE PARA AVALIAR ALGÚNS ASPECTOS IMPORTANTES COMO A AUTOIMAXEN QUE TEMOS DE NÓS, O GRADO DE MADUREZ, O AUTOCONCEPTO, ASPECTOS EMOCIONAIS, ETC.... PROPOÑEMOSVOS UN XOGO...SABERIAIS ADIVINAR CAL É O DEBUXO DOS VOSOS FILLOS/AS???? SE TEDES DUDAS PREGUNTADENOS.... A XOGARRRR!!!!!!!!
martes, 19 de febrero de 2013
A paz e María Fumaça
Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos fixemos un traballo tod@s xuntiñ@s co gallo do día da paz que nos levou varios días de traballo duro... Aproveitamos o fermoso conto María Fumaça, cheíño de cancións para Rui, un novo amigo especial. María Fumaça, tamén é un canto á paz, materializada na convivencia e o respecto, ambos tan necesarios para vivir en paz.
jueves, 14 de febrero de 2013
14 DE FEBREIRO
HOXE, APROVEITANDO O DÍA DE SAN VALENTÍN, FIXEMOS UNHA CLASE DE FILOSOFÍA EN TODA REGRA....FALAMOS DO AMOR!!!! qUEREDES SABER O QUE PENSAMOS DO TEMA, POIS AHÍ VAI:
QUÉ É O AMOR?
AINHOA: ES CUANDO SE CASAN
IRENE: ES IR DE PASEO CON TU NOVIO
SERGIO: ES ESTAR JUNTOS Y DARSE BESOS EN LA BOCA
ANDREA: ES ABRAZARNOS
LUCAS: ES CUANDO UNA CHICA Y UN CHICO VAN DE LA MANO
LEO: EL AMOR ERES TÚ, PROFE...Y A MAMI Y A PAPI LE DOY BESOS GRANDES...
LUCÍA GALLEGO: ES UN BESO
NOA: ES JUGAR
MARTINA: ES MAMI PORQUE LA QUIERO MUCHO
LAURA:ES CASARSE
NEREA: YO QUIERO MUCHO A CRIS
OSCAR: ES QUE TENGO UNA CÁMARA DE FOTOS NUEVA, DE COLOR GRIS
PAOLA: ES IR A LA BODA
CRIS: ES QUERER A LA ABUELA
Y QUÉ ES ESTAR ENAMORADOS?
IRENE: ES TENER NOVIO, YO TENGO UNO SE LLAMA RAFA
Y LOS ENAMORADOS SE QUIEREN NO?
SI
Y CÓMO SE QUIEREN?
ANDREA: CON EL CORAZÓN Y SE PONE CONTENTO....
ELES SI QUE SABEN....
QUEIMA DO MECO 2013
NO COLE DE RANDUFE REMATAMOS O ENTROIDO COMO MANDA A TRADICIÓN COA QUEIMA DO MECO!!!! FIXÁDEVOS NAS CARAS DOS MAIS PEQUES...
sábado, 9 de febrero de 2013
ENTROIDO 2013
ESTES DÍAS DE ENTROIDO FÓRON MOI DIVERTIDOS!!! O MECO, OS DISFRACES,A FESTA, A MERENDA....QUÉ BEN QUE O PASAMOS!!!!! AHÍ VAI A MOSTRA....
lunes, 4 de febrero de 2013
CUMPLE DE SERGIO (INF. 3 ANOS)
Preparándonos para o entroido
O entroido está chegando e o noso malvado Meco non para de facer trasnadas!! Hoxe mandou vir aos nenos de nenas e as nenas de nenos!! Rímonos moito cos nosos modeletes!!!
sábado, 2 de febrero de 2013
XOGO GUAY
AQUÍ DEIXAMOS OUTRO DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS, QUÉ BEN O FACEMOS XA....SÓ NECESITAMOS SILENCIO, A MÚSICA E UNHA VARIÑA MÁXICA.....PREPARADOS PARA VOAR COA NOSA IMAXINACIÓN E PERCORRER MOITOS LUGARES XUNTOS....
miércoles, 30 de enero de 2013
DÍA DA PAZ 2013
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE PARA NÓS SIGNIFICA ESTA PALABRA TAN BONITA...
sábado, 26 de enero de 2013
TALLER DE MATES II
SEGUIMOS APRENDENDO NO TALLER DE MATEMÁTICAS...QUEN DÍ QUE AS MATES NON SON DIVERTIDAS?????
ACTIVIDADE CO CONTO: "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"
ESTA SEMANA CONTAMOS ESTE CONTO, ENCANTÓUNOS E MIRADE O QUE FIXEMOS DESPOIS!!!!!!
martes, 22 de enero de 2013
domingo, 20 de enero de 2013
jueves, 17 de enero de 2013
XOGAMOS COA NEVE
COA CHEGADA DO INVERNO COMEZAMOS A VIVIR NOVAS EXPERIENCIAS...ÉSTA É UNHA DELAS...SEN DÚBIDA O COLE É MÁXICO!!!!!
viernes, 11 de enero de 2013
CUMPLE DE AINHOA (INFANTIL 3 ANOS)
jueves, 10 de enero de 2013
martes, 8 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)