lunes, 27 de marzo de 2017

Construímos con palliñas



Fai uns días fixemos unha gran tarefa en equipo...Nin más nin menos que un hotel!!!(eso dixeron eles/as)... gran traballo chicos/as!!!!

domingo, 26 de marzo de 2017

FIXEMOS MANDALAS A PARTIR DUN GOMET CADRADO



XA FAI ALGÚNS DÍAS NO RECANTO DE EXPERIENCIAS, ARTE E SENSACIÓNS FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DO MAIS COMPLETIÑA...TIÑAMOS QUE CREAR UNHA MANDALA A PARTIRES DUN GOMET CADRADO...XA DENDE O CURSO PASADO ESTAMOS TRABALLANDO AS MANDALAS DE MANEIRA SISTEMÁTICA...XA SON MOI EXPERTOS/AS, SABEMOS DECORALAS, PINTALAS, AS FACEMOS CON DIFERENTES ELEMENTOS.....POR ÍSO, TIÑAMOS QUE DAR UN PASIÑO MAIS...

XA HAI POLO BLOGUE ALGUNHA ETIQUETA COS BENEFICIOS DAS MANDALAS, PENSO QUE CON ELAS PODEMOS AFIANZAR E TRABALLAR MOITISIMAS COUSAS(ATENCIÓN, VOCABULARIO, FORMAS XEOMÉTRICAS, EMOCIÓNS,CORES, MOTRICIDADE FINA.....)

Día da Poesía 2017


O pasado Día 21 de marzo foi o Día Internacional da Poesía, para commemorar a data contamos coa colaboración do Profe Luis, que ademais de ser mestre, é escritor, escritor de Poesía e ten publicados 3 libros. Por íso adicamos estas semanas para achegarnos un pouquiño  mais o mundo da Poesía e tiramos da súa axuda para facelo, Así, o Martes foi o pistoletazo de saída cunha estupenda roda de prensa con periodistas e todo!!!! Os mais pequenos tiñamos que atopar pola Biblio unha morea de preguntiñas que o Profe Luis contestou facendo poesías. O profe Fernando foi o encargado de poñer a nota musical....

A partires de esta semana todolos cursos están participando nuns obradoiros de Poesía  a cargo de Luis, a nós tocounos o venres, foi moi divertido...

Aquí deixo unhas fotiños para que o vexades

domingo, 19 de marzo de 2017

Día do Pai 2017

Hoxe é o Día do Pai, así que Felicidades a todos....
Por aquí deixo un detalliño que fixemos e uns retratos. Aínda que foi unha semana un pouco apurada xa que eu tiven que asistir a  unhas xornadas sobre Bibliotecas escolares en Santiago e non fun o cole nin xoves nin venres, traballamos arreo e falamos moito sobre as nosas vivencias, emocións, sentimentos, ...referidos a Papá....o final, puidemos con todo!!!!



CUMPLE DE XIANA

O venres da semana pasada festexamos o Cumple de Xiana, xa é toda unha mullerciña, 5 añazos!!!! O pasamos moi ben...Ahí vai a túa peli!!! Moitos parabens, compi!!!!

domingo, 12 de marzo de 2017

Irina Bailarina Saída ó Teatro municipal de Tui


O mércores pasado estivemos no Teatro de Tui para disfrutar da obra de Teatro "Irina Bailarina", a cargo da compañía Ghazafelhos....Aínda que xa sabíamos de qué trataba,  xa que tivemos uns días o conto na aula,encantounos!!!!  foi moi divertida e, sen dúbida, totalmente de acordo  coa temática....Por qué as bailarinas non poden xogar ó futbol, e os futbolistas e piratas non poden bailar? Con este obra  puidemos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais....

FESTA DO CINE. ENTROIDO 2017


E PARA REMATAR AS ENTRADAS DO ENTROIDO POR AQUÍ VOS DEIXO UNHA RECOPILACIÓN DE ALGÚNS INTRES QUE VIVIMOS NO DÍA DA FESTA....UN FORMATO DIFERENTE MAIS MOI, MOI CHULO, NON SI? QUÉ VOS PARECE?

martes, 7 de marzo de 2017

Cumple de Bruno


O xoves pasado festexamos o Cumple de Bruno, como todos os días de cumple pasamos unha mañana xenial.....Moitisimas felicidades grandullón!!! xa tes 5!!!!!Ahí van as túas fotiños!!!!

jueves, 2 de marzo de 2017