Como vedes estamos que non paramos, churreiros, xardineiros, recicladores, músicos, cantantes,..... E agora tamén labregos... O venres estivemos traballando na horta do cole... Nesta ocasión plantando LEITUGAS e tomates... Aínda que algúns non quixemos mancharnos moito coa Terra, o fixemos estupendamente.... Esperamos que prendan e medren moito, moito... Faremos todo o posible para que así sexa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario