domingo, 29 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO I. RAZÓNS PARA LER INSPIRADAS EN JACKSON POLLOCK

O LUNS 23 DE ABRIL FOI O DÍA DO LIBRO, PARA TRABALLAR  ESTA DATA ADICAMOS A SEMANA A FACER ACTIVIDADES SIGNIFICATIVAS QUE IMPULSEN O INTERESE, A MOTIVACIÓN, O GUSTO POLOS LIBROS, CONTOS E LECTURA EN XERAL.
UNHA DAS ACTIVIDADES FOI FALAR SOBRE AS RAZÓNS POLAS QUE NOS GUSTAN TANTO OS CONTOS, CADA UN/HA PLASMOU A SÚA PARA DESPOIS FACER UNHA ACTIVIDADE EN COMÚN COS DEMAIS NENOS/AS DO COLE...NA PRÓXIMA ENTREGA O VEREDES....
APROVEITAMOS O TALLER DE ARTE PARA FACELO INSPIRÁNDONOS EN JACKSON POLLOCK UN PINTOR EXPRESIONISTA DO QUE DEIXOVOS POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN PARA QUE O COÑEZADES MELLOR http://arteparaninnos.blogspot.com.es/2013/11/biografia-de-jackson-pollock-para-ninos.html
E ASÍ FOI COMO QUEDARON.....

sábado, 28 de abril de 2018

TEATRO AFUNDACIÓN "ANTÓN COMODÓN" E CASTRELOS. VIGO

O LUNS ESTIVEMOS EN VIGO. DISFRUTAMOS NO TEATRO DA OBRA DE TÍTERES "ANTÓN COMODÓN", QUE, POR CERTO, ENCANTOUNOS.....DEIXO POR AQUÍ UNHA LIGAZÓN PARA QUE VEXADES UN POUQUIÑO DE QUÉ VAI...ALTAMENTE RECOMENDABLE, POLA TEMÁTICA, POSTA EN ESCEA, ETC.....http://www.estaquirot.com/es/jan-totlifan.php
DESPOIS APROVEITAMOS PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DE CASTRELOS.

domingo, 22 de abril de 2018

ARANSANSAN....

ESTA SEMANA CANTAMOS NA CLASE DE MÚSICA "ARANSANSAN"...QUÉ BEN O PASAMOS!!! POR AQUÍ DEIXO UN ANAQUIÑO.....

PROPOSTAS DE TRABALLO DIVERTIDAS...

POR AQUÍ DEIXO UN EXEMPLO DE COMO OS NENOS/AS DA CLASE ORGANIZÁRONSE PARA FACER COUSIÑAS DEPOIS DE REMATAR UNHA ACTIVIDADE DIRIXIDA....FORÓN ELES/AS OS QUE DECIDIRON AS ACTIVIDADES E OS COMPIS CON QUEN QUERÍAN ESTAR....XA CASE NON FAGO FALLA!!!! XENIAL!!!!!
ENCÁNTANME ESTES INTRES ONDE "ESTOU SEN ESTAR"

ESTA SEMANA PINTAMOS CON CHOCOLATE. TODA UNHA EXPERIENCIA SENSORIAL!!! PUIDEMOS TOCAR, ULIR, PINTAR, MAIS....NON PUIDEMOS PROBAR..... OS PRODUCTOS QUE UTILIZAMOS ESTABAN CADUCADOS....FIXERON UN GRAN ESFORZO POIS TODA A CLASE MAIS O PASILLO ENCHEUSE DUN CHEIRIÑO A CHOCOLATE RIQUÍSIMO....PARA REMATAR LEÍMOS O LIBRO "GÚSTAME O CHOCOLATE" E DESCUBRIMOS POR QUÉ NOS GUSTA TANTO O CHOCOLATE.....

jueves, 19 de abril de 2018

PACO NOGUEIRAS 2018

O MARTES 17, ESTIVO CON NÓS COMPARTINDO OS SEUS CONTOS E MÚSICA, PACO NOGUEIRAS. PASAMOS UNS INTRES MOI DIVERTIDOS....MOITÍSIMAS GRAZAS PACO!!! COMO SEMPRE, ENCANTÓUNOS ESTAR CONTIGO....

domingo, 15 de abril de 2018

Novos Compis de Equipo para o 3º trimestre

Comezamos o trimestre a modiño....o 1º que fixemos foi trocar os compoñentes dos Equipos de traball e, para interiorizalos voltamos a escribir os seus nomes e a debuxalos( a cara ou de corpo enteiro) como eles/as decidiron. Agora os compis axudantes chámanse "miniprofes", un día chameinos así e encantoulles....

Cada un o seu ritmo....Estupendo chicos/as!!!!!

viernes, 6 de abril de 2018

MACEDONIA


FIXEMOS MACEDONIA COAS FROITAS QUE MERCAMOS NO MERCADO DE TOMIÑO. QUEDOU BOÍSIMA!!!! BO TRABALLO EN EQUIPO!!!!!

Día da Poesía 2018



O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía, para este Día dende o Equipo de Biblioteca propúxose traballar este xénero con o 2º Certame Poético.... Os nenos/as de Primaria aprenderon moito e convertíronse en expertos/as Poetas e Poetisas. Despois  léron as súas creacións entre os diferentes  grupo,s aproveitando o aire e sol que facía ese día.

Saída a Tomiño. Panadería Camiño Novo e Mercado Municipal



QUE TAL ESAS VACACIÓNS? XA CASI ESTÁN REMATANDO..... ESPERO QUE O ESTEDES PASANDO MOI MOI BEN, AÍNDA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑA......DESPOÍS DUNS DÍAS DE DESCONEXIÓN E DESCANSO COMEZO A PUBLICAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PARA REMATAR O 2º TRIMESTRE.

O PRIMEIRO, A SAÍDA A TOMIÑO, ONDE O PASAMOS XENIAL NA PANADERÍA CAMIÑO NOVO, MOITAS GRAZAS MARCOS POR ATENDERNOS TAN BEN, E Ó MERCADO TAN CHULO QUE TEÑEN OS NOSOS VECIÑOS...GRAZAS TAMÉN OS CONCELLEIROS/AS DO CONCELLO QUE NOS ACOMPAÑARON NA VISITA E OS PARCEIROS/AS. AHÍ VAI UN RESUMO DESTA XORNADA.